O Celta destituíu a Abel Resino "por diferenzas na filosofía do club", tres días despois de ratificalo no seu posto. O novo adestrador asina polas dúas próximas tempadas.
Luis Enrique na súa tempada como adestrador da Roma |
Unha vez máis os dirixentes do noso club demostraron que non están á altura da institución á que representan, non por destituír a Abel Resino senón polas formas en que se fixeron. Espero equivocarme pero para a semán pasará o mesmo con Mario Bermejo ao que non renovarán e botarán pola porta de atrás logo de lesionarse de gravidade defendendo a camiseta do noso equipo. Aquí déixovos o comunicado de despedida de Abel Resino:
"Unha vez finalizada a miña relación contractual co R.C.Celta de Vigo quero dar as grazas moi especialmente á afección polo apoio que tanto a min como aos xogadores prestáronnos nos momentos decisivos para conseguir a permanencia. Grazas de corazón. Aos xogadores, grazas polo traballo realizado e desexarlles o mellor para o futuro. Un recordo moi especial para todos os traballadores do club pola inestimable axuda que me prestaron en todo momento, e por suposto, aos meus colaboradores máis próximos. Sen eles fose moi difícil conseguir o éxito. Aos medios de comunicación, por respectar o noso traballo. Os meus mellores desexos para o futuro da entidade. Un forte abrazo."O novo adestrador, Luis Enrique Martínez García, naceu en Xixón (Asturies) o 8 de maio de 1970, como xogador militou no Sporting de Xixón (1989 - 1991), R. Madrid (1991 - 1996) e Barcelona (1996 - 2004) ademáis de ser en 62 ocasións internacional absoluto disputando 3 mundiais (1994, 1998 e 2002), 1 eurocopa (1996) e uns xogos olímpicos (1992) conseguindo o ouro olímpico. Ten no seu palmares 3 ligas, 3 copas, 2 supercopas, 1 supercopa de Europa e 1 Recopa. Como adestrador dirixiu a Barcelona "B" (2008 - 2011) e Roma (2011 - 2012) e destacando co filial catalán o ascenso a 2ª división despois de 11 anos e a mellor clasificación na historia do filial catalán na división de prata (3º). Na Roma conseguiu un 7º posto, pero a súa mala relación coa estrela romana, Francesco Totti, costoulle a súa destitución a falta dun partido para acabar o campionato. Os seus equipos xogan cun 4-3-3 e caracterízanse por un fútbol alegre e de toque.
Traxectoria:
- Barcelona "B" (2008 / 2011)
- Roma (2011 / 2012)
No hay comentarios:
Publicar un comentario