lunes, 17 de febrero de 2014

Liga, xornada 24: Vilarreal 0 - Celta 2

O Celta gaña no Madrigal, sen ser superior ao Vilarreal, un partido que foi suspendido no minuto 87 durante media hora polo lanzamento dun bote de gas lacrimóxeno.
Orellana pon a súa man na testa tras marcar o primeiro gol
A primeira ocasión foi do Vilarreal cun lanzamento de Giovanni que sae alto tras un erro da defensa ao sacar o balón. Despois o propio Giovanni reclamaría un posible penalti de Hugo Mallo, na repetición apréciase que é un piscinazo en toda regra. Outro disparo do Vilarreal, esta vez de Perbet que sae alto. No segundo tempo o Celta avisaba das súas intencions primeiro cun disparo de Santi Mina que sae fóra por pouco tras unha gran xogada individual e despois seria Augusto o que remata fóra por pouco tras un gran roubo de balón ao borde da área. A seguinte ocasión é do Vilarreal cun gran lanzamento dende fóra da área que despexa Yoel, o rexeite cáelle a un xogador local, en fóra de xogo, que cede ao compañeiro e este marca gol, ben anulado por fóra de xogo. A continuación outras dúas paradas de Yoel, unha na área pequena e a outra sacando unha man a un disparo dende fóra da área. O Celta respondía cun disparo de Álex López dende fóra da área que sae a corner. O Vilarreal volvía a rozar o gol pero outra vez Yoel despexa outro disparo dende dentro da área. No minuto 83 chega o gol do Celta, falta lateral lanzada por Álex López e rematada de cabeza por Orellana ao fondo das mallas. Catro minutos despois prodúcese o lanzamento ao terreo de xogo dun bote de gas lacrimóxeno e o partido suspéndese durante aproximadamente 30 minutos, debido ao picor en garganta e ollos unidos á falta de osixeno provocado polo gas nos presentes prodúcese o desaloxo das bancadas do estadio refuxiándose os xogadores e árbitros nos vestiarios. O partido reanudase sen prácticamente xente nas bancadas e o único destacado foi o segundo gol do Celta obra de Nolito nun gran lanzamento de falta directa. 3 puntos máis e levamos 10 puntos de 12 posibles.
Ficha:
Alineación: Yoel, Hugo Mallo, Cabral (Íñigo López, 46'), Aurtenetxe, Jonny; Augusto (Álex López, 69'), Fontás, Krohn-Dehli (Nolito, 56'); Rafinha, Santi Mina e Orellana.
Goles: 0-1, Orellana (83'). 0-2, Nolito (90').
Colexiado: Fernández Borbalán, ben (por segunda xornada consecutiva). Amonestou a Aurtenetxe, Cabral, Augusto e Nolito.
Estadio: O Madrigal, 14.195 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Seguro. 12.
  • Hugo Mallo. Regularidade. 5.
  • Cabral. Regular. 3.
  • Aurtenexte. Normal. 3.
  • Jonny. Ben. 5.
  • Augusto. Traballo. 4.
  • Fontás. Recuperador. 8.
  • Krohn-Dehli. Irregular. 4.
  • Rafinha. Loitador. 5.
  • Santi Mina. Perigo. 5.
  • Orellana. Goleador. 13.
  • Íñigo López. Debutante. 4.
  • Nolito. Entoado. 6.
  • Álex López. Asistente. 6.
*Reparto de puntos en estadística.

No hay comentarios:

Publicar un comentario