viernes, 29 de marzo de 2013

Lista de convocados para o Celta - Barcelona

Bermejo celebra o gol do empate no partido da primeira volta 
Pérdense o partido contra o Barcelona por lesión Sergio, Hugo Mallo, Alex López, Samuel e Krohn-Dehli, e por sanción Túñez e Iago Aspas. Estes son os 18 elixidos:
  1. ---
  2. ---
  3. Lago
  4. Oubiña
  5. ---
  6. Vila
  7. ---
  8. ---
  9. Bermejo
  10. ---
  11. Pranjic
  12. Cabral
  13. Javi Varas
  14. ---
  15. Demidov
  16. Bellvís
  17. ---
  18. Park
  19. Orellana
  20. Toni
  21. ---
  22. De Lucas
  23. ---
  24. Augusto
  25. Natxo Insa
  26. Rúben
  27. ---
  28. Jonny
  29. Madinda

Horario da xornada 31, Mallorca - Celta

Krohn-Dehli no partido da primeira volta
Xornada 31:
Mallorca - Celta
Fecha: luns 15-04-2013
Hora: 21:00 horas
Estadio: Iberostar Estadi


Afección no encontro da ida

miércoles, 20 de marzo de 2013

Horario da xornada 30, Celta - Raio

Iago Aspas e Bermejo despois da polémica
Xornada 30:
Celta - Raio
Fecha: domingo 07-04-2013
Hora: 12:00 horas
Estadio: Balaídos
Afección celeste en Riazor

sábado, 16 de marzo de 2013

Coruña 3 - Celta 1

A auto expulsión de Iago Aspas termina co derbi aos 28 minutos e afunde un pouco máis o Celta.

Iago Aspas xusto despois do cabezazo a Marchena
A actitude de Iago Aspas non foi a única clave da derrota en Riazor, tamén podemos destacar a alineación por parte do noso adestrador, Abel Resino, xa que xogarte o partido máis importante do ano (por situación clasificatoria e rivalidade) cos xogadores máis desequilibrantes do equipo no banco de suplentes (Orellana e 
Afección celeste en Riazor
Krohn-Dehli) é un tanto dificil de entender (polo menos para min). Outra clave foi a actitude dalgúns xogadores como De Lucas e Roberto Lago, o primeiro paseouse polo estadio de Riazor durante os 55 minutos que xogou, e o segundo demostrou que o que lle ocorra ao Celta impórtalle unha merda (xa que para o ano que vén xogara noutro equipo) cunha actitude que pouco ten que ver coa que tense que poñer nestes partidos un xogador da casa (vergonza de canteirán), ainda que non me sorprende demasiado xa que leva con esta actitude todo o ano. Para rematar destacar a ausencia de Alex López (lesionado), xa que Pranjic non o fixo mal pero fáltoulle ese punto de presión que pon o xogador de Ferrol.

Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Demidov, Túñez, Lago; Augusto (Krohn-Dehli, 77'), Oubiña, Pranjic, De Lucas (Orellana, 55'); Bermejo (Park, 68') e Iago Aspas.
Goles: 3-1, Park remata dentro do área pequena un bo centro de Krohn-Dehli.
Colexiado: Velasco Carballo, amonestou a Demidov, Túñez, Lago, Krohn-Dehli é expulsou a Iago Aspas.
Estadio: Estadio de Riazor, uns 33.000 espectadores dos cales uns 800 eran do Celta.
Os mellores:
  1. Javi Varas, ¿qué se pode dicir dun equipo que recibe 3 goles e o porteiro é o mellor?.
  2. Oubiña, intentou darlle coherencia e sentido ao xogo pero o resto non o acompañaron.
  3. Os cambios (Orellana, Park e Krohn-Dehli), con estes cambios mellorou o Celta aportándolle ao xogo dinamismo e movilidade.
Os peores:
  1. Iago Aspas, outra auto expulsión do moañes e outra derrota do Celta, espero que lle metan 4 partidos e así poder demostrar que é un xogador infravalorado e moi protexido por ser da casa. ¡¡¡Ollo!!! non digo que sexa malo senón que si non fóra da casa se lle trataría doutro xeito por parte da afección (nos que me incluia ata onte) e o club.
  2. De Lucas, como xa dixen noutras ocasións un xogador que esta acabado desde fai máis dun ano.
  3. Lago, impresentable o deste xogador do barrio do calvario, que se esta rindo dunha cidade, dunha afección e dun club  e que non merece seguir vestindo a nosa camiseta.
A foto da polémica de Hugo Mallo
Agora déixovos a roda de prensa de Hugo Mallo realizado hoxe pola mañá:

jueves, 14 de marzo de 2013

Lista de convocados para o Coruña - Celta

Cabral, Javi Varas, Jonny, Pranjic e Augusto
Destaca a convocatoria do canteirán Madinda e as ausencias por lesión de Hugo Mallo, Alex López, Samuel e Natxo Insa.
  1. Sergio
  2. ---
  3. Lago
  4. Oubiña
  5. Túñez
  6. Vila
  7. ---
  8. ---
  9. Bermejo
  10. Iago Aspas
  11. Pranjic
  12. Cabral
  13. Javi Varas
  14. ---
  15. Demidov
  16. Bellvís
  17. ---
  18. Park
  19. Orellana
  20. Toni
  21. ---
  22. De Lucas
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. Jonny
  29. Madinda

lunes, 11 de marzo de 2013

Celta 1 - R. Madrid 2

Un penalti moi dubidoso, que nunca pitan na área do Madrid, condena o Celta á derrota. 
Augusto, Javi Varas e Iago Aspas ao rematar o partido
Un Celta moi valente non encontra o premio que buscaba ante un R. Madrid que tivo que esperar á axuda que recibe por parte dos seus amigos os árbitros cada xornada para levarse de penalti inexistente os tres puntos de Balaídos. Un gran partido vimos onte en Balaídos cun intercambio de golpes no que o Celta nos primeiros vinte minutos perdonou ao Madrid, máis ben Diego López salvou ao Madrid con tres intervencions de luxo, un man a man a Iago Aspas, nun remate cruzado tamén de Iago Aspas e nun disparo dende fóra da área
Alex López perseguido por Khedira
 de Alex López que se envelenou tras tocar na defensa branca. Na primeira media hora De Lucas rozo la escuadra nun lanzamento de falta e Augusto tamén tivo a súa ocasión. No minuto 31 o primeiro tiro a porta do Madrid que deten Javi Varas case sen dificultade, ao contrario que as seguintes de Benzema nas que se loce. O primeiro tempo conclúe cun balón ao longueiro de C. Ronaldo nun remate de cabeza. O segundo tempo comezaba co dominio de Madrid, a lesión do mellor do partido, Alex López, e no minuto 61 gol de churro do Madrid que espertou o Celta e 3 minutos despois Augusto se interna pola banda e cede a Iago Aspas que dentro da área se revolve e bate a Diego López. Chegamos ao minuto 70 e o árbitro inventase un penalti de Javi Varas sobre Kaká, xa que Káka se tira antes de que Javi Varas lle toque (esto nunca pitase na área do Madrid ou do Barcelona), e o Madrid marca o 1-2. A partir de aquí o Celta volcase sobre a área do Madrid e o Madrid perdoa á contra en dous clarísimas ocasións de Higuaín. O Celta no desconto manda ao longueiro un remate de cabeza de Park.

Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Demidov, Túñez, Lago; Augusto, Oubiña, Alex López (Pranjic, 55'), Krohn-Dehli (Park, 80'); De Lucas (Bermejo, 60') e Iago Aspas.
Goles: 1-1, Iago Aspas, tras revolverse na área.
Colexiado: Estrada Fernández, como xa e habitual cando xogan Madrid e Barcelona sempre pitan ao seu favor. Amonestou a De Lucas e Javi Varas.
Estadio: Balaídos, 25.344 espectadores.
Os mellores:
  1. Javi Varas, se a semana pasada fixo o seu peor partido onte fixo un dos seus mellores partidos, parouno practicamente todo.
  2. Alex López, o mellor do partido ata a súa lesión, fixo o que quixo no medio do campo.
  3. Jonny, Cristiano Ronaldo tuvo que buscarse a vida por outro sitio xa que non foi capaz de desbordalo en ningunha ocasión.
Os peores:
  1. De Lucas, esta para retirarse cada vez que xoga non aporta nada e ahora non pode decir que e polo número de encontros xogados coma o ano pasado.
  2. Lago, o peor da defensa e sufriu ante os atacantes brancos, segue coa cabeza noutro lado.
  3. Park, aínda que case empata o partido e un xogador para a segunda división, non entendo como non entrou Orellana xa que o Celta estaba desbordando pola banda de Krohn-Dehli.

Oubiña, Jonny, Alex López e Túñez festexan o gol xunto a Iago Aspas


sábado, 9 de marzo de 2013

Lista de convocados para o Celta - R. Madrid

Adestramento do R. C. Celta
Estes son os 20 convocados para o partido contra o Madrid:
  1. Sergio
  2. ---
  3. Lago
  4. Oubiña
  5. Túñez
  6. Vila
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. Iago Aspas
  11. Pranjic
  12. Cabral
  13. Javi Varas
  14. ---
  15. Demidov
  16. Bellvís
  17. ---
  18. Park
  19. Orellana
  20. Toni
  21. ---
  22. De Lucas
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. Jonny

viernes, 8 de marzo de 2013

Horario da xornada 29, Celta - Barcelona

Estadio de Balaídos na suas mellores galas
Xornada 29:
Celta - Barcelona
Fecha: sábado 30-03-2013
Hora: 18:00 horas
Estadio: Balaídos
Arriba de esquerda a dereita Alex López, Cabral, Oubiña, Túñez, Lago, Javi Varas e Bermejo.
Abaixo de esquerda a dereita Augusto, Iago Aspas, Hugo Mallo e Krohn-Dehli.

martes, 5 de marzo de 2013

Sevilla 4 - Celta 1

A facilidade defensiva e as ocasións desperdiciadas condenan o Celta a maior goleada da tempada na liga.
Orellana ante Medel e Coke
As claves da derrota foron a fraxilidade defensiva do Celta en tres goles (Navas desborda pola banda esquerda de Bellvís, Javi Varas despexa ao centro e Negredo fusila, os tres iguais) aínda non entendo como Túñez non foi convocado se estaba recuperado xa que Cabral esta fatal e Demidov só responde cando xoga con Túñez de compañeiro. Outra clave foi unha "tragada" de Javi Varas a disparo de Medel dende fóra da area (casualidade ou non o peor partido da súa carreira, precisamente contra seu equipo) e por último perdoarlle a vida o Sevilla co 2-1 (Orellana ao pau, man a man de Iago Aspas, ocasión de Bermejo dende fóra do area, Augusto...).
Iago Aspas perseguido por Medel
A crónica do partido describea á perfección o adestrador do Sevilla en rolda de prensa "La brillantez del resultado no ha estado en el terreno, solo han existido chispazos". Espero equivocarme pero este resultado condenan prácticamente ao Celta a estar o ano que vén outra vez en 2ª división, xa que os dous próximos partidos na casa son contra o Madrid e o Barça e fóra contra o Coruña e vendo como estamos fóra de casa de 9 puntos posibles se conseguimos 3 podemos darnos cun canto nos dentes.

Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Cabral, Demidov, Bellvís (Lago, 80'); Augusto (De Lucas, 69'), Oubiña, Alex López, Orellana (Pranjic, 59'); Bermejo e Iago Aspas.
Goles: 2-1, Augusto tras recibir dentro da area un pase de Iago Aspas.
Colexiado: Del Cerro Grande, pasou desapercibido. Amonestou a Jonny.
Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán, uns 15.000 espectadores.
Os mellores:

  1. Augusto, marcou un gol e puido marcar máis.
  2. Orellana, creou bastante peligro incluído un balón o pau.
  3. Iago Aspas, moitas ocasións pero coma casi sempre non as culminou.
Os peores:
  1. Javi Varas, fallou nos catro goles do partido e coma dixen antes o peor partido da súa carreira.
  2. Bellvís, Navas fixo o que quixo pola banda esquerda do Celta.
  3. Cabral, como xa e habitual moi blando e non entendo como pode xogar de titular.
Iago Aspas, Augusto e Alex López celebran o gol

sábado, 2 de marzo de 2013

Lista de convocados para o Sevilla - Celta

Oubiña, Alex López e Natxo Insa nun adestramento (Foto Faro de Vigo)
Esta e a segunda lista de Abel Resino na que destacan as ausencias por decisión técnica de Túñez e Toni e non tanto a de Natxo Insa. Hugo Mallo e Samuel seguen lesionados. Estes son os 18 elixidos:
  1. Sergio
  2. ---
  3. Lago
  4. Oubiña
  5. ---
  6. Vila
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. Iago Aspas
  11. Pranjic
  12. Cabral
  13. Javi Varas
  14. ---
  15. Demidov
  16. Bellvís
  17. ---
  18. Park
  19. Orellana
  20. ---
  21. ---
  22. De Lucas
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. Jonny