Nesta terceira semana xogáronse dous partidos, co balance dunha vitoria ante o Coruxo e unha derrota fronte ao Porto.
Afección celeste no encontro ante o Porto |
Ao longo desta semana en Melgaço, os adestramento baseáronse máis en traballar a preparación física, as xogadas de estratexia e en perfeccionar a defensa, da que o adestrador do Celta, Luis Enrique, quedou moi satisfeito nos dous encontros xogados (sobre todo co sistema 5-3-2 e non tanto co 4-3-3), pero non quedou tan satisfeito co ataque do que dixo que ainda teñen que mellorar. O primeiro partido foi ante o Coruxo e se saldou con vitoria do Celta por 1-0, con gol de Augusto, e o segundo partido rematou en derrota por 1-0 ante o Porto. Neste último partido, Augusto, retirouse lesionado cunha sobrecarga no adutor esquerdo. Destacar tamén esta semana a participación do Celta "B" no triangular de Praíña, cun balance dun empate ante o Ourense (0-0) e unha derrota ante o Boiro (1-0).
No hay comentarios:
Publicar un comentario