jueves, 27 de junio de 2013

Charles segundo fichaxe da éra Luís Enrique

O maximo goleador da división de prata asina polas próximas catro tempadas.
Charles na súa presentación
Charles Dias de Oliveira (4-4-1984, Belém, Brasil) formouse en Brasil nos equipos Santos e o Tuna ata o ano 2001 que deu o salto a Europa no C.D. Feirense portugués no que marcou 3 goles en 30 encontros na tempada 2003 / 2004. Na tempada 2004 / 2005 chega a Galiza por primeira vez, fichando polo Pontevedra onde milita 6 tempadas seguidas, na tempada en segunda división xoga 33 partidos e marca 6 goles. Os dous ano seguintes xogou no Cordoba, sendo o primeiro ano o máximo goleador do equipo con 15 goles en 36 partidos e o segundo ano marca 8 goles en 33 encontros. A tempada pasada fichou polo Almeria, converténdose no máximo goleador da segunda división con 32 goles en 46 encontros, e só superado polo ex xogador celeste Baltazar con 34 goles na tempada 1986 / 1987.
Traxectoria:

  • Feirense (2001 / 2004)
  • Pontevedra (2004 / 2010)
  • Córdoba (2010 / 2012)
  • Almeria (2012 / 2013)

domingo, 23 de junio de 2013

Fase de ascenso a segunda división "B", derradeira ronda (ida)

Celta "B" 0 - Arenas de Getxo 0
Ficha:
Alineación: Rubén, Kevin, Víctor Vázquez, David Costas, Maceiras, Madinda, Antón, Santi Mina (Félix, 73'), Aitor, Añón (Marcos Torres, 79') e Camochu (Thaylor, 86').
Goles: - - -.
Colexiado: Xixón Peñas, amonestou a Maceira.
Estadio: Barreiro, máis de 2.000 espectadores.

jueves, 20 de junio de 2013

Andreu Fontás primeira fichaxe da tempada 2013 - 2014

O xogador catalán, formado nas categorías inferiores do Barcelona, asina por tres tempadas.
Fontás na súa presentación
Andreu Fontás Prat (14-11-1989, Banyoles, Xerona) formouse no C. D. Banyoles, onde xogou durante 11 tempadas ata que foi cedido ao Xirona F. C. No ano 2007 ficha polo Barcelona xuvenil e na tempada 2008 - 2009 dá o salto ao primeiro equipo da man do actual adestrador do Celta, Luis Enrique. Na tempada 2009 - 2010 debuta co primeiro equipo da man de Pep Guardiola e no ano 2010 marca o seu primeiro gol en Champions League ao Rubin Kazan. No ano 2012 rómpese o ligamento cruzado do seu xeonllo dereito e é baixa durante 6 meses. A tempada pasada a comezou no Barcelona e termínouna cedido no Mallorca. En Vigo lucirá en principio o dorsal número 3.
Traxectoria:
  • Barcelona "B" (2008 / 2009)
  • Barcelona (2009 / 2012)
  • Mallorca (2012 / 2013)
Títulos:
  • 2 Ligas (2010 e 2011)
  • 1 Supercopa (2010)
  • 1 Copa (2012)
  • 1 Liga de Campions (2011)
  • 1 Supercopa Europa (2011)
  • 1 Mundial Clubs (2011)

miércoles, 19 de junio de 2013

Resumo da tempada 2012 - 2013

A recentemente terminada tempada foi mala en términos xerais malia conseguir o obxectivo (permanencia) na última xornada.
A mala tempada dáse na miña opinión polas seguintes razóns:
  1. A mala planificación do plantel por parte do secretario técnico, Miguel Torrecilla, e o ex adestrador, Paco Herrera, que dos fichaxes realizados só acertaron con tres (Javi Varas, Krohn-Dehli e Augusto) xa que o resto foron un fracaso absoluto.
  2. A ausencia dun dianteiro centro con gol, xa que a achega do fichaxe estrela de Paco Herrera e Miguel Torrecilla, Park, foi de tres goles en 22 partidos. Mario Bermejo aportou 5 goles en 33 partidos, aínda que con Paco Herrera non xogaba de dianteiro, senon de media punta. Iago Aspas marcou 12 goles (3 de penalti) en 34 partidos pero a súa niñeria de patio de colexio no derbi case nos custa o descenso coa súa sanción no tramo final da tempada.
  3. Os erros clamorosos dos colexiados durante toda a tempada, todos acordamonos do gol que marcounos en fóra de xogo de 3 metros de Jordi Alba que deron por gol e  en cambio anulabannos o gol do empate de Túñez ante o Betis por fóra de xogo inexistente. Os dous penaltis de libro en Maiorca co 0-0 que non nos pitaron co colexiado a 1 metro da xogada. As expulsións por dobre amarela de Cabral no derbi e contra o Raio en Vallecas. O penalti inventado en contra no partido ante o Levante. A falta de criterio ao pitar faltas e mostrar tarxetas no 90% dos encontros. Etc...
  4. As decisións incomprensibles do adestrador, Paco Herrera, nas alineacións, cambios e decisións nos derradeiros minutos dos encontros.
  5. A falta de man dura do Presidente, Carlos Mouriño, e a súa xunta directiva ante as continuas agresións sufridas por parte da LFP, cos seus horarios (somos o equipo que máis veces xogou en luns e venres) e o cambio de partido (Celta - Atl. Madrid) xogándonos o descenso, o comité de árbitros e a RFEF. Ademais da súa tardanza para destituír a Paco Herrera.
Os mellores xogadores da tempada (dende a creación deste blog, xornada 23):
Augusto 
  1. 24.Augusto, 16 puntos
  2. 4.Oubiña, 10 puntos
  3. 8.Alex López + 9.Bermejo + 25.Natxo Insa, 7 puntos
  4. 23.Krohn-Dehli, 6 puntos
  5. 13.Javi Varas, 5 puntos
  6. 26.Rubén, 4 puntos
  7. 6.Vila + 29.Madinda, 3 puntos
  8. 19.Orellana, 2 puntos
  9. 5.Túñez, 1 punto
Os peores xogadores da tempada (dende a creación deste blog, xornada 23):
  1. 3.Lago, -21 puntos
  2. 10.Iago Aspas, -14 puntos
  3. 18.Park, -9 puntos
  4. 22.De Lucas, -8 puntos
  5. 12.Cabral, -7 puntas
  6. 16.Bellvís, -4 puntos
  7. 11.Pranjic, -3 puntos
Estadísticas:
  • Minutos:

00- PX  LI  CO  MIN  TA  TV  GE   GO  Nome
01- 06  02  04  0570  00  00   09    00    Sergio
02- 21  17  04  1362  01  00  00    00    Mallo
03- 37  34  03  3078  11  00  00 01    Lago
04- 38  36  02  3442  09  00   00    01    Oubiña
05- 33  30  03  2955  06  00  00    00    Túñez
06- 17  14  03  1168  05  01  00    00    Vila
07- 01  00  01  0025  00  00  00    00    Dani Abalo
08- 34  33  01  2542  05  00  00 02    Alex López
09- 35  33  02  1732  04  00  00 06    Bermejo
10- 37  34  03  3030  05  01  00 12    Iago Aspas
11- 10  10  00  0433  00  00   00    00    Pranjic
12- 31  27  04  2581  11  02  00 02    Cabral
13- 35  35  00  3100  04  00  50    00    Javi Varas
14- 09  07  02  0322  01  00  00 01    Bustos
15- 13  12  01  1063  02  00  00    00    Demidov
16- 15  13  02  0999  01  00  00 00    Bellvis
17- 05  03  02  0190  01  00  00 00    Joan Tómas
18- 26  22  04  1089  02  00  00 04    Park
19- 14  14  00  0690  02  00   00    00    Orellana
20- 16  14  02  0354  02  00  00 00    Toni
21- 02  01  01  0128  00  00  00 00    Samuel
22- 28  24  04  0944  01  00  00 04    De Lucas

23- 37  34  03  3083  07  00  00    01    Krohn-Dehli
24- 39  36  03  3132  12  01  00 06    Augusto
25- 18  18  00  1140  06  00  00    02    Natxo Insa
26- 02  02  00  0140  00  00  00    00    Rubén
28- 20  19  01  1713  06  00  00 00    Jonny
29- 06  05  01  0252  00  00  00 00    Madinda
30- 00  00  00  0000  00  00   00    00    Antón
31- 01  01  00  0031  00  00   00    00    Santi Mina

PX: partidos xogados / LI: liga / CO: copa / MIN: minutos / TA: tarxetas amarelas / TR: Tarxetas vermellas / GE: goles encaixados / GO: goles
  • Goleadores:
Iago Aspas
  1. Iago Aspas · 12 goles (12 liga / 0 copa / 3 penalti)
  2. Bermejo · 6 goles (5 liga / 1 copa / 0 penalti)
  3. Augusto · 6 goles (6 liga / 0 copa / 0 penalti)
  4. De Lucas · 4 goles (3 liga / 1 copa / 0 penalti)
  5. Park · 4 goles (3 liga / 1 copa / 0 penalti)
  6. Alex López · 2 goles (2 liga / 0 copa / 0 penalti)
  7. Cabral · 2 goles (2 liga / 0 copa / 0 penalti)
  8. Natxo Insa · 2 goles (2 liga / 0 copa / 0 penalti)
  9. Lago · 1 gol (0 liga / 1 copa / 0 penalti)
  10. Bustos · 1 gol (0 liga / 1 copa / 0 penalti)
  11. Krohn-Dehli · 1 gol (1 liga / 0 copa / 0 penalti)
  12. Oubiña · 1 gol (1 liga / 0 copa / 0 penalti)
  • Porteiros:
Rubén
  1. Rubén [0 goles / 2 partidos = 0'00%]
  2. Javi Varas [50 goles / 35 partidos = 1'43%]
  3. Sergio [ 9 goles / 6 partidos = 1'50%]

lunes, 17 de junio de 2013

Fase de ascenso a segunda división "B", segunda ronda (volta)

U.D. Mutilvera 2 - Celta "B" 2
Ficha:
Alineación: Óscar, Kevin, Víctor Vázquez, David Costas, Maceira, Antón, Borja, Aitor (Félix, 46'), Rubén Martínez, Añón (Marcos Torres, 68') e Camochu (Thaylor, 62').
Goles: 0-1, Camochu (13'). 2-2, Thaylor (80').
Colexiado: Sáez de Adana, amonestou a Víctor Vázquez.
Estadio: Valle de Aranguren, uns 1.000 espactadores.

jueves, 13 de junio de 2013

Equipación tempada 2013 - 2014

Esta e a equipación Adidas da próxima tempada:
  • 1ª equipación:
  • 2ª equipación:
  • 3ª equipación:

lunes, 10 de junio de 2013

Fase de ascenso a segunda división "B", segunda ronda (ida)

Celta "B" 2 - U.D. Mutilvera 0
Ficha:
Alineación: Óscar, Kevin, Víctor Vázquez, David Costas, Maceira, Antón, Borja, Aitor (Marcos Torres, 87'), Félix (Añón, 77'), Rubén Martínez e Camochu (Thaylor, 90').
Goles: 1-0, Aitor (64'). 2-0, Añón (89').
Colexiado: Ramos Domínguez, amonestou a Borja, Rubén Martínez, David Costas, Aitor e Kevin.
Estadio: Barreiro, uns 1.500 espectadores.

domingo, 9 de junio de 2013

Luis Enrique novo adestrador do Celta trala destitución de Abel Resino

O Celta destituíu a Abel Resino "por diferenzas na filosofía do club", tres días despois de ratificalo no seu posto. O novo adestrador asina polas dúas próximas  tempadas.
Luis Enrique na súa tempada como adestrador da Roma
Unha vez máis os dirixentes do noso club demostraron que non están á altura da institución á que representan, non por destituír a Abel Resino senón polas formas en que se fixeron. Espero equivocarme pero para a semán pasará o mesmo con Mario Bermejo ao que non renovarán e botarán pola porta de atrás logo de lesionarse de gravidade defendendo a camiseta do noso equipo. Aquí déixovos o comunicado de despedida de Abel Resino:
"Unha vez finalizada a miña relación contractual co R.C.Celta de Vigo quero dar as grazas moi especialmente á afección polo apoio que tanto a min como aos xogadores prestáronnos nos momentos decisivos para conseguir a permanencia. Grazas de corazón. Aos xogadores, grazas polo traballo realizado e desexarlles o mellor para o futuro. Un recordo moi especial para todos os traballadores do club pola inestimable axuda que me prestaron en todo momento, e por suposto, aos meus colaboradores máis próximos. Sen eles fose moi difícil conseguir o éxito. Aos medios de comunicación, por respectar o noso traballo. Os meus mellores desexos para o futuro da entidade. Un forte abrazo."
O novo adestrador,  Luis Enrique Martínez García, naceu en Xixón (Asturies) o 8 de maio de 1970, como xogador militou no Sporting de Xixón (1989 - 1991), R. Madrid (1991 - 1996) e Barcelona (1996 - 2004) ademáis de ser en 62 ocasións internacional absoluto disputando 3 mundiais (1994, 1998 e 2002), 1 eurocopa (1996) e uns xogos olímpicos (1992) conseguindo o ouro olímpico. Ten no seu palmares 3 ligas, 3 copas, 2 supercopas, 1 supercopa de  Europa e 1 Recopa. Como adestrador dirixiu a Barcelona "B" (2008 - 2011) e Roma (2011 - 2012) e destacando co filial catalán o ascenso a 2ª división despois de 11 anos e a mellor clasificación na historia do filial catalán na división de prata (3º). Na Roma conseguiu un 7º posto, pero a súa mala relación coa estrela romana, Francesco Totti, costoulle a súa destitución a falta dun partido para acabar o campionato. Os seus equipos xogan cun 4-3-3 e caracterízanse por un fútbol alegre e de toque.
Traxectoria:

  • Barcelona "B" (2008 / 2011)
  • Roma (2011 / 2012)

sábado, 8 de junio de 2013

Campaña de abonados 2013 - 2014

Estes son os prezos fixados polo club:
E estas as condicións:
Destacar que para o club premiar aos seus socios é subirlles a cota, xa que a tempada pasada os prezos eran máis baratos, asi que o de manter os prezos é outra mentira.

lunes, 3 de junio de 2013

Fase de ascenso a segunda división "B", primeira ronda (volta)

Celta "B" 2 - C.D. Cortes 0 (Global: Celta "B" 4 - C.D. Cortes 0)
Ficha:
Alineación: Óscar, Kevin, Víctor Vázquez, Maestre (Moreira, 58'), Maceira, Antón, Borja, Añón (Félix, 46'), Aitor, Rubén Martínez e Benja (Thaylor, 68').
Goles: 1-0, Rubén Martínez (76'). 2-0, Félix (90').
Colexiado: De la Fuente Ramos, amonestou a Félix e Rubén Martínez.
Estadio: Barreiro.

domingo, 2 de junio de 2013

Celta 1 - Espanyol 0, ¡¡¡SOMOS DE PRIMEIRA!!!

O Celta fai os seus deberes gañando ao Espanyol e gracias á vitoria da Real Sociedade en Coruña conseguimos o obxetivo da permanencia.
Augusto e Natxo Insa tras o gol (Foto: Xoan Carlos Gil)
Logo dunha tempada de sufrimento ata o derradeiro minuto, podemos dicir que somos de primeira e outros que crianse vencedores antes de xogar agora están onde se merecen. O Celta fixo un gran encontro ata o minuto 15, xa que tralo gol de Natxo Insa, defendeuse con uñas e dentes ante os continuos ataques do Espanyol, un equipo que parecía que estabase xogando a vida pero o único que se xogaba eran as "primas" dos tres equipos com máis débedas da primeira división: Coruña, Zaragoza e Mallorca (lamentable). Aínda sen facer un gran partido, sufrimos polas ocasións falladas pola nosa "suposta estrela", Iago Aspas, que fallou dúas ocasións de libro (espero que este fóra o último partido deste individuo, do mesmo xeito que é o de Lago, polo ben do equipo). Destacar a actuación de Rubén Blanco que con só 17 anos demostrou unha frialdad baixo paus dun porteiro de 35 e tamén a actuación de Natxo Insa que despois do final de tempada que fixo gañouse o meu respeto e o dereito a defender a nosa camiseta por moitos máis anos.
Ficha:
Alineación: Rubén; Bellvís, Cabral, Túñez, Lago; Augusto (Orellana, 92'), Oubiña, Natxo Insa, Krohn-Dehli (De Lucas, 85'); Alex López (Madinda, 71') e Iago Aspas.
Goles: 1-0, gran xogada de Iago Aspas pola esquerda que centra e Natxo Insa marca pola escadra.
Colexiado: Mateo Lahoz, normal. Amonestou a Oubiña.
Estadio: Balaídos, 28.937 espectadores.
Os mellores:
  1. Natxo Insa, gran partido do medio centro, autor do gol da vitoria.
  2. Rubén, espectacular as intervencións do xuvenil, Sergio e Yoel teñen competencia.
  3. Alex López, do mellor do Celta en ataque mentres estivo no campo.
Os peores:
  1. Lago, como sempre coa cabeza en Xetafe, sinvergonza.
  2. Iago Aspas, malia a gran xogada no gol segue estando infravalorado, un xogador do montón.
  3. Orellana, sen tempo para facer nada.