jueves, 3 de diciembre de 2015

Copa, 1/16 ida: Almería 1 - Celta 3

O Celta gaña en Almería (1-3) e case sentencia a eliminatoria, onde os suplentes demostráronlle a Berizzo que poden xogar máis minutos en liga.
Iago Aspas, goleador, e Pablo Hernández, asistente, nos dous primeiros goles [Foto LOF]
Aos 5 minutos gran centro de Señé desde a esquerda e remate de Iago Aspas que sae fóra por pouco. No minuto 15 gran pase en longo de Pablo Hernández para Iago Aspas que este transforma no 0-1 cun zurdazo que se coa pola escuadra. Madinda estivo a piques de marcar o segundo pero o seu lanzamento de falta sae rozando o pau. No minuto 34 outra vez Pablo Hernández saca un gran pase para Iago Aspas e este bate con calidade ao meta local, 0-2. A falta de 2 minutos para o final erro de Cabral que lle cede a pelota o dianteiro local e este bate a Rubén, o Celta regala outro gol como vén sendo habitual. No último minuto Rubén evitou o empate a 2 cunha gran parada. A segunda metade tivo pouco que destacar, no minuto 63 Guidetti entraba ao terreo de xogo por Iago Aspas. No minuto 73 Hugo Mallo entraba por un desaparecido Wass. Un minuto despois gran pase de Hugo Mallo para Drazic que controla (de forma maxistral) e remata, o meta local rexeita e Guidetti moi atento marca o 1-3. A continuación Bongonda entraba por Madinda. O árbitro fatal, non pitou un penalti ao Almería de Planas e perdoulle en 2 ocasións a expulsión ao equipo local, na súa liña.

FICHA:
[1] U.D. Almería: Julián Cuesta, Antonio Marín, Cuéllar, Michel Zabaco, Dubarbier (Adri, 70'), Fatau, Puertas (Joaquín, 70'), Soriano (Montoro, 59'), Eldin, Pozo e Cristian.
[3] Celta de Vigo: Rubén Blanco; Wass (Hugo Mallo, 73'), Cabral, Jonny, Planas; Borja Fernández, Pablo Hernández; Drazic, Madinda (Bongonda, 75'), Señe; e Iago Aspas (Guidetti, 63').
Colexiado: Gil Manzano, mal. Amonestou a Cuéllar e Fatau polo o Almería e a Iago Aspas polo Celta.
Goles: 0-1, Iago Aspas (15'). 0-2, Iago Aspas (34'). 1-2, Pozo (43'). 1-3, Guidetti (74').
Estadio: Xogos do Mediterráneo, 3.798 espectadores.
Notas:
  • Rubén [6]
  • Wass [3'5]
  • Hugo Mallo [6]
  • Cabral [4]
  • Jonny [6]
  • Planas [4'5]
  • Borja Fernández [6]
  • Pablo Hernández [9]
  • Drazic [6]
  • Madinda [6'5]
  • Bongonda [5]
  • Señé [7]
  • Iago Aspas [8'5]
  • Guidetti [6]

No hay comentarios:

Publicar un comentario