martes, 30 de julio de 2013

Pretempada, semana 3 (22-7-2013 / 28-7-2013)

Nesta terceira semana xogáronse dous partidos, co balance dunha vitoria ante o Coruxo e unha derrota fronte ao Porto.
Afección celeste no encontro ante o Porto
Ao longo desta semana en Melgaço, os adestramento baseáronse máis en traballar a preparación física, as xogadas de estratexia e en perfeccionar a defensa, da que o adestrador do Celta, Luis Enrique, quedou moi satisfeito nos dous encontros xogados (sobre todo co sistema 5-3-2 e non tanto co 4-3-3), pero non quedou tan satisfeito co ataque do que dixo que ainda teñen que mellorar. O primeiro partido foi ante o Coruxo e se saldou con vitoria do Celta por 1-0, con gol de Augusto, e o segundo partido rematou en derrota por 1-0 ante o Porto. Neste último partido, Augusto, retirouse lesionado cunha sobrecarga no adutor esquerdo. Destacar tamén esta semana a participación do Celta "B" no triangular de Praíña, cun balance dun empate ante o Ourense (0-0) e unha derrota ante o Boiro (1-0).

lunes, 29 de julio de 2013

Porto 1 - Celta 0

O Celta perde ante o Porto cun gol en fóra de xogo e ante a pasividade do colexiado ante o xogo duro dos portugueses.
Charles disputa un balón durante o encontro ante o Porto
No prieiro tempo o Celta volveu a saír cun 5-3-2 e ao igual que ante o Coruxo lle custou collerle o pulso ao encontro e no minuto 12 recibe o gol dos portugueses en claro fóra de xogo. Neste periodo destacamos unha ocasión de Charles e outra de Krohn-Dehli que desviou a corner o cancerbeiro portugues.
Nos primeiros minutos o Porto seguiu sendo superior ao Celta, ata que se cambiou o sistema ao 4-3-3. A partir de aqui o Celta foi moi superior ao Porto cun balón ao pau de Nolito e dúas ocasións claras de David, unha con toda a porteria valeira e outro man a man co gardameta.
Aqui déixovos o video do xogo duro do Porto.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Vila, Fontás, Toni; Augusto (Krohn-Dehli, 32'), Oubiña, Alex López; Orellana e Charles. Sergio, Goldar, Rafinha, Nolito, David, Túñez, Bellvís, Madinda, Yelko Pino, Borja Fernández e Fernán.
Goles: ---
Colexiado: Hugo Pacheco. Amonestou a Toni e Nolito.
Estadio: Estadio do Dragao, uns 45.000 espectadores, 800 do Celta.

Celta 1 - Coruxo 0

Un gol de Augusto, de cabeza a centro de Orellana, dan a vitoria no primeiro encontro de Luis Enrique como adestrador do Celta.
De esquerda a dereita: Fernán, Sergio, Madinda, Vila, David, Oubiña, Fontás, Túñez, Krohn-Dehli, Toni e Nolito
O primeiro tempo, o Celta xogou cun 5-3-2 con Fernán e Toni de carrileros e rematou en empate sen goles. Os primeiros minutos o Celta con este sistema sentíase incomodo ata que Krohn-Dehli tomou a batuta do partido. Os mellores deste primeiro tempo foron Krohn-Dehli, Nolito e Toni.
O segundo tempo comezou con once novos xogadores e cambio de sistema, 4-3-3. Con este sistema o Celta foi moi superior ao seu rival e monopolizou o partido ainda que sen crear moitas ocasions de gol. Neste tempo destacarón Augusto, Orellana e o xogador do filial, Yelko Pino.
Ficha:
Alineación: Sergio; Fernán, Fontás, Vila, Túñez, Toni; Madinda, Oubiña, Krohn-Dehli; Nolito e David. Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Goldar, Bellvís; Augusto, Borja Fernández, Alex López; Yelko Pino, Rafinha e Orellana.
Goles: 1-0, Augusto.
Estadio: Centros de Estágios de Melgaço, 1.400 espectadores.

viernes, 26 de julio de 2013

martes, 23 de julio de 2013

Pretempada, semana 2 (15-7-2013 / 21-7-2013)

Esta semana viuse alterada pola "suposta" fichaxe de Luis Enrique polo Barcelona, por parte da prensa catalana e española.
O equipo fixo rafting polo Miño no seu "día de descanso"
Esta semana incorporáronse o grupo os xogadores internacionais (Túñez, Krohn-Dehli e Augusto), Madinda, Jota, Charles e a última fichaxe, Rafinha. Os adestramentos realizáronse nas instalacións deportivas da Madroa ata o venres, onde despois de adestrar partiron á concentración nos Centros de Estágios de Melgaço (Portugal), onde permanecerán ata o domingo 28. Destacamos a ausencia de Jota dende o sábado pola tarde, segundo o club por "asuntos persoais" (que xeito de botarse a perder) e a incorporación de Cabral ao grupo despois do seu castigo por chegar tarde ao primeiro adestramento. O domingo, no seu día de descanso, o equipo gozou dunha xornada de ráfting polo río Miño. Esta semana foi operado da súa grave lesión, Samuel, e en palabras de García Cota, xefe dos servicios médidos do Club, "a intervención foi ben, sen complicacións e agora esperaremos a súa evolución, pero de non haber novidades o período de baixa estará ao redor dos seis meses".
A nota negativa desta semana produciuse o venres, cando a prensa española (esa que tanto nos críticou por non fichar ao "fascista e neonazi" de Salva Ballesta) e a catalana, comenzaron unha campaña de especulacions sobre a fichaxe do noso adestrador, Luis Enrique, pola recaída da súa enfermidade do ex xogador do Celta e adestrador do Barcelona ata o venres, Tito Vilanova (dende Fanaticos do Celta de Vigo enviámoslle todo o noso animo e apoio para Tito Vilanova e a súa familia). A prensa española (manipuladora) nesta ocasión non criticaba que un equipo grande, a menos dun mes de empezar o campionato, lle quitase o seu adestrador ao equipo pequeno, pero como dixen antes si criticaban hai uns meses que o club non fichase un segundo adestrador, segundo eles por "motivos políticos", vertendo merda e máis merda sobre o noso club. Por sorte dende Vigo xa coñecemos estes "supostos" xornalistas que máis que xornalistas parecen unha banda de "ultrillas subnormais". Pero o que máis me sorprendeu foi a prensa catalana, esa que presume de "valores e humildade" e só preocupouse de chamar á RFEF para preguntar se o Celta tramitara a ficha de Luis Enrique como adestrador, sen importarlle que ese adestrador tiña un contrato en vigor co Celta. ¡¡¡VAIA COS "VALORES E A HUMILDADE" DESTES XORNALISTAS!!!.

lunes, 15 de julio de 2013

Rafinha Alcántara cuarta fichaxe do Celta 2013 - 2014

O fillo do ex xogador do Celta, Mazinho, chega cedido por unha tempada procedente do Barcelona.
Rafinha na súa presentación
Rafael Alcántara do Nascimento, "Rafinha" (12-2-1993, Sao Paulo, Brasil) deu os seus primeiros pasos no Ureca de Nigrán e nas categorias inferiores do Celta ata os 13 anos, que fichou polas categorias inferiores do Barcelona. No ano 2011 chegou ao Barcelona "B" da man do actual adestrador do Celta, Luis Enrique. Ese mesmo ano debuta co Barcelona nun encontro de Copa ante o L'Hospitalet.
Traxectoria:
  • Barcelona "B" (2011 / 2013)
  • Barcelona (2011)

Pretempada, semana 1 (8-7-2013 / 14-7-2013)

Destacan os exercicios co balón e a comunicación entre o adestrador e os xogadores.
Alex López, David Rodríguez, Vila, Sergio e Oubiña nun adestramento
Nesta primeira semana os adestramentos do Celta caracterizánse polo toque de balón (moitos rondos) e a esixencia do adestrador, que en palabras do lateral Bellvís: "Son adestramentos duros, esixentes, fannos chegar cansos á casa, pero son levadeiros. Facemos moitos exercicios co balón e iso é o que máis nos gusta a nós". Tamén destacamos a comunicación do adestrador cos xogadores, "É un adestrador próximo, que fala moito, que pide información, cousa que se agradece, pero que tamén está enriba e esíxete", en declaracións de Alex López. Luis Enrique tamén demostrou man dura co seu castigo a Cabral por chegar tarde ao primeiro adestramento por problemas cos vóos, téndoo toda a semana adestrando en solitario e sen balón. Todos os adestramentos son gravados polos seus axudantes. A nota negativa desta semana foi a lesión de Samuel, que se volveu romper o ligamento cruzado do seu xeonllo dereito, a súa segunda lesión grave en menos dun ano xa que o ano pasado rompeu o do xeonllo esquerdo.

martes, 9 de julio de 2013

O novo Celta de Luis Enrique comeza a rodar

Onte comezou "a éra Luis Enrique" e hoxe coñecemos o calendario da liga 2013 - 2014.
Primeiro adrestramento nas instalacións da A Madroa
Na primeira sesión de adestramento participaron os xogadores do primeiro equipo Sergio, Yoel, Hugo Mallo, Oubiña, Vila, Alex Lopez, Fontás, Nolito, Bellvís, Orellana, Toni, Samuel e David Rodríguez, e os canteirans Fernán, Yelko, Borja Fernández, Jordan e Adrián. Destacou a ausencia de Cabral por problemas cos voos, aínda que onte pola tarde xa se incorporou ao grupo. Os xogadores internacionais, Túñez, Krohn-Dehli, Augusto e Jonny, incorporanse máis adiante, do mesmo xeito que Bermejo (en recuperación trala súa grave lesión), Charles (por xogar a fase de ascenso a primeira co Almería), Santi Mina, Rubén e Madinda (por xogar a fase de ascenso a segunda B co filial), Jota e Bustos (que están arranxando a súa saída do club).
Hoxe coñecemos o sorteo do calendario da tempada 2013 - 2014, destacando que comezamos a liga na casa, curiosamente contra o Espanyol (o equipo co que nos salvamos na última xornada en Balaídos) e pechamos a tempada con dous encontros fora e un na casa contra o R. Madrid, polo que sería bo chegar salvados a estas tres derradeiras xornadas (X36. Osasuna - Celta, X37. Celta - R. Madrid e X38. Valencia - Celta). Esta é a valoración do sorteo por parte do adestrador do Celta, Luis Enrique:

martes, 2 de julio de 2013

O dianteiro Nolito terceiro fichaxe para a tempada 2013 - 2014

Nolito, que xa coincidiu con Luis Enrique no Barcelona "B", asina por 4 tempadas.
Nolito na súa presentación
Manuel Agudo Durán, "Nolito" (15-11-1986, Sanlúcar de Barrameda, Cádiz) deu o seu salto profesional na tempada 2006-2007 no Écixa, onde lle marcou un gol ao R. Madrid nun partido de Copa, onde xogou durante 2 tempadas cun balance de 70 partidos e 14 goles. A súa boa actuación no Écija lévalle no ano 2008 a fichar polo filial barcelonista, onde coincidiu co actual adestrador do Celta, Luis Enrique, no que disputa 105 encontros e marca 25 goles nun total de 3 tempadas, levando a debutar co Barcelona en Copa (1 gol) e Liga. No ano 2011 asina polo Benfica co que disputa 46 encontros e marca 12 goles, tendo o record de 5 goles nos 5 primeiros partidos de liga. No ano 2013 sae cedido ao Granada no mercado invernal xogando 16 partidos e marcando 3 goles.
Traxectoria:

  • Écixa (2006 / 2008)
  • Barelona "B" (2008 / 2011)
  • Benfica (2011 / 2012)
  • Granada (2013)
Títulos:
  • 1 Copa (2009)
  • 1 Liga (2011)
  • 1 Copa Portugal (2012)

lunes, 1 de julio de 2013

O Celta "B" regresa á categoria de Bronce.

O filial empatou a 2 no difícil campo do Areas de Getxo, con goles de Madinda e Santi Mina.
Ficha:
Alineación: Rubén, Kevin, Víctor Vázquez, David Costas, Maceira, Antón, Madinda, Borja, Santi Mina (Thaylor, 91'), Camochu (Rubén Martínez, 67') e Añón (Aitor, 80').
Goles: 0-1, Madinda (7'). 0-2, Santi Mina (23').
Colexiado: Fernández Fernández, amonestou a Añón, Camochu, Víctor Vázquez, Rubén Martímez, Maceira e Rubén.
Estadio: Gobela, uns 1.500 espectadores.

O Celta de Fútbol Indoor campión da Liga Fertiberia 2013

O equipo vigués, liderado por Jacobo Campos, venceu por 9 - 8 ao Valladolid.
Celebración do equipo a pé de campo
Ficha:
Alineación: Emilio, Tomás, Bajcetic, Jacobo Campos e Otero. Tamén xogarón: Fran Caínzos, Quique, Fidalgo e Ratkovic. Adestrador: Moncho Carnero.
Goles: 1-0, Tomás (9'). 2-1, Quique (21'). 3-1, Fidalgo (23'). 4-2, Fran Caínzos (31'). 5-2, Fran Caínzos (33'). 6-2, Fidalgo (34'). 7-3, Otero (39'). 8-8, Jacobo Campos (69'). 9-8, Jacobo Campos (69').
Colexiado: Carlos Megía Dávila, amonestou a Fran Caínzos.
Pavillón: Antonio Rivilla (Puertollano), uns 1.000 espectadores.
Trofeo Liga Fútbol Indoor