sábado, 16 de marzo de 2013

Coruña 3 - Celta 1

A auto expulsión de Iago Aspas termina co derbi aos 28 minutos e afunde un pouco máis o Celta.

Iago Aspas xusto despois do cabezazo a Marchena
A actitude de Iago Aspas non foi a única clave da derrota en Riazor, tamén podemos destacar a alineación por parte do noso adestrador, Abel Resino, xa que xogarte o partido máis importante do ano (por situación clasificatoria e rivalidade) cos xogadores máis desequilibrantes do equipo no banco de suplentes (Orellana e 
Afección celeste en Riazor
Krohn-Dehli) é un tanto dificil de entender (polo menos para min). Outra clave foi a actitude dalgúns xogadores como De Lucas e Roberto Lago, o primeiro paseouse polo estadio de Riazor durante os 55 minutos que xogou, e o segundo demostrou que o que lle ocorra ao Celta impórtalle unha merda (xa que para o ano que vén xogara noutro equipo) cunha actitude que pouco ten que ver coa que tense que poñer nestes partidos un xogador da casa (vergonza de canteirán), ainda que non me sorprende demasiado xa que leva con esta actitude todo o ano. Para rematar destacar a ausencia de Alex López (lesionado), xa que Pranjic non o fixo mal pero fáltoulle ese punto de presión que pon o xogador de Ferrol.

Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Demidov, Túñez, Lago; Augusto (Krohn-Dehli, 77'), Oubiña, Pranjic, De Lucas (Orellana, 55'); Bermejo (Park, 68') e Iago Aspas.
Goles: 3-1, Park remata dentro do área pequena un bo centro de Krohn-Dehli.
Colexiado: Velasco Carballo, amonestou a Demidov, Túñez, Lago, Krohn-Dehli é expulsou a Iago Aspas.
Estadio: Estadio de Riazor, uns 33.000 espectadores dos cales uns 800 eran do Celta.
Os mellores:
  1. Javi Varas, ¿qué se pode dicir dun equipo que recibe 3 goles e o porteiro é o mellor?.
  2. Oubiña, intentou darlle coherencia e sentido ao xogo pero o resto non o acompañaron.
  3. Os cambios (Orellana, Park e Krohn-Dehli), con estes cambios mellorou o Celta aportándolle ao xogo dinamismo e movilidade.
Os peores:
  1. Iago Aspas, outra auto expulsión do moañes e outra derrota do Celta, espero que lle metan 4 partidos e así poder demostrar que é un xogador infravalorado e moi protexido por ser da casa. ¡¡¡Ollo!!! non digo que sexa malo senón que si non fóra da casa se lle trataría doutro xeito por parte da afección (nos que me incluia ata onte) e o club.
  2. De Lucas, como xa dixen noutras ocasións un xogador que esta acabado desde fai máis dun ano.
  3. Lago, impresentable o deste xogador do barrio do calvario, que se esta rindo dunha cidade, dunha afección e dun club  e que non merece seguir vestindo a nosa camiseta.
A foto da polémica de Hugo Mallo
Agora déixovos a roda de prensa de Hugo Mallo realizado hoxe pola mañá:

No hay comentarios:

Publicar un comentario