O Celta golea ao Cádiz a domicilio, con dous goles de Guidetti e outro de Jonny, e salvo sorpresa no partido de volta estará no sorteo de cuartos de final.
Guidetti celebrando un dos dous goles [Foto EFE] |
Os primeiros minutos foron de dominio local que volvían tolo a Planas pola banda esquerda. Co paso dos minutos o Celta fíxose co dominio do centro do campo, cun gran Radoja, e no minuto 24 pase de Orellana para Guidetti que cun forte disparo bate o meta local. Ata o descanso pouco que sinalar. Tras a continuación Hugo Mallo entraba por Cabral. A segunda parte foi un dominio total do Celta e no minuto 57 Madinda pasa a Jonny e o seu disparo cóase no fondo da rede tras tocar nun defensa. Tres minutos despois Señé entraba por Orellana e no 74 Wass facia o mesmo por Radoja. Cinco minutos despois centro de Jonny, espectacular remate de chilena de Señé, rexeita o porteiro e Guidetti de cabeza marca o terceiro. O marcador xa non de movería.
FICHA:
[0] Cádiz C.F.: Pol Ballesté, Luis Pavez, Aridane, Josete, Andrés, David Sánchez, Mantecón (Álvaro, 57'), Salvi, Quintana, Fran Machado (Abel Gómez, 74') e Lolo Plá (Guiza, 77').
[3] Celta de Vigo: Rubén; Jonny, Cabral (Hugo Mallo, 46'), Sergi Gómez, Planas; Radoja (Wass, 74'), Borja Fernández, Madinda; Orellana (Señé, 60'), Drazic e Guidetti.
Colexiado: Undiano Mallenco, normal. Amonestou a Andrés polo Cádiz.
Goles: 0-1, Guidetti (24'). 0-2, Jonny (57'). 0-3, Guidetti (79').
Estadio: Ramón de Carranza, uns 10.000 espectadores.
Notas:
- Rubén [6'5]
- Jonny [8'5]
- Cabral [6'5]
- Hugo Mallo [6'5]
- Sergi Gómez [6'5]
- Planas [4'5]
- Radoja [8'5]
- Wass [5'5]
- Borja Fernández [6'5]
- Madinda [7'5]
- Orellana [7'5]
- Señé [6]
- Drazic [5'5]
- Guidetti [9]
No hay comentarios:
Publicar un comentario