jueves, 30 de enero de 2014

Lista de convocados para o Granada - Celta

Augusto no partido da tempada pasada en Granada
Son baixa por decisión técnica Madinda e Toni. Iñigo López a última fichaxe entra na lista e non Bellvís e David Rodríguez que hoxe chegaron a un acordo para desvincularse do Celta. A convocatoria fórmana un total de 19 xogadores polo que Luis Enrique deberá descartar antes do partido a outro xogador.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. Aurtenetxe
  16. ---
  17. ---
  18. ---
  19. Jonny
  20. ---
  21. Iñigo López
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. Augusto
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

lunes, 27 de enero de 2014

2ª división B, xornada 23: Marino Luanco 1 - Celta "B" 1

O filial saca un valioso punto na súa loita pola permanencia no campo do Marino de Luanco e mantén 5 puntos sobre o descenso a terceira.
Ficha:
Alineación: Rubén, Soto, Pablo Crespo, Goldar, Maceira, Antón (Añón, 55'), Borja Domínguez, Borja Fernández (Javi Rey, 80'), Fernán, Juan Delgado (Thaylor, 78') e Borja Iglesias.
Goles: 1-0, Jandro (13'). 1-1, Borja Iglesias (58').
Colexiado: Rezola Etxeberría, amonestou a Maceira e Juan Delgado.
Estadio: Municipal de Miramar, uns 600 espectadores.

sábado, 25 de enero de 2014

Liga, xornada 21: Celta 4 - Betis 2

O Celta volve remontar en Balaídos e acaba goleando o Betis por 4 goles a 2, deixando os sevillanos últimos na táboa e a 11 puntos.
Orellana festexando o seu primeiro gol
O primeiro tempo comezou cun Celta durmido e a primeira ocasión de gol foi para o Betis no lanzamento dunha falta que remata en gol anulado por fóra de xogo de Rubén Castro, o árbitro equivócase. A segunda ocasión tamén foi para o Betis, e esta si rematou en gol, fallo na salida da pelota de Fontás o balón chega á banda dereita do Betis, centran, Batistao en fóra de xogo non chega pero intervén na xogada e Rubén Castro marca a porta baleira, vólvese equivocar o colexiado. Tras o gol, o Celta reaccionou e destrozou ao Betis a base de goles, o primeiro nun centro de Rafinha dende a banda dereita do Celta e cun remate impecable de cabeza de Orellana, poñendo o empate no marcador. No segundo Rafinha ponlle o balón a Hugo Mallo que se coa pola banda dereita e o seu centro remátao tamén coa cabeza Charles dentro da área pequena. O terceiro tanto foi case idéntico ao segundo no centro de Hugo Mallo, despexa mal a defensa o balón cáelle a Charles que cede a Orellana no pico da área pequena e este coloca o balón na escuadra situando o 3 a 1 no electrónico. O Betis respondeu cun remate que se foi a saque de esquina por pouco. A segunda metade foi de dominio visitante pero o Celta cando chegaba creaba perigo e Nolito avisaba estrelando un disparo no pau, e na seguinte ocasión puxo o 4 a 1, tras un mal rexeite da defensa que lle cae a Charles e o seu centro o remata a porta baleira Nolito. O Betis marcou o seu segundo gol no saque dunha falta onde a defensa do Celta se dorme ao igual que Yoel e Rubén Castro marca o seu segundo tanto. Volveuno intentar o Betis nun lanzamento de falta directo de Verdú que sae fóra. Por último o árbitro vólvese equivocar expulsando con cartón vermello directo ao xogador visitante Cedric por unha entrada a rentes do chan sobre Rafinha, xa no tempo de desconto, cunha amarela tería sido suficiente.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, David Costas, Fontás, Jonny; Alex López (Nolito, 68'), Oubiña, Krohn-Dehli (Madinda, 75'); Rafinha, Charles (Bermejo, +90') e Orellana.
Goles: 0-1, Rubén Castro (16'). 1-1, Orellana (22'). 2-1, Charles (29'). 3-1, Orellana (38'). 4-1, Nolito (72'). 4-2, Rubén Castro (78').
Colexiado: Hernández Hernández, mal. Amonestou a Krohn-Dehli e Orellana.
Estadio: Balaídos, 18.957 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Dúbidas. 2.
  • Hugo Mallo. Perigo. 9.
  • David Costas. Normal. 2.
  • Fontás. Regular. 2.
  • Jonny. Cumpridor. 3.
  • Alex López. Irregular. 4.
  • Oubiña. Ben. 3.
  • Krohn-Dehli. Activo. 3.
  • Rafinha. Calidad. 6.
  • Charles. Pichichi. 13.
  • Orellana. O mellor. 15.
  • Nolito. Goleador. 5.
  • Madinda. Estable. 2.
  • Bermejo. Sen tempo. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas

Iñigo López primeira fichaxe do mercado invernal

O defensa central chega cedido del PAOK Salónica ata final de tempada para substituír as baixas de Vila (Beitar) e Samuel (Alavés).
Íñigo López festexando un gol na súa etapa no Granada
Íñigo López Montaña (23 de xullo de 1982, Logroño) empezou a súa carreira como futbolista no C. D. Logroñés. Despois fichou por As Rozas C. F. onde xogou dúas tempadas (2002 - 2004). Das Rozas pasou ao filial do Atlético de Madrid onde xogou 34 partidos e marcou 4 goles durante dúas tempadas (2004 - 2006). O seu seguinte equipo foi a U. D. San Sebastián dos Reis durante unha campaña (2006 - 2007) xogando 27 encontros e marcando 1 tanto. As tres seguintes tempadas (2007 - 2010) xogou na A. D. Alcorcón, sendo un home clave no ascenso a segunda división marcando o gol do ascenso ante o Ontinyent, xogando 85 partidos e marcando 17 goles. Despois ficha polo Granada C. F. onde estivo outras tres tempadas (2010 - 2013), as dúas últimas en primeira división, onde disputou 92 partidos e marcou 8 goles. Este verán a Granada cedeuno por dúas tempadas ao equipo grego PAOK de Salónica, pero ante a falta de minutos no equipo grego decide asinar polo Celta de Vigo ata final de tempada.
Traxectoria:
  • C. D. Logroñés (2002)
  • As Rozas C. F. (2002 / 2004)
  • Atl. Madrid "B" (2004 / 2006)
  • U. D. San Sebastián dos Reis (2006 / 2007)
  • A. D. Alcorcón (2007 / 2010)
  • Granada C. F. (2010 / 2013)
  • PAOK Salónica (2013 / 2014)

viernes, 24 de enero de 2014

Lista de convocados para o Celta - Betis

Oubiña no encontro da tempada pasada
Augusto e baixa por sanción (a LFP asignáballe 3 tarxetas antes do partido contra o Espanyol, pero resulta que tiña 4. LFP + RFEF = MANIPULACIÓN DA COMPETICIÓN). Non entran na lista por decisión técnica Bellvís, David Rodríguez e Toni.
  1. Sergio
  2. Hugo Mallo
  3. Fontás
  4. Oubiña
  5. ---
  6. ---
  7. ---
  8. Alex López
  9. Bermejo
  10. Nolito
  11. Charles
  12. Rafinha
  13. Yoel
  14. Orellana
  15. Aurtenetxe
  16. ---
  17. Madinda
  18. ---
  19. Jonny
  20. ---
  21. ---
  22. Cabral
  23. Krohn-Dehli
  24. ---
  25. ---
  26. ---
  27. ---
  28. ---
  29. Santi Mina
  30. David Costas

martes, 21 de enero de 2014

Horarios das xornadas 23, 24 e 25

 Xornada 23:
Celta - Athletic
Data: luns 10 de febreiro do 2014
Hora: 22:00 horas
Estadio: Balaídos


Xornada 24:
Vilarreal - Celta
Data: sábado 15 de febreiro do 2014
Hora: 22:00 horas
Estadio: O Madrigal



Xornada 25:
Celta - Xetafe
Data: sábado 22 de febreiro do 2014
Hora: 18:00 horas
Estadio: Coliseum Alfonso Pérez


lunes, 20 de enero de 2014

Liga, xornada 20: Espanyol 1 - Celta 0

O Celta perde un partido que dominou dende o minuto 1 pero sen crear ocasións de perigo. Sergio García marcou o gol no minuto 87 gañándolle a partida á defensa no único erro do partido.
Augusto nun lance do xogo
O primeiro que temos que dicir do partido é que foi o máis aburrido do que vai de tempada. Do primeiro tempo podemos destacar un disparo de Jonny dende fóra da área que detén Casilla sen problemas e un saque de esquina de Orellana que se coaba directo e que despexa de puños outra vez Casilla. A primeira e única ocasión do equipo local foi un disparo de Stuani que se paseou pola área ata que despexo a defensa do Celta. Na segunda parte máis do mesmo, a primeira ocasión unha xogada de Orellana, Augusto e Rafinha na que a defensa se adianta a Augusto cando este estaba a punto de disparar só ante Casilla. O Espanyol só creou perigo por medio do seu capitán Sergio García. A ocasión máis clara foi para o equipo local nun saque de falta que remata de cabeza Colotto marcando gol, pero este foi anulado por claro fóra de xogo. Despois ímonos xa ao minuto 87 no saque dunha falta, por certo falta inexistente, no medio do campo que controla Sergio García gañándolle a partida a Fontás e logo a Cabral, no único erro da defensa no partido, e marca só ante Yoel, que nada pode facer no gol. Final en Cornellà-El Prat onde perdemos un punto no único erro do partido.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto (Alex López, 73'), Oubiña, Krohn-Dehli, Rafinha, Santi Mina (Bermejo, 83') e Orellana (Nolito, 67').
Goles: 1-0, Sergio García (87').
Colexiado: Prieto Iglesias, regular. Amonestou a Augusto.
Estadio: Cornellà-El Prat, 13.710 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 4.
  • Hugo Mallo. Sólido. 4.
  • Cabral. Firme. 4.
  • Fontás. Normal. 4.
  • Jonny. Serio. 9.
  • Augusto. Loitador. 7.
  • Oubiña. Regular. 3.
  • Krohn-Dehli. Irregular. 3.
  • Rafinha. Incansable. 4.
  • Santi Mina. Mal. 3.
  • Orellana. O mellor. 12.
  • Nolito. Desaparecido. 1.
  • Alex López. Desapercibido. 1.
  • Bermejo. Sen tempo. 1.
*Reparto de puntos en estadísticas.