miércoles, 12 de febrero de 2014

Liga, xornada 23: Celta 0 - Athletic 0

O Celta suma un punto ante o Athletic, cuarto clasificado, no mellor partido da tempada e leva 7 puntos dos últimos 9 posibles.
Bermejo laméntase tras o seu remate na última ocasión do partido
O partido empeza cun Celta exercendo unha presión asfixiante sobre o Athletic o que lle permitía recuperar moi rápido o balón, sendo o amo e señor dos primeiros 45 minutos creando tres ocasións claras. A primeira foi nun centro de Orellana dende a esquerda que Santi Mina remata de volea marchando o balón rozando o pau esquerdo. A segunda foi nunha gran internada de Jonny pola banda esquerda que o seu pase dende a liña de fondo remátao Rafinha e Iraizoz saca unha man prodixiosa mandando o esférico a saque de esquina. A terceira foi nun roubo de balón de Charles na área grande e o seu disparo estrélase no poste esquerdo da meta de Iraizoz. O segundo tempo estivo máis igualado e as primeiras ocasións foron do Athletic, a primeira de Muniain cun disparo dende fóra da área que sae rozando o pau dereito e a segunda nun gran centro de De Marcos dende a dereita que despexa Cabral case baixo paus adiantándose a Kike Sola. O Celta respondeu cun remate de Rafinha dende fóra da área que sae rozando a escuadra esquerda e a última ocasión tívoa o Celta no tempo de desconto nun centro de Jonny dende a banda esquerda rematado de cabeza por Bermejo saíndo o balón rozando o longueiro. Ao final empate a cero e o mellor partido do Celta no que vai de tempada.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Rafinha, Krohn-Dehli, Álex López (Nolito, 63'); Santi Mina (Augusto, 54'), Charles (Bermejo, 81') e Orellana.
Goles: ---
Colexiado: Del Cerro Grande, ben (por fin).
Estadio: Balaídos, 17.880 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polo ex directivo de Celta Guillermo Rey Peniza.
Puntuación:
  • Yoel. Seguro. 5.
  • Hugo Mallo. Regularidade. 5.
  • Cabral. Salvador. 6.
  • Fontás. Sólido. 5.
  • Jonny. Potente. 9.
  • Rafinha. Perigo. 10.
  • Krohn-Dehli. Perfecto. 12.
  • Álex López. Regular. 4.
  • Santi Mina. Lesionado. 4.
  • Charles. Loitador. 5.
  • Orellana. Magnífico. 6.
  • Augusto. Traballador. 4.
  • Nolito. Irregular. 3.
  • Bermejo. Pouco tempo. 4.
*Reparto de puntos en estadísticas

No hay comentarios:

Publicar un comentario