Un penalti moi dubidoso, que nunca pitan na área do Madrid, condena o Celta á derrota.
Augusto, Javi Varas e Iago Aspas ao rematar o partido |
Un Celta moi valente non encontra o premio que buscaba ante un R. Madrid que tivo que esperar á axuda que recibe por parte dos seus amigos os árbitros cada xornada para levarse de penalti inexistente os tres puntos de Balaídos. Un gran partido vimos onte en Balaídos cun intercambio de golpes no que o Celta nos primeiros vinte minutos perdonou ao Madrid, máis ben Diego López salvou ao Madrid con tres intervencions de luxo, un man a man a Iago Aspas, nun remate cruzado tamén de Iago Aspas e nun disparo dende fóra da área
Alex López perseguido por Khedira |
de Alex López que se envelenou tras tocar na defensa branca. Na primeira media hora De Lucas rozo la escuadra nun lanzamento de falta e Augusto tamén tivo a súa ocasión. No minuto 31 o primeiro tiro a porta do Madrid que deten Javi Varas case sen dificultade, ao contrario que as seguintes de Benzema nas que se loce. O primeiro tempo conclúe cun balón ao longueiro de C. Ronaldo nun remate de cabeza. O segundo tempo comezaba co dominio de Madrid, a lesión do mellor do partido, Alex López, e no minuto 61 gol de churro do Madrid que espertou o Celta e 3 minutos despois Augusto se interna pola banda e cede a Iago Aspas que dentro da área se revolve e bate a Diego López. Chegamos ao minuto 70 e o árbitro inventase un penalti de Javi Varas sobre Kaká, xa que Káka se tira antes de que Javi Varas lle toque (esto nunca pitase na área do Madrid ou do Barcelona), e o Madrid marca o 1-2. A partir de aquí o Celta volcase sobre a área do Madrid e o Madrid perdoa á contra en dous clarísimas ocasións de Higuaín. O Celta no desconto manda ao longueiro un remate de cabeza de Park.
Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Demidov, Túñez, Lago; Augusto, Oubiña, Alex López (Pranjic, 55'), Krohn-Dehli (Park, 80'); De Lucas (Bermejo, 60') e Iago Aspas.
Goles: 1-1, Iago Aspas, tras revolverse na área.
Colexiado: Estrada Fernández, como xa e habitual cando xogan Madrid e Barcelona sempre pitan ao seu favor. Amonestou a De Lucas e Javi Varas.
Estadio: Balaídos, 25.344 espectadores.
Os mellores:
- Javi Varas, se a semana pasada fixo o seu peor partido onte fixo un dos seus mellores partidos, parouno practicamente todo.
- Alex López, o mellor do partido ata a súa lesión, fixo o que quixo no medio do campo.
- Jonny, Cristiano Ronaldo tuvo que buscarse a vida por outro sitio xa que non foi capaz de desbordalo en ningunha ocasión.
Os peores:
- De Lucas, esta para retirarse cada vez que xoga non aporta nada e ahora non pode decir que e polo número de encontros xogados coma o ano pasado.
- Lago, o peor da defensa e sufriu ante os atacantes brancos, segue coa cabeza noutro lado.
- Park, aínda que case empata o partido e un xogador para a segunda división, non entendo como non entrou Orellana xa que o Celta estaba desbordando pola banda de Krohn-Dehli.
Oubiña, Jonny, Alex López e Túñez festexan o gol xunto a Iago Aspas |
No hay comentarios:
Publicar un comentario