sábado, 25 de enero de 2014

Iñigo López primeira fichaxe do mercado invernal

O defensa central chega cedido del PAOK Salónica ata final de tempada para substituír as baixas de Vila (Beitar) e Samuel (Alavés).
Íñigo López festexando un gol na súa etapa no Granada
Íñigo López Montaña (23 de xullo de 1982, Logroño) empezou a súa carreira como futbolista no C. D. Logroñés. Despois fichou por As Rozas C. F. onde xogou dúas tempadas (2002 - 2004). Das Rozas pasou ao filial do Atlético de Madrid onde xogou 34 partidos e marcou 4 goles durante dúas tempadas (2004 - 2006). O seu seguinte equipo foi a U. D. San Sebastián dos Reis durante unha campaña (2006 - 2007) xogando 27 encontros e marcando 1 tanto. As tres seguintes tempadas (2007 - 2010) xogou na A. D. Alcorcón, sendo un home clave no ascenso a segunda división marcando o gol do ascenso ante o Ontinyent, xogando 85 partidos e marcando 17 goles. Despois ficha polo Granada C. F. onde estivo outras tres tempadas (2010 - 2013), as dúas últimas en primeira división, onde disputou 92 partidos e marcou 8 goles. Este verán a Granada cedeuno por dúas tempadas ao equipo grego PAOK de Salónica, pero ante a falta de minutos no equipo grego decide asinar polo Celta de Vigo ata final de tempada.
Traxectoria:
  • C. D. Logroñés (2002)
  • As Rozas C. F. (2002 / 2004)
  • Atl. Madrid "B" (2004 / 2006)
  • U. D. San Sebastián dos Reis (2006 / 2007)
  • A. D. Alcorcón (2007 / 2010)
  • Granada C. F. (2010 / 2013)
  • PAOK Salónica (2013 / 2014)

No hay comentarios:

Publicar un comentario