O Celta humilla ao campión de Liga, Copa e Champions cunha contundente goleada, 4-1, con goles de Nolito, Iago Aspas (2) e Guidetti.
|
Once inicial [Foto Marta Grande] |
Bo inicio do Celta que dominaba con absoluta contundencia ao campión, aínda que este obrigou a Sergio a intervir con éxito en dúas xogadas puntuais. No minuto 25 centro de Hugo Mallo desde a dereita, Nolito controla no pico da área esquerdo e coloca o balón na escuadra marcando un golazo e colocando o 1-0 no marcador. Cinco minutos despois presión asfixiante do Celta no medio campo que Nolito aproveita para roubarlle a pelota coa cabeza a Pique deixando a Iago Aspas só ante Ter Stegen, definindo de forma maxistral picando o esférico por encima do porteiro e poñendo o 2-0. O Celta seguiu dominando toda a primeira parte pero sen poder marcar o terceiro. Na segunda parte Iago Aspas puido marcar tras un roubo de Wass pero o seu disparo sae rozando o pau. O Barcelona tivo unha xogada clarísima para acurtar distancias pero o disparo de Messi estrélase contra o pau. No minuto 56 o Barcelona saca un corner, rouba o Celta e Nolito pasa a Iago Aspas que lle fai un sombreiro a Alves no medio do campo e vaise en velocidade só diante de Ter Stegen marcando o 3-0. O Barcelona veuse arriba obrigando a Sergio a realizar varias paradas de mérito. No minuto 75 Pablo Hernández entraba por Radoja e un minuto despois Guidetti facía o mesmo por Iago Aspas. No minuto 79 Neymar marcaba o 3-1 pero cinco minutos despois internado de Hugo Mallo pola dereita que centra Guidetti controla e fusila a Ter Stegen marcando o seu primeiro gol en liga e poñendo o marcador nun contundente 4-1. Wass abandonaba o terreo de xogo por Planas no minuto 84, festa en Balaídos e colíderes.
FICHA:
[4] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Sergi Gómez, Cabral, Jonny; Augusto, Radoja (Pablo Hernández, 75'); Orellana, Wass (Planas, 84'), Nolito; e Iago Aspas (Guidetti, 76').
[1] F.C. Barcelona: Ter Stegen, Dani Alves, Piqué, Mascherano, Mathieu, Busquets (Rakitic, 66'), Sergi Roberto (Munir, 57'), Iniesta, Neymar, Messi e Luis Suárez.
Colexiado: Undiano Mallenco, mal. Amonestou a Hugo Mallo e Sergi Gómez polo Celta e a Busquets e Neymar polo Barcelona.
Goles: 1-0, Nolito (25'). 2-0, Iago Aspas (29'). 3-0, Iago Aspas (56'). 3-1, Neymar (79'). 4-1, Guidetti (83').
Estadio: Balaídos, 23.311 espectadores.
Notas:
- Sergio [9]
- Hugo Mallo [8'5]
- Sergi Gómez [8]
- Cabral [8]
- Jonny [8'5]
- Augusto [10]
- Radoja [9]
- Pablo Hernández [6]
- Orellana [9]
- Wass [9]
- Planas [-]
- Nolito [9'5]
- Iago Aspas [9'5]
- Guidetti [7'5]
No hay comentarios:
Publicar un comentario