lunes, 20 de enero de 2014

Liga, xornada 20: Espanyol 1 - Celta 0

O Celta perde un partido que dominou dende o minuto 1 pero sen crear ocasións de perigo. Sergio García marcou o gol no minuto 87 gañándolle a partida á defensa no único erro do partido.
Augusto nun lance do xogo
O primeiro que temos que dicir do partido é que foi o máis aburrido do que vai de tempada. Do primeiro tempo podemos destacar un disparo de Jonny dende fóra da área que detén Casilla sen problemas e un saque de esquina de Orellana que se coaba directo e que despexa de puños outra vez Casilla. A primeira e única ocasión do equipo local foi un disparo de Stuani que se paseou pola área ata que despexo a defensa do Celta. Na segunda parte máis do mesmo, a primeira ocasión unha xogada de Orellana, Augusto e Rafinha na que a defensa se adianta a Augusto cando este estaba a punto de disparar só ante Casilla. O Espanyol só creou perigo por medio do seu capitán Sergio García. A ocasión máis clara foi para o equipo local nun saque de falta que remata de cabeza Colotto marcando gol, pero este foi anulado por claro fóra de xogo. Despois ímonos xa ao minuto 87 no saque dunha falta, por certo falta inexistente, no medio do campo que controla Sergio García gañándolle a partida a Fontás e logo a Cabral, no único erro da defensa no partido, e marca só ante Yoel, que nada pode facer no gol. Final en Cornellà-El Prat onde perdemos un punto no único erro do partido.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Augusto (Alex López, 73'), Oubiña, Krohn-Dehli, Rafinha, Santi Mina (Bermejo, 83') e Orellana (Nolito, 67').
Goles: 1-0, Sergio García (87').
Colexiado: Prieto Iglesias, regular. Amonestou a Augusto.
Estadio: Cornellà-El Prat, 13.710 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Ben. 4.
  • Hugo Mallo. Sólido. 4.
  • Cabral. Firme. 4.
  • Fontás. Normal. 4.
  • Jonny. Serio. 9.
  • Augusto. Loitador. 7.
  • Oubiña. Regular. 3.
  • Krohn-Dehli. Irregular. 3.
  • Rafinha. Incansable. 4.
  • Santi Mina. Mal. 3.
  • Orellana. O mellor. 12.
  • Nolito. Desaparecido. 1.
  • Alex López. Desapercibido. 1.
  • Bermejo. Sen tempo. 1.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario