lunes, 11 de enero de 2016

Liga, xornada 19: Celta 0 - Atl. Madrid 2

O Celta perde o seu terceiro partido seguido en Liga e termina a primeira volta en quinta posición e en posto de Europa League.
Os xogadores ao final do partido [Foto Marta G. Brea]
O partido foi un monologo por parte do Celta que dominou o encontro de principio a fin ante un rival que só saía á contra, a primeira metade terminou con empate a cero. Nada máis empezar a segunda metade gol do Atl. Madrid (49'). No minuto 73 Guidetti entraba por Radoja. Seis minutos despois o Atl. Madrid marcaba o segundo. Borja Fernández entraba por Pablo Hernández e cinco minutos despois Señé entraba por Bongonda.
A primeiros de decembro, o Celta era cuarto loitando pola terceira praza co Atl. Madrid e foi entón cando un equipo que non xoga a nada a parte de facer faltas (a maioría bastante duras, pero como sempre xogan coa vantaxe do árbitro, que a eles si lle permiten dar patadas), decidiu manipular a competición co consentimento da LFP e RFEF que anos atrás modificou a lei para favorecer aos tres de sempre. Esta manipulación da competición non foi outra que fichar ao capitán (e mercenario) do Celta, Augusto Fernández, debilitando a un equipo pequeno que ousaba plantarlle cara aos tres de sempre. A fichaxe fíxose oficial a finais de decembro e desde entón só falanban do sinvergonza de Augusto e non do Athletic, nin do Málaga e por último do Atl. Madrid (regreso do traidor a Balaídos). Por último dicirlle ao Señor Mouriño cando vai dar explicacións pola venda do capitán do equipo por catro duros...

FICHA:
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Radoja (Guidetti, 73'), Pablo Hernández (Borja Fernández, 80'); Wass, Orellana, Bongonda (Señé, 85'); e Iago Aspas.
[2] Atlético de Madrid: Oblak, Juanfran, Giménez, Godín, Filipe Luis, Gabi, Saúl, Augusto (Carrasco, 54'), Koke, Griezmann (Gámez, 82') e Vietto (Jackson, 75').
Colexiado: De Burgos Bengoetxea, mal. Amonestou a Pablo Hernández e Radoja polo Celta e a Filipe Luis polo Atl. Madrid.
Goles: 0-1, Griezmann (49'). 0-2, Carrasco (79').
Estadio: Balaídos, 13.550 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Hugo Mallo [5]
  • Cabral [5'5]
  • Sergi Gómez [5'5]
  • Jonny [5]
  • Radoja [5]
  • Guidetti [5]
  • Pablo Hernández [5]
  • Borja Fernández [5]
  • Wass [5'5]
  • Orellana [6'5]
  • Bongonda [5]
  • Señé [-]
  • Iago Aspas [4]

No hay comentarios:

Publicar un comentario