Esta semana viuse alterada pola "suposta" fichaxe de Luis Enrique polo Barcelona, por parte da prensa catalana e española.
O equipo fixo rafting polo Miño no seu "día de descanso" |
Esta semana incorporáronse o grupo os xogadores internacionais (Túñez, Krohn-Dehli e Augusto), Madinda, Jota, Charles e a última fichaxe, Rafinha. Os adestramentos realizáronse nas instalacións deportivas da Madroa ata o venres, onde despois de adestrar partiron á concentración nos Centros de Estágios de Melgaço (Portugal), onde permanecerán ata o domingo 28. Destacamos a ausencia de Jota dende o sábado pola tarde, segundo o club por "asuntos persoais" (que xeito de botarse a perder) e a incorporación de Cabral ao grupo despois do seu castigo por chegar tarde ao primeiro adestramento. O domingo, no seu día de descanso, o equipo gozou dunha xornada de ráfting polo río Miño. Esta semana foi operado da súa grave lesión, Samuel, e en palabras de García Cota, xefe dos servicios médidos do Club, "a intervención foi ben, sen complicacións e agora esperaremos a súa evolución, pero de non haber novidades o período de baixa estará ao redor dos seis meses".
A nota negativa desta semana produciuse o venres, cando a prensa española (esa que tanto nos críticou por non fichar ao "fascista e neonazi" de Salva Ballesta) e a catalana, comenzaron unha campaña de especulacions sobre a fichaxe do noso adestrador, Luis Enrique, pola recaída da súa enfermidade do ex xogador do Celta e adestrador do Barcelona ata o venres, Tito Vilanova (dende Fanaticos do Celta de Vigo enviámoslle todo o noso animo e apoio para Tito Vilanova e a súa familia). A prensa española (manipuladora) nesta ocasión non criticaba que un equipo grande, a menos dun mes de empezar o campionato, lle quitase o seu adestrador ao equipo pequeno, pero como dixen antes si criticaban hai uns meses que o club non fichase un segundo adestrador, segundo eles por "motivos políticos", vertendo merda e máis merda sobre o noso club. Por sorte dende Vigo xa coñecemos estes "supostos" xornalistas que máis que xornalistas parecen unha banda de "ultrillas subnormais". Pero o que máis me sorprendeu foi a prensa catalana, esa que presume de "valores e humildade" e só preocupouse de chamar á RFEF para preguntar se o Celta tramitara a ficha de Luis Enrique como adestrador, sen importarlle que ese adestrador tiña un contrato en vigor co Celta. ¡¡¡VAIA COS "VALORES E A HUMILDADE" DESTES XORNALISTAS!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario