O Celta fai os seus deberes gañando ao Espanyol e gracias á vitoria da Real Sociedade en Coruña conseguimos o obxetivo da permanencia.
Augusto e Natxo Insa tras o gol (Foto: Xoan Carlos Gil) |
Logo dunha tempada de sufrimento ata o derradeiro minuto, podemos dicir que somos de primeira e outros que crianse vencedores antes de xogar agora están onde se merecen. O Celta fixo un gran encontro ata o minuto 15, xa que tralo gol de Natxo Insa, defendeuse con uñas e dentes ante os continuos ataques do Espanyol, un equipo que parecía que estabase xogando a vida pero o único que se xogaba eran as "primas" dos tres equipos com máis débedas da primeira división: Coruña, Zaragoza e Mallorca (lamentable). Aínda sen facer un gran partido, sufrimos polas ocasións falladas pola nosa "suposta estrela", Iago Aspas, que fallou dúas ocasións de libro (espero que este fóra o último partido deste individuo, do mesmo xeito que é o de Lago, polo ben do equipo). Destacar a actuación de Rubén Blanco que con só 17 anos demostrou unha frialdad baixo paus dun porteiro de 35 e tamén a actuación de Natxo Insa que despois do final de tempada que fixo gañouse o meu respeto e o dereito a defender a nosa camiseta por moitos máis anos.
Ficha:
Alineación: Rubén; Bellvís, Cabral, Túñez, Lago; Augusto (Orellana, 92'), Oubiña, Natxo Insa, Krohn-Dehli (De Lucas, 85'); Alex López (Madinda, 71') e Iago Aspas.
Goles: 1-0, gran xogada de Iago Aspas pola esquerda que centra e Natxo Insa marca pola escadra.
Colexiado: Mateo Lahoz, normal. Amonestou a Oubiña.
Estadio: Balaídos, 28.937 espectadores.
Os mellores:
- Natxo Insa, gran partido do medio centro, autor do gol da vitoria.
- Rubén, espectacular as intervencións do xuvenil, Sergio e Yoel teñen competencia.
- Alex López, do mellor do Celta en ataque mentres estivo no campo.
Os peores:
- Lago, como sempre coa cabeza en Xetafe, sinvergonza.
- Iago Aspas, malia a gran xogada no gol segue estando infravalorado, un xogador do montón.
- Orellana, sen tempo para facer nada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario