O Celta mostra dúas caras en Eibar (primeira mala, segunda boa) e déixase dous puntos no sempre difícil campo de Ipurúa grazas ao gol de Iago Aspas.
Iago Aspas festexa o gol coa afección xunto a Nolito e Drazic [www.atlantico.net] |
Nada máis comezar saque de esquina do Eibar, erro de Jonny na marcaxe e gol do Eibar, minuto 2. O Celta puido empatar nunha gran xogada de Bongonda que se foi de dous rivais en velocidade pero o seu disparo sae fóra. Tamén o tentou Pablo Hernández cun remate de cabeza que sae fóra. Con dominio estéril do Celta chegabamos ao descanso. Tras o descanso Iago Aspas saltaba ao terreo de xogo por Pablo Hernández. Puido marcar Orellana cun forte disparo. O Eibar puido sentenciar pero Sergio realizou unha parada salvadora a disparo de Borja Bastón. No minuto 60 penalti non sinalado tras man do defensor nun centro de Nolito. Wass entraba por Radoja. O Celta seguía dominando. No minuto 75 Drazic facía o seu debut en liga ao entrar por Bongonda e un minuto despois gran centro de Jonny o corazón da área que remata Iago Aspas ao fondo da rede, 1-1. Despois o Eibar reclamou un posible penalti sobre Juncá. 1-1 e seguimos invictos.
FICHA:
[1] S.D. Eibar: Riesgo, Pantic, Capa, Inui (Simone, 78'), Sergi Enrich, Dani García, Dos Santos, Juncá, Borja Bastón (Arruabarrena, 91'), Saúl Berjón (Silvestre, 68') e Adrián.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Jonny, Sergi Gómez, Cabral, Planas; Augusto, Radoja (Wass, min.60); Bongonda (Drazic, 75'), Pablo Hernández (Iago Aspas, 46'), Orellana; e Nolito.
Colexiado: Pérez Montero, regular. Amonestou a Capa, Sergi Enrich, Dani García, Adrián e Dos Santos polo Eibar e a Pablo Hernández, Radoja, Orellana e Augusto polo Celta.
Goles: 1-0, Borja Bastón (2'). 1-1, Iago Aspas (76').
Estadio: Ipurúa, 4.880 espectadores.
Notas:
- Sergio [7]
- Jonny [6'5]
- Sergi Gómez [6]
- Cabral [6]
- Planas [5]
- Augusto [6'5]
- Radoja [6]
- Wass [6]
- Bongonda [6'5]
- Drazic [6]
- Pablo Hernández [5]
- Iago Aspas [7'5]
- Orellana [7]
- Nolito [6'5]
No hay comentarios:
Publicar un comentario