viernes, 28 de febrero de 2014

Lista de convocados para o Elxe - Celta

Gol legal de Santi Mina no partido da primeira volta que o colexiado anulou e supuso a derrota do Celta
Bermejo é baixa por lesión. Álex López e Nolito son baixa por sanción. Non entra na lista por decisión técnica Toni.

  • 01 ¬ Sergio
  • 02 ¬ Hugo Mallo
  • 03 ¬ Fontás
  • 04 ¬ Oubiña
  • 11 ¬ Charles
  • 12 ¬ Rafinha
  • 13 ¬ Yoel
  • 14 ¬ Orellana
  • 15 ¬ Aurtenetxe
  • 17 ¬ Madinda
  • 19 ¬ Jonny
  • 21 ¬ Íñigo López
  • 22 ¬ Cabral
  • 23 ¬ Krohn-Dehli
  • 24 ¬ Augusto
  • 25 ¬ Welliton
  • 29 ¬ Santi Mina
  • 30 ¬ David Costas

lunes, 24 de febrero de 2014

2ª división B, xornada 27: Cultural Leonesa 1 - Celta "B" 0

O Celta "B" volve perder ante a Cultural Leonesa no minuto 88, cando xogaba con 10 xogadores pola expulsión por dobre amonestación de Borja Domínguez no minuto 73.
Ficha:
Alineación: Rubén, Soto, Goldar, David Costas, Maceira, Antón, Borja Domínguez, Javi Rey, Añón (Fernán, 71'), Aitor e Juan Delgado (Thaylor, 58').
Goles: 1-0, Ortiz (88').
Colexiado: Hernández Maeso, expulsou por dobre amonestación a Borja Domínguez (73').
Estadio: Reino de León, uns 1.800 espectadores.

domingo, 23 de febrero de 2014

Liga, xornada 25: Celta 1 - Xetafe 1

O Celta suma un punto ante o Xetafe, nun partido que foi moi superior e segue coa súa boa racha, cinco encontros sen perder.
Os xogadores do Celta festexan o gol de Rafinha
O Celta saliu algo durmido e o Xetafe o aprovéitou creando as tres primeiras ocasións do partido, a primeira despéxouna Yoel co pé, a segunda saliu fóra e á terceira nun fallo da defensa o Xetafe marcaba o 0-1, era o minuto 20. Tras o gol visitante o Celta espertou e fíxose co control do partido, a pesar do mal partido de Oubiña (que xa ben sendo habitual) no centro do campo e empezou a crear ocasións, a primeira foi de Rafinha cun lanzamento colocado que buscaba a escuadra que para Moyá. A seguinte foi de Orellana que estrelou o balón no longueiro, no lanzamento dunha falta. Despois tívoa Augusto cunha xogada individual, pero o seu potente disparo dende fóra da área sae rozando a escuadra. O Xetafe respondeu nun remate dende dentro da área que parou YoelOrellana volveuno intentar dende fóra da área cun disparo que creo moitas complicacións a Moyá. A segunda parte comezou coa expulsión por dobre amoestación do defensa visitante Lisandro no minuto 51. O primeiro troco do Celta foi Oubiña por Krohn-Dehli e no primeiro balón que toco o danés deullo a Rafinha e este realiza unha gran xogada individual marchando de todos os defensas que lle saen ao seu paso e dende dentro da área bate a Moyá establecendo o empate a 1 no marcador. Outra gran xogada individual de Krohn-Dehli que regatea a tres defensores sacándose un pase para Augusto e o remate do arxentino o despexa Moyá con dificultade. Despois desta ocasión Augusto seria substituído por Nolito. No minuto 78 prodúcese a lesión de Charles entrando Santi Mina no seu lugar. As últimas ocasións foron, como non, do Celta cun disparo de Nolito dende fóra da área que se estrela no pau, era o minuto 90. Xa no desconto pase de Jonny a dentro da área para Álex López, este a controla ben, deixando sentados a dous defensores visitantes pero cando ía disparar só diante do porteiro outro defensor chegando dende atrás despexa o balón. Ao final empate en Balaídos, o Celta suma e segue e xa van cinco partidos sen perder.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto (Nolito, 70'), Oubiña (Krohn-Dehli, 57'), Álex López; Rafinha, Charles (Santi Mina, 78') e Orellana.
Goles: 0-1, Lafita (20'). 1-1, Rafinha (58').
Colexiado: Clos Gómez, mal (sacou 11 tarxetas amarelas e 1 vermella nun partido que non foi nada duro). Amonestou a Jonny, Álex López, Charles, Hugo Mallo e Nolito.
Estadio: Balaídos, 20.565 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex directivo José Carlos Lemos Domínguez e polo abonado Juan Luis Montenegro Gestoso.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 4.
  • Hugo Mallo. 3.
  • Cabral. Seguro. 4.
  • Fontás. Firme. 4.
  • Jonny. Ofensivo. 3.
  • Augusto. Traballador. 4.
  • Oubiña. Mal. 2.
  • Álex López. Regular. 2.
  • Rafinha. Goleador. 13.
  • Charles. Lesionado. 8.
  • Orellana. Empeño. 4.
  • Krohn-Dehli. Revolución. 8.
  • Nolito. Entoado. 3.
  • Santi Mina. Aprobado. 3.
*Reparto de puntos en estadísticas.

sábado, 22 de febrero de 2014

Lista de convocados para o Celta - Xetafe

Os xogadores do Celta festexan o segundo gol do partido da tempada pasada
Bermejo é baixa por lesión. Non entran na lista por decisión técnica Madinda, Toni e David Costas. Debuta na lista o dianteiro brasileiro Welliton.
  • 01 ¬ Sergio
  • 02 ¬ Hugo Mallo
  • 03 ¬ Fontás
  • 04 ¬ Oubiña
  • 08 ¬ Álex López
  • 10 ¬ Nolito
  • 11 ¬ Charles
  • 12 ¬ Rafinha
  • 13 ¬ Yoel
  • 14 ¬ Orellana
  • 15 ¬ Aurtenetxe
  • 19 ¬ Jonny
  • 21 ¬ Íñigo López
  • 22 ¬ Cabral
  • 23 ¬ Krohn-Dehli
  • 24 ¬ Augusto
  • 25 ¬ Welliton
  • 29 ¬ Santi Mina

martes, 18 de febrero de 2014

Horarios das xornadas 26, 27 e 28


Xornada 26:
Elxe - Celta
Data: sábado 1 de marzo do 2014
Hora: 22:00 horas
Estadio: Martínez Valero



Xornada 27:
Celta - Atl. Madrid
Data: sábado 8 de marzo do 2014
Hora: 20:00 horas
Estadio: Balaídos


Xornada 28:
Levante - Celta
Data: sábado 15 de marzo do 2014
Hora: 16:00 horas
Estadio: Ciutat de Valencia




lunes, 17 de febrero de 2014

2ª división B, xornada 26: Celta "B" 0 - Zamora 1

O filial non consegue gañar a un rival que xogou durante 64 minutos cun xogador menos e continua en posto de promoción de descenso a terceira división.
Ficha:
Alineación: Rubén, Soto, Goldar, Pablo Crespo (Juan Delgado, 36'), Samuel (Thaylor, 54'), Antón, Borja Domínguez, Borja Fernández, Fernán (Yelko Pino, 36'), Añón e Borja Iglesias.
Goles: 0-1, Jacobo Trigo (40').
Colexiado: Fernández Pérez, amonestou a Borja Iglesias, Goldar e Añón.
Estadio: Barreiro, uns 600 espectadores.

Liga, xornada 24: Vilarreal 0 - Celta 2

O Celta gaña no Madrigal, sen ser superior ao Vilarreal, un partido que foi suspendido no minuto 87 durante media hora polo lanzamento dun bote de gas lacrimóxeno.
Orellana pon a súa man na testa tras marcar o primeiro gol
A primeira ocasión foi do Vilarreal cun lanzamento de Giovanni que sae alto tras un erro da defensa ao sacar o balón. Despois o propio Giovanni reclamaría un posible penalti de Hugo Mallo, na repetición apréciase que é un piscinazo en toda regra. Outro disparo do Vilarreal, esta vez de Perbet que sae alto. No segundo tempo o Celta avisaba das súas intencions primeiro cun disparo de Santi Mina que sae fóra por pouco tras unha gran xogada individual e despois seria Augusto o que remata fóra por pouco tras un gran roubo de balón ao borde da área. A seguinte ocasión é do Vilarreal cun gran lanzamento dende fóra da área que despexa Yoel, o rexeite cáelle a un xogador local, en fóra de xogo, que cede ao compañeiro e este marca gol, ben anulado por fóra de xogo. A continuación outras dúas paradas de Yoel, unha na área pequena e a outra sacando unha man a un disparo dende fóra da área. O Celta respondía cun disparo de Álex López dende fóra da área que sae a corner. O Vilarreal volvía a rozar o gol pero outra vez Yoel despexa outro disparo dende dentro da área. No minuto 83 chega o gol do Celta, falta lateral lanzada por Álex López e rematada de cabeza por Orellana ao fondo das mallas. Catro minutos despois prodúcese o lanzamento ao terreo de xogo dun bote de gas lacrimóxeno e o partido suspéndese durante aproximadamente 30 minutos, debido ao picor en garganta e ollos unidos á falta de osixeno provocado polo gas nos presentes prodúcese o desaloxo das bancadas do estadio refuxiándose os xogadores e árbitros nos vestiarios. O partido reanudase sen prácticamente xente nas bancadas e o único destacado foi o segundo gol do Celta obra de Nolito nun gran lanzamento de falta directa. 3 puntos máis e levamos 10 puntos de 12 posibles.
Ficha:
Alineación: Yoel, Hugo Mallo, Cabral (Íñigo López, 46'), Aurtenetxe, Jonny; Augusto (Álex López, 69'), Fontás, Krohn-Dehli (Nolito, 56'); Rafinha, Santi Mina e Orellana.
Goles: 0-1, Orellana (83'). 0-2, Nolito (90').
Colexiado: Fernández Borbalán, ben (por segunda xornada consecutiva). Amonestou a Aurtenetxe, Cabral, Augusto e Nolito.
Estadio: O Madrigal, 14.195 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Seguro. 12.
  • Hugo Mallo. Regularidade. 5.
  • Cabral. Regular. 3.
  • Aurtenexte. Normal. 3.
  • Jonny. Ben. 5.
  • Augusto. Traballo. 4.
  • Fontás. Recuperador. 8.
  • Krohn-Dehli. Irregular. 4.
  • Rafinha. Loitador. 5.
  • Santi Mina. Perigo. 5.
  • Orellana. Goleador. 13.
  • Íñigo López. Debutante. 4.
  • Nolito. Entoado. 6.
  • Álex López. Asistente. 6.
*Reparto de puntos en estadística.

viernes, 14 de febrero de 2014

Lista de convocados para o Vilarreal - Celta

Yoel foi o máis destacado no partido da primeira volta
Charles e baixa por un proceso gripal. Non entran na lista por decisión técnica Toni e Welliton. A convocatoria fórmana un total de 19 xogadores polo que o adestrador Luis enrique deberá descartar antes do partido a outro xogador.
  • 01 ¬ Sergio
  • 02 ¬ Hugo Mallo
  • 03 ¬ Fontás
  • 04 ¬ Oubiña
  • 08 ¬ Álex López
  • 09 ¬ Bermejo
  • 10 ¬ Nolito
  • 12 ¬ Rafinha
  • 13 ¬ Yoel
  • 14 ¬ Orellana
  • 15 ¬ Aurtenetxe
  • 17 ¬ Madinda
  • 19 ¬ Jonny
  • 21 ¬ Íñigo López
  • 22 ¬ Cabral
  • 23 ¬ Krohn-Dehli
  • 24 ¬ Augusto
  • 29 ¬ Santi Mina
  • 30 ¬ David Costas

miércoles, 12 de febrero de 2014

Liga, xornada 23: Celta 0 - Athletic 0

O Celta suma un punto ante o Athletic, cuarto clasificado, no mellor partido da tempada e leva 7 puntos dos últimos 9 posibles.
Bermejo laméntase tras o seu remate na última ocasión do partido
O partido empeza cun Celta exercendo unha presión asfixiante sobre o Athletic o que lle permitía recuperar moi rápido o balón, sendo o amo e señor dos primeiros 45 minutos creando tres ocasións claras. A primeira foi nun centro de Orellana dende a esquerda que Santi Mina remata de volea marchando o balón rozando o pau esquerdo. A segunda foi nunha gran internada de Jonny pola banda esquerda que o seu pase dende a liña de fondo remátao Rafinha e Iraizoz saca unha man prodixiosa mandando o esférico a saque de esquina. A terceira foi nun roubo de balón de Charles na área grande e o seu disparo estrélase no poste esquerdo da meta de Iraizoz. O segundo tempo estivo máis igualado e as primeiras ocasións foron do Athletic, a primeira de Muniain cun disparo dende fóra da área que sae rozando o pau dereito e a segunda nun gran centro de De Marcos dende a dereita que despexa Cabral case baixo paus adiantándose a Kike Sola. O Celta respondeu cun remate de Rafinha dende fóra da área que sae rozando a escuadra esquerda e a última ocasión tívoa o Celta no tempo de desconto nun centro de Jonny dende a banda esquerda rematado de cabeza por Bermejo saíndo o balón rozando o longueiro. Ao final empate a cero e o mellor partido do Celta no que vai de tempada.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Rafinha, Krohn-Dehli, Álex López (Nolito, 63'); Santi Mina (Augusto, 54'), Charles (Bermejo, 81') e Orellana.
Goles: ---
Colexiado: Del Cerro Grande, ben (por fin).
Estadio: Balaídos, 17.880 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex directivo de Celta Guillermo Rey Peniza.
Puntuación:
  • Yoel. Seguro. 5.
  • Hugo Mallo. Regularidade. 5.
  • Cabral. Salvador. 6.
  • Fontás. Sólido. 5.
  • Jonny. Potente. 9.
  • Rafinha. Perigo. 10.
  • Krohn-Dehli. Perfecto. 12.
  • Álex López. Regular. 4.
  • Santi Mina. Lesionado. 4.
  • Charles. Loitador. 5.
  • Orellana. Magnífico. 6.
  • Augusto. Traballador. 4.
  • Nolito. Irregular. 3.
  • Bermejo. Pouco tempo. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas

lunes, 10 de febrero de 2014

Lista de convocados para o Celta - Athletic

Alex López e Orellana felicitan a Santi Mina tras o seu tanto na eliminatoria da Copa
Son baixa por decisión técnica Madinda, Toni e Welliton. Aurtenetxe non pode xogar por cláusula có Athletic.
  • 01 ¬ Sergio
  • 02 ¬ Hugo Mallo
  • 03 ¬ Fontás
  • 04 ¬ Oubiña
  • 08 ¬ Álex López
  • 09 ¬ Bermejo
  • 10 ¬ Nolito
  • 11 ¬ Charles
  • 12 ¬ Rafinha
  • 13 ¬ Yoel
  • 14 ¬ Orellana
  • 19 ¬ Jonny
  • 21 ¬ Íñigo López
  • 22 ¬ Cabral
  • 23 ¬ Krohn-Dehli
  • 24 ¬ Augusto
  • 29 ¬ Santi Mina
  • 30 ¬ David Costas

2ª división B, xornada 25: Guixuelo 2 - Celta "B" 1

O Celta "B" perde por 2 goles a 1 co colíder e cae ao posto de play off de descenso a terceira división.
Ficha:
Alineación: Rubén, Pablo Pérez, Goldar, Antón, Maceira, Borja Domínguez, Javi Rey (Yelko Pino, 73'), Borja Fernández, Fernán (Thaylor 56'), Borja Iglesias (Aitor, 75') e Juan Delgado.
Goles: 0-1, Maceira (11'). 1-1, Pino (50'). 2-1, Ballesteros (63').
Colexiado: Mariscal Sánchez, amonestou a Borja Iglesias, Borja Domínguez, Juan Delgado, Maceira e Rubén.
Estadio: Municipal de Guixuelo, uns 500 espectadores.

sábado, 8 de febrero de 2014

Primeiro aniversario


Un 4 de febreiro de 2013 comecei co proxecto deste blog dunhas das minhas grandes pasións o Real Club Celta de Vigo coa intención de poder contarvos, ou polo menos intentalo, toda a actualidade do mellor equipo do mundo. Despois dun ano só podo dar as gracias a tod@s os que algunha vez se pasaron polo blog, aínda que só fóra de pasada, ¡MOITAS GRACIAS! e espero seguir moitos máis anos.

domingo, 2 de febrero de 2014

2ª división B, xornada 24: Celta "B" 1 - R. Avilés 3

O Celta "B" perde en Barreiro contra o Real Avilés e volve achegarse perigosamente aos postos de descenso a terceira división.
Ficha:
Alineación: Rubén, Soto, Pablo Crespo (Thaylor, 66'), Goldar, Maceira, Javi Rey, Borja Domínguez (Antón, 69'), Yelko Pino, Fernán (Añón, 63'), Aitor e Borja Iglesias.
Goles: 0-1, Alex Arias (40'). 1-1, Borja Iglesias (p) (56'). 1-2, Ito (65'). 1-3, Pascual (94').
Colexiado: Cid Camacho, amonestou a Yelko Pino, Javi Rey, Maceira, Soto e Rubén.
Estadio: Barreiro, uns 1.000 espectadores. Antes do encontro gardouse un minuto de silencio polo ex seleccionador nacional Luis Aragonés.

sábado, 1 de febrero de 2014

O dianteiro brasileiro Welliton segunda fichaxe do mercado invernal

O dianteiro brasileiro chega procedente do Sao Paulo en calidade de cedido por parte do Spartak de Moscova, equipo propietario do xogador.
Welliton na súa chegada a Vigo no aeroporto de Peinador
Welliton Soares de Morais (22 de outubro de 1986, Conceição do Araguaia, Brasil) empezou a súa carreira como futbolista no Goiás brasileiro xogando 50 partidos e anotando 17 goles, no ano 2006 xogou cedido no Ituano. No ano 2007 deu o seu salto a Europa fichando polo Spartak de Moscova, que pagou 6 millóns de euros, onde xogou ata o 2012 anotando 81 goles en 133 partidos. Na súa etapa en Rusia sufriu unha lesión muscular que o tivo apartado dos terreos de xogo durante 10 meses. Nas tempadas 2009 e 2010 proclamouse pichichi da liga Rusa con 21 e 19 goles respectivamente, o que provocou o interese de equipos como o Arsenal, Liverpool e Porto, que chegaron a ofrecer por él 12 millóns de euros sendo rexeitadas e taxando o xogador en 14 millóns de euros. No ano 2013 xogou cedido no Gremio, onde disputo 13 partidos marcando 2 goles, e no Sao Paulo xogando 23 partidos e marcando 6 goles.
Traxectoria:
  • Goías (2005 / 2007)
  • Ituano (2006)
  • Spartak Moscova (2007 / 2012)
  • Gremio (2013)
  • Sao Paulo (2013)

Liga, xornada 22: Granada 1 - Celta 2

O Celta consegue por primeira vez esta tempada a súa segunda vitoria seguida e mira máis próximo o obxectivo da permanencia. Curiosamente as catro vitorias a domicilio foron en Andalucía.
Augusto no momento de marcar o 1-2
A primeira ocasión do partido foi para o Granada cun disparo que despexa a corner Yoel cunha gran intervención. Na primeira oportunidade o Celta ía poñer o 0-1 nun saque de esquina onde Orellana saca en curto para Rafinha e este rompe ao defensa cunha gran xogada individual, intérnase ata a liña de cal e o seu centro cáelle a Cabral que de cabeza bate a Roberto. Despois do gol o Granada tivo tres ocasións, a primeira cun remate cruzado que sae desviado, a segunda nun remate de cabeza, en fóra de xogo non pitado, ao saque dunha falta que para Yoel e na terceira conseguían o gol do empate nun saque de esquina, concedido por Oubiña que non dá un pase ben nin a un metro, con remate de cabeza de El Arabi con posible falta sobre Cabral. Co empate a un íase chegar ao descanso. A primeira ocasión da segunda metade foi para Noito que se durmiu só ante Roberto e despexou a defensa. A continuación dous penaltis non sinalados, un en cada área, o primeiro de Cabral sobre El Arabi e o segundo por unha man dun defensor do Granada. No minuto 53 Santi Mina substituía a Charles por lesión. O Celta coa entrada de Aurtenetxe por un desaparecido e lamentable Borxa Oubiña fíxose dominador total do medio do campo con Augusto, Fontás (facendo de Oubiña) e Rafinha. Cando todos daban o partido por empate apareceu Krohn-Dehli cunha gran internada na área con pase da morte que o porteiro non acerta a atrapar e o seu rexeite lle cae a Augusto que marca a pracer. 1-2 en Granada e vemos a permanencia máis preto.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Oubiña (Aurtenetxe, 59'), Rafinha; Orellana (Krohn-Dehli, 83'), Charles (Santi Mina, 53') e Nolito.
Goles: 0-1, Cabral (28'). 1-1, El Arabi (40'). 1-2, Augusto (88').
Colexiado: Mateu Lahoz, regular. Amonestou a Cabral, Oubiña, Hugo Mallo e Nolito.
Estadio: Os Cármenes, 13.500 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 4.
  • Hugo Mallo. Defensivo. 3.
  • Cabral. Goleador. 9.
  • Fontás. Cumpridor. 4.
  • Jonny. Sólido. 4.
  • Augusto. Decisivo. 13.
  • Oubiña. Penoso. 0.
  • Rafinha. Grande. 11.
  • Orellana. Traballador. 4.
  • Charles. Lesionado. 3.
  • Nolito. Regular. 2.
  • Santi Mina. Loitador. 3.
  • Aurtenetxe. Seguro. 4.
  • Krohn-Dehli. Revulsivo. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas