miércoles, 19 de junio de 2013

Resumo da tempada 2012 - 2013

A recentemente terminada tempada foi mala en términos xerais malia conseguir o obxectivo (permanencia) na última xornada.
A mala tempada dáse na miña opinión polas seguintes razóns:
  1. A mala planificación do plantel por parte do secretario técnico, Miguel Torrecilla, e o ex adestrador, Paco Herrera, que dos fichaxes realizados só acertaron con tres (Javi Varas, Krohn-Dehli e Augusto) xa que o resto foron un fracaso absoluto.
  2. A ausencia dun dianteiro centro con gol, xa que a achega do fichaxe estrela de Paco Herrera e Miguel Torrecilla, Park, foi de tres goles en 22 partidos. Mario Bermejo aportou 5 goles en 33 partidos, aínda que con Paco Herrera non xogaba de dianteiro, senon de media punta. Iago Aspas marcou 12 goles (3 de penalti) en 34 partidos pero a súa niñeria de patio de colexio no derbi case nos custa o descenso coa súa sanción no tramo final da tempada.
  3. Os erros clamorosos dos colexiados durante toda a tempada, todos acordamonos do gol que marcounos en fóra de xogo de 3 metros de Jordi Alba que deron por gol e  en cambio anulabannos o gol do empate de Túñez ante o Betis por fóra de xogo inexistente. Os dous penaltis de libro en Maiorca co 0-0 que non nos pitaron co colexiado a 1 metro da xogada. As expulsións por dobre amarela de Cabral no derbi e contra o Raio en Vallecas. O penalti inventado en contra no partido ante o Levante. A falta de criterio ao pitar faltas e mostrar tarxetas no 90% dos encontros. Etc...
  4. As decisións incomprensibles do adestrador, Paco Herrera, nas alineacións, cambios e decisións nos derradeiros minutos dos encontros.
  5. A falta de man dura do Presidente, Carlos Mouriño, e a súa xunta directiva ante as continuas agresións sufridas por parte da LFP, cos seus horarios (somos o equipo que máis veces xogou en luns e venres) e o cambio de partido (Celta - Atl. Madrid) xogándonos o descenso, o comité de árbitros e a RFEF. Ademais da súa tardanza para destituír a Paco Herrera.
Os mellores xogadores da tempada (dende a creación deste blog, xornada 23):
Augusto 
  1. 24.Augusto, 16 puntos
  2. 4.Oubiña, 10 puntos
  3. 8.Alex López + 9.Bermejo + 25.Natxo Insa, 7 puntos
  4. 23.Krohn-Dehli, 6 puntos
  5. 13.Javi Varas, 5 puntos
  6. 26.Rubén, 4 puntos
  7. 6.Vila + 29.Madinda, 3 puntos
  8. 19.Orellana, 2 puntos
  9. 5.Túñez, 1 punto
Os peores xogadores da tempada (dende a creación deste blog, xornada 23):
  1. 3.Lago, -21 puntos
  2. 10.Iago Aspas, -14 puntos
  3. 18.Park, -9 puntos
  4. 22.De Lucas, -8 puntos
  5. 12.Cabral, -7 puntas
  6. 16.Bellvís, -4 puntos
  7. 11.Pranjic, -3 puntos
Estadísticas:
  • Minutos:

00- PX  LI  CO  MIN  TA  TV  GE   GO  Nome
01- 06  02  04  0570  00  00   09    00    Sergio
02- 21  17  04  1362  01  00  00    00    Mallo
03- 37  34  03  3078  11  00  00 01    Lago
04- 38  36  02  3442  09  00   00    01    Oubiña
05- 33  30  03  2955  06  00  00    00    Túñez
06- 17  14  03  1168  05  01  00    00    Vila
07- 01  00  01  0025  00  00  00    00    Dani Abalo
08- 34  33  01  2542  05  00  00 02    Alex López
09- 35  33  02  1732  04  00  00 06    Bermejo
10- 37  34  03  3030  05  01  00 12    Iago Aspas
11- 10  10  00  0433  00  00   00    00    Pranjic
12- 31  27  04  2581  11  02  00 02    Cabral
13- 35  35  00  3100  04  00  50    00    Javi Varas
14- 09  07  02  0322  01  00  00 01    Bustos
15- 13  12  01  1063  02  00  00    00    Demidov
16- 15  13  02  0999  01  00  00 00    Bellvis
17- 05  03  02  0190  01  00  00 00    Joan Tómas
18- 26  22  04  1089  02  00  00 04    Park
19- 14  14  00  0690  02  00   00    00    Orellana
20- 16  14  02  0354  02  00  00 00    Toni
21- 02  01  01  0128  00  00  00 00    Samuel
22- 28  24  04  0944  01  00  00 04    De Lucas

23- 37  34  03  3083  07  00  00    01    Krohn-Dehli
24- 39  36  03  3132  12  01  00 06    Augusto
25- 18  18  00  1140  06  00  00    02    Natxo Insa
26- 02  02  00  0140  00  00  00    00    Rubén
28- 20  19  01  1713  06  00  00 00    Jonny
29- 06  05  01  0252  00  00  00 00    Madinda
30- 00  00  00  0000  00  00   00    00    Antón
31- 01  01  00  0031  00  00   00    00    Santi Mina

PX: partidos xogados / LI: liga / CO: copa / MIN: minutos / TA: tarxetas amarelas / TR: Tarxetas vermellas / GE: goles encaixados / GO: goles
  • Goleadores:
Iago Aspas
  1. Iago Aspas · 12 goles (12 liga / 0 copa / 3 penalti)
  2. Bermejo · 6 goles (5 liga / 1 copa / 0 penalti)
  3. Augusto · 6 goles (6 liga / 0 copa / 0 penalti)
  4. De Lucas · 4 goles (3 liga / 1 copa / 0 penalti)
  5. Park · 4 goles (3 liga / 1 copa / 0 penalti)
  6. Alex López · 2 goles (2 liga / 0 copa / 0 penalti)
  7. Cabral · 2 goles (2 liga / 0 copa / 0 penalti)
  8. Natxo Insa · 2 goles (2 liga / 0 copa / 0 penalti)
  9. Lago · 1 gol (0 liga / 1 copa / 0 penalti)
  10. Bustos · 1 gol (0 liga / 1 copa / 0 penalti)
  11. Krohn-Dehli · 1 gol (1 liga / 0 copa / 0 penalti)
  12. Oubiña · 1 gol (1 liga / 0 copa / 0 penalti)
  • Porteiros:
Rubén
  1. Rubén [0 goles / 2 partidos = 0'00%]
  2. Javi Varas [50 goles / 35 partidos = 1'43%]
  3. Sergio [ 9 goles / 6 partidos = 1'50%]

No hay comentarios:

Publicar un comentario