Destacan os exercicios co balón e a comunicación entre o adestrador e os xogadores.
Alex López, David Rodríguez, Vila, Sergio e Oubiña nun adestramento |
Nesta primeira semana os adestramentos do Celta caracterizánse polo toque de balón (moitos rondos) e a esixencia do adestrador, que en palabras do lateral Bellvís: "Son adestramentos duros, esixentes, fannos chegar cansos á casa, pero son levadeiros. Facemos moitos exercicios co balón e iso é o que máis nos gusta a nós". Tamén destacamos a comunicación do adestrador cos xogadores, "É un adestrador próximo, que fala moito, que pide información, cousa que se agradece, pero que tamén está enriba e esíxete", en declaracións de Alex López. Luis Enrique tamén demostrou man dura co seu castigo a Cabral por chegar tarde ao primeiro adestramento por problemas cos vóos, téndoo toda a semana adestrando en solitario e sen balón. Todos os adestramentos son gravados polos seus axudantes. A nota negativa desta semana foi a lesión de Samuel, que se volveu romper o ligamento cruzado do seu xeonllo dereito, a súa segunda lesión grave en menos dun ano xa que o ano pasado rompeu o do xeonllo esquerdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario