martes, 5 de marzo de 2013

Sevilla 4 - Celta 1

A facilidade defensiva e as ocasións desperdiciadas condenan o Celta a maior goleada da tempada na liga.
Orellana ante Medel e Coke
As claves da derrota foron a fraxilidade defensiva do Celta en tres goles (Navas desborda pola banda esquerda de Bellvís, Javi Varas despexa ao centro e Negredo fusila, os tres iguais) aínda non entendo como Túñez non foi convocado se estaba recuperado xa que Cabral esta fatal e Demidov só responde cando xoga con Túñez de compañeiro. Outra clave foi unha "tragada" de Javi Varas a disparo de Medel dende fóra da area (casualidade ou non o peor partido da súa carreira, precisamente contra seu equipo) e por último perdoarlle a vida o Sevilla co 2-1 (Orellana ao pau, man a man de Iago Aspas, ocasión de Bermejo dende fóra do area, Augusto...).
Iago Aspas perseguido por Medel
A crónica do partido describea á perfección o adestrador do Sevilla en rolda de prensa "La brillantez del resultado no ha estado en el terreno, solo han existido chispazos". Espero equivocarme pero este resultado condenan prácticamente ao Celta a estar o ano que vén outra vez en 2ª división, xa que os dous próximos partidos na casa son contra o Madrid e o Barça e fóra contra o Coruña e vendo como estamos fóra de casa de 9 puntos posibles se conseguimos 3 podemos darnos cun canto nos dentes.

Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny, Cabral, Demidov, Bellvís (Lago, 80'); Augusto (De Lucas, 69'), Oubiña, Alex López, Orellana (Pranjic, 59'); Bermejo e Iago Aspas.
Goles: 2-1, Augusto tras recibir dentro da area un pase de Iago Aspas.
Colexiado: Del Cerro Grande, pasou desapercibido. Amonestou a Jonny.
Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán, uns 15.000 espectadores.
Os mellores:

  1. Augusto, marcou un gol e puido marcar máis.
  2. Orellana, creou bastante peligro incluído un balón o pau.
  3. Iago Aspas, moitas ocasións pero coma casi sempre non as culminou.
Os peores:
  1. Javi Varas, fallou nos catro goles do partido e coma dixen antes o peor partido da súa carreira.
  2. Bellvís, Navas fixo o que quixo pola banda esquerda do Celta.
  3. Cabral, como xa e habitual moi blando e non entendo como pode xogar de titular.
Iago Aspas, Augusto e Alex López celebran o gol

No hay comentarios:

Publicar un comentario