lunes, 7 de diciembre de 2015

Liga, xornada 14: Betis 1 - Celta 1

O Celta salva un punto no Benito Villamarín tras xogar cun home menos desde o minuto 47 pola expulsión de Jonny. Bongonda marcou o gol do Celta.
Iago Aspas, Nolito, Wass e Orellana felicitan a Bongonda tras marcar o belga o 0-1 [Foto AFP]
A primeira parte foi moi igualada, a primeira ocasión tívoa o Celta cun dous para dous pero Nolito e Iago Aspas estiveron moi lentos. Tras un saque de esquina local Sergio realizou unha parada espectacular desviando outra vez a córner un remate desde fóra da área do Betis. Pouco despois Sergio volveuse a lucir sacando un pé salvador nun man a man cun xogador local. No minuto 24 bo pase de Nolito entre a defensa para Bongonda que este transforma no 0-1. O Celta controlou sen problemas os ataques do Betis ata o descanso. Nada máis empezar a segunda parte, minuto 47, Jonny perde un balón e agarra ao dianteiro local, o árbitro pita a falta e expulsa ao defensor céltico. A falta a estrela no pau Joaquín. No minuto 50 o canteirán Diego Alende debutaba co primeiro equipo tras substituír a Bongonda. A partir de aquí o Celta limítase a defender e a saír á contra. No minuto 76 Borja Fernández entraba por Iago Aspas. Tanto o buscou o Betis que no minuto 82 conseguía empatar o partido. Nolito puido marcar o 1-2 pero precipitoúse no disparo. Aos 87 minutos Guidetti saltaba ao campo por Nolito. Un punto e seguimos en postos Champions.

FICHA:
[1] Real Betis: Dani Giménez, Piccini, Bruno, Westermann (Van der Var, 74'), Varela, Joaquín, N'Diaye (Vadillo, 62'), Petrós, Cejudo (Jorge Molina, 54'), Ceballos e Rubén Castro.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Jonny, Planas; Augusto, Wass; Bongonda (Alende, 50'), Orellana, Nolito (Guidetti, 87'); e Iago Aspas (Borja Fernández, 76').
Colexiado: Hernández Hernández, ben. Amonestou a Bruno, N'Diaye, Petrós, Jorge Molina e Ceballos polo Betis e a Bongonda, Planas e Nolito polo Celta, expulsou a Jonny con vermella directa (47').
Goles: 0-1, Bongonda (24'). 1-1, Jorge Molina (82').
Estadio: Benito Villamarín, 33.762 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7'5]
  • Hugo Mallo [6]
  • Cabral [7]
  • Jonny [3]
  • Planas [4'5]
  • Augusto [6]
  • Wass [5]
  • Bongonda [7]
  • Alende [5'5]
  • Orellana [6'5]
  • Nolito [5'5]
  • Guidetti [-]
  • Iago Aspas [5]
  • Borja Fernández [5'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario