viernes, 31 de octubre de 2014

Lista de convocados para o Barcelona - Celta

Jonny no encontro da tempada pasada en Barcelona
Son baixa por lesión Borja Oubiña, Carles Planas e Augusto Fernández. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández. Antes do partido o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte xa que convocou a 19 xogadores.
  • 01. Sergio
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles
  • 10. Nolito
  • 11. Larrivey
  • 13. Rubén
  • 14. Orellana
  • 15. Costas
  • 17. Madinda
  • 19. Jonny
  • 20. Sergi Gómez
  • 22. Cabral
  • 23 Krohn-Dehli
  • 28. Borja Fernández

lunes, 27 de octubre de 2014

2ª división B, xornada 10: Celta "B" 0 - Sp. Xixón "B" 3

FICHA:
[0] Celta "B": Iván Villar, Soto, Goldar, De Amo, Samu (Casas, 26'), Borja Fernández, Jordan, Omar Santana (Javi Que, 46'), Pucheta, Luis Rioja (Youssef, 73') e Borja Iglesias.
[3] Sp. Xixón "B": Dennis, Benito, Alberto, Meré, Viesca, Acama, Tato, Bustos, Mera, Guille (Jaime, 57') e Mendi (Álex García, 75').
Colexiado: Juan Bustos. Amonestou a Pucheta e Borja Fernández, e expulsou por dobre amonestación a Goldar (65').
Goles: 0-1, Mendi (29'). 0-2, Bustos (41'). 0-3, Mendi (69').
Estadio: Barreiro, uns 800 espectadores.

Liga, xornada 9: Celta 3 - Levante 0

O Celta golea ao Levante (3-0), con goles de Larrivey por partida dobre e Álex López, nun mal partido.
Pablo Hérnandez e Cabral felicitan a Larrivey
O peor partido do Celta en Balaídos no que vai de tempada, o Levante só se achegou á meta de Sergio no primeiro minuto pero sen perigo. O Celta dominou ao Levante todo o primeiro período e no minuto 26 Santi Mina pasa a Pablo Hernández e este dálle un gran pase a Larrivey, que esta en fóra de xogo, e este bate ao meta visitante, 1-0. O Celta puido poñer o 2-0 no marcador tras unha boa xogada de Nolito que pasa a Larrivey e este remata cruzado rozando o pau. Neste primeiro tempo non hai moito máis que contar. O Levante saliu máis enchufado na segunda metade e tivo varios centros á área pero sen perigo, aínda que puido empatar nun gran lanzamento dende fóra da área que estrelouse no longueiro de Sergio. No minuto 69 Santi Mina cedíalle o seu posto a Madinda e no 77 Álex López entraba por Pablo Hernández. A oito minutos para o final pase en longo de Álex López para Nolito, este para Larrivey que a deixa pasar e o defensa devolvella a Nolito que dispara, despexa o porteiro e Larrivey de cabeza marca o 2-0. Tras o gol Larrivey abandona o terreo de xogo por Charles. No minuto 90, Álex López rouba o balón no centro do campo, avanza e lanza un disparo dende lonxe que traga o porteiro vigués do Levante, 3-0. Suma e segue.

FICHA:
[3] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Radoja, Pablo Hernández (Álex López, 77'), Krohn-Dehli; Santi Mina (Madinda, 69'), Nolito e Larrivey (Charles, 82').
[0] Levante U. D.: Diego Mariño, Pedro López, Rodas, Juanfran, Nikos, Diop, Rubén (Xumetra, 46'), Morales (Víctor Casadesús, 46'), Ivanschitz, Simao (Sissoko, 72') e Barral.
Colexiado: Teixeira Vitienes, regular. Amonestou a Xumetra, Simao e Pedro López polo Levante.
Goles: 1-0, Larrivey (26'). 2-0, Larrivey (82'). 3-0, Álex López (90').
Estadio: Balaídos, 19.231 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5'5]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Cabral [6'5]
  • Sergi Gómez [6]
  • Jonny [6]
  • Radoja [6'5]
  • Pablo Hernández [7]
  • Álex López [6'5]
  • Krohn-Dehli [6]
  • Santi Mina [5]
  • Madinda [5'5]
  • Nolito [7]
  • Larrivey [8]
  • Charles [-]

jueves, 23 de octubre de 2014

Lista de convocados para o Celta - Levante

Esperemos que mañá non haxa apagón en Balaídos
Son baixa por lesión Andreu Fontás, Borja Oubiña e Augusto Fernández. Fabián Orellana é baixa por sanción. Entra na lista o xogador do filial Borja Fernández.
  • 01. Sergio
  • 02. Hugo Mallo
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles
  • 10. Nolito
  • 11. Larrivey
  • 13. Rubén
  • 15. Costas
  • 17. Madinda
  • 19. Jonny
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Planas
  • 22. Cabral
  • 23. Krohn-Dehli
  • 28. Borja Fernández

Horarios das xornadas 13, 14 e da ida dos dezaseisavos de final da Copa

Xornada 13
Celta - Eibar
Data: venres 28 sábado 29 de novembro do 2014
Hora: 20:45 22:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV Cuatro
Estadio: Balaídos



Dezaseisavos de final (ida)
As Palmas - Celta
Data: martes 2 de decembro do 2014
Hora: 22:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Gran Canaria



Xornada 14
R. Madrid - Celta
Data: sábado 6 de decembro do 2014
Hora: 20:00 horas
Televisión: C+ 1
Estadio: Santiago Bernabéu

lunes, 20 de octubre de 2014

2ª división B, xornada 9: Oviedo 5 - Celta "B" 1

FICHA:
[5] Oviedo: Esteban, Nacho López, Vila, Sergio Sánchez, David Fernández, Susaeta, Jon Erice, Omgba, Señe (Sergio García, 57'), Héctor Font (Eneko, 70') e Linares (Diego Cervero, 82').
[1] Celta "B": Óscar Santiago, Soto, Javi Rey (Yelko Pino, 65'), Goldar, Samu, Luis Rioja, De Amo (Thaylor, 78'), Borja Domínguez, Jordan, Omar Santana (Pucheta, 65') e Borja Iglesias.
Colexiado: Alemán Pérez. Amonestou Thaylor e Goldar e expulsou por dobre amonestación a Borja Domínguez (65').
Goles: 1-0, Linares (20'). 2-0, Linares (49'). 3-0, Linares (72'). 3-1, Borja Iglesias (73'). 4-1, Soto en propia porta (86'). 5-1, Omgba (89').
Estadio: Carlos Tartiere, 11.528 espectadores.

A U.D As Palmas primeiro rival do Celta na Copa

Así quedou o sorteo ata a final
O Celta enfróntase á U. D. As Palmas do exadestrador do Celta Paco Herrera. A ida xogarase no Estadio de Gran Canaria o 3 de decembro e a volta o 17 de decembro en Balaídos. Se pasamos esta rolda enfrontarémonos en oitavos de final co gañador do Alcoiano - Athletic e se tamén pasamos podería haber derbi en cuartos de final.

domingo, 19 de octubre de 2014

Liga, xornada 8: Athletic 1 - Celta 1

O Celta suma un punto en San Mamés (1-1) e continua sen perder lonxe de Balaídos e en postos de Europa League.
Orellana foi un pesadelo para a defensa do Athletic
O partido comezou cun Athletic envorcado cara á área do Celta e aos 5 minutos o colexiado sinalou penalti por man inexistente de Sergi Gómez tras remate de cabeza de Aduriz, que o propio dianteiro vasco transformou enganando a Sergio. A continuación internada pola outra banda con remate desviado do Athletic. O Celta só chegaba con pases longos de Nolito para Orellana, moi activos durante todo o partido. Aos 22 minutos Aduriz remata só de cabeza tras un saque de esquina e Sergio saca unha man maxistral evitando o 2-0. O Celta puido empatar cun bo pase de Orellana para Krohn-Dehli, pero o seu centro non atopou a Larrivey. O Athletic marcaría o 2-0 pero o árbitro anúlao por saír o balón pola liña de fondo, moi dubidoso, tras confiarse Planas. O partido chegaba ao descanso con 1-0 no marcador. Nada máis empezar a segunda metade, gol ben anulado ao Athletic por fóra de xogo. Aos 59 minutos Pablo Hernández entraba por Krohn-Dehli. A seguinte ocasión de perigo foi de Aduriz que remata mal só ante Sergio. No minuto 71 Álex López deixaba o seu sitio a Charles. O Celta fíxose co control do partido e no minuto 72 gran xogada do celta con pase de Larrivey para Orellana, este abre á banda para Nolito que encara e pasa a Orellana, este devólvella e o andaluz bate a Iraizoz poñendo o 1-1 no electrónico. O canteirán Borja Fernández entraba ao terreo de xogo por Larrivey no minuto 80. A falta de 2 minutos para o final Orellana rodeado de 3 contrarios invéntase un taconazo para Pablo Hernández e este realiza un gran pase longo para Nolito que controla espectacular pero a súa vaselina sae por enriba do longueiro. No desconto o Athletic inténtouno cun lanzamento de falta que Sergio atrapa sen problemas.

FICHA:
[1] Athletic de Bilbao: Iraizoz, Iraola (Beñat, 77'), Balenziaga, Laporte, Gurpegui, Iturraspe, Mikel Rico (Toquero, 80'), De Marcos, Muniain (Ibai, 63'), Aduriz e Susaeta.
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Planas; Radoja, Álex López (Charles, 71'), Krohn-Dehli (Pablo Hernández, 59'); Orellana, Nolito e Larrivey (Borja Fernández, 80').
Colexiado: Fernández Borbalán, mal. Amonestou a Muniain , Iraola e Iturraspe polo o Athletic, e a Planas, Charles e Orellana polo Celta.
Goles: 1-0, Aduriz de penalti (5'). 1-1, Nolito (72').
Estadio: San Mamés, uns 50.000 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7'5]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Cabral [6]
  • Sergi Gómez [5'5]
  • Planas [5'5]
  • Radoja [5]
  • Álex López [7]
  • Charles [5'5]
  • Krohn-Dehli [5'5]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Orellana [7]
  • Nolito [7'5]
  • Larrivey [5]
  • Borja Fernández [5]

viernes, 17 de octubre de 2014

Lista de convocados para o Athletic - Celta

Encontro da tempada pasada en San Mamés
Son baixa por lesión Andreu Fontás, Borja Oubiña e Augusto Fernández. Non entra na lista por decisión técnica Levy Madinda. Entran na lista os xogadores do filial Borja Fernández e David Goldar. Antes do partido o adestrador Eduardo Berizzo terá que facer un descarte xa que convocou a 19 xogadores.
  • 01. Sergio
  • 02. Hugo Mallo
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles
  • 10. Nolito
  • 11. Larrivey
  • 13. Rubén
  • 14. Orellana
  • 15. Costas
  • 19. Jonny
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Planas
  • 22. Cabral
  • 23. Krohn-Dehli
  • 28. Borja Fernández
  • 29. Goldar

miércoles, 15 de octubre de 2014

2ª división B, xornada 8: Celta "B" 0 - Somozas 0

FICHA:
[0] Celta "B": Óscar Santiago, Kevin (Goldar, 76'), De Amo, Soto, Samu, Javi Rey, Yelko Pino (Thaylor, 63'), Julio Delgado, Omar Santana (Jordan, 57'), Luis Rioja e Borja Iglesias.
[0] Somozas: Reguero, Pablo, Dopico, Fiuza, Javi Rosa, Edi, Sergio, Héber (Rubén González, 69'), Luis Ángel (Ares, 87'), Stefan (Joseba, 63') e Yordi Martí.
Colexiado: Sánchez Seco. Amonestou a Samu.
Goles: ---
Estadio: Balaídos, uns 2.500 espectadores.

lunes, 6 de octubre de 2014

2ª división B, xornada 7: Compostela 1 - Celta "B" 2

FICHA:
[1] Compostela: Ramón, Josu, Alcañiz, Portela, Jimmy, Iván Moya (Teles, 60'), Manu Moreira, Fondevilla, Manu Rodríguez (Mon, 67'), Quim Araujo (Mensha, 67') e Borja Navarro.
[2] Celta "B": Óscar Santiago, Kevin, Godar, De Amo, Samu, Borja Fernández, Borja Domínguez, Thaylor (Julio Delgado, 65'), Yelko Pino (Javi Rey, 81'), Jordan (Fernán, 67') e Borja iglesias.
Colexiado: Vicente Moral. Amonestou a Kevin, Goldar, Borja Fernández, Julio Delgado e Samu.
Goles: 0-1, Borja Iglesias (12'). 0-2, Thaylor (58'). 1-2, Jimmy (86').
Estadio: San Lázaro, 1.330 espectadores.

Liga, xornada 7: Celta 1 - Vilarreal 3

A mala actuación do árbitro, acompañado dun mal minuto condenan ao Celta á súa primeira derrota da tempada.
O sinvergonza de Álvarez Izquierdo mostra a primeira tarxeta amarela a Fontás por non facer nada
Os primeiros 15 minutos foron moi igualados e sen apenas ocasións de gol. As primeiras foron de Nolito, primeiro nunha parede con Krohn-Dehli que o seu disparo o rexeita o meta visitante e a segunda cun remate dentro da área a pase de Hugo Mallo que sae por enriba do longueiro. No minuto 27 primeira tarxeta amarela para Fontás por unha falta inexistente no centro do campo. Aos 32 minutos contra rápida do Vilarreal e gol con posible fóra de xogo de Uche. Un minuto despois tiro dende fóra da área que bate a Sergio poñendo o 0-2. O equipo visitante puido senteciar nun saque de esquina que remata de cabeza un defensa que sae rozando o pau. A partir de aquí o Celta foi a por todas e Krohn-Dehli dispara dende fóra da área directo á escuadra pero o meta visitante saca unha man prodixiosa despexando a corner. No minuto 44 presión de Nolito ao defensa que rouba o balón, este chega a Larrivey que se planta diante do porteiro e pon o 1-2 no marcador. Na última xogada da primeira metade Orellana foise de todos os defensas e con toda a porta para el dispara desviado. A primeira ocasión da segunda parte foi para o Vilarreal tras axudarse coa man diante do colexiado pero o seu tiro despéxao Sergio. O Celta puido empatar tras un saque de esquina que remata Fontás de chilena pero o seu disparo despéxao un defensa na liña de gol. O Celta puxo cerco á área rival pero sen sorte e o Vilarreal perdendo tempo co consentimento do colexiado. No minuto 67 Planas retirábase por Jonny. Sete minutos despois Radoja salia e entraba Madinda. No minuto 83 Charles entraba por Álex López. Dous minutos despois o sinvergonza de negro expulsa a Fontás por dobre amonestación. O Celta con dez puido empatar cun remate de cabeza de Larrivey que despexa o porteiro. No minuto 90 co Celta cun home menos e volcado en ataque o Vilarreal fai outra contra rápida e pon o definitivo 1-3.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Planas (Jonny, 67'); Radoja (Madinda, 74'), Álex López (Charles, 83'), Krohn-Dehli; Orellana, Nolito e Larrivey.
[3] Vilarreal C.F.: Asenjo, Mario, Gabriel, Víctor Ruíz, A. Marín, Trigueros, Bruno, Moi Gómez (Cani, 72'), Cherysev (Dos Santos, 65'), Giovanni (Vietto, 67') e Uche.
Colexiado: Álvarez Izquierdo, lamentable. Amonestou a Jonny, Krohn-Dehli, Orellana e expulsou por dobre amonestación a Fontás (85') polo Celta, e A. Marín, Gabriel e Cani polo Vilarreal.
Goles: 0-1, Moi Gómez (32'). 0-2, Moi Gómez (33'). 1-2, Larrivey (44'). 1-3, Mario (90').
Estadio: Balaídos, 22.323 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Cabral [5'5]
  • Fontás [5'5]
  • Planas [5]
  • Jonny [5'5]
  • Radoja [5]
  • Madinda [5]
  • Álex López [6]
  • Charles [-]
  • Krohn-Dehli [6'5]
  • Orellana [6]
  • Nolito [6]
  • Larrivey [6]

sábado, 4 de octubre de 2014

Lista de convocados para o Celta - Vilarreal

Partido da tempada pasada en Balaídos
Son baixa por lesión Borja Oubiña e Augusto Fernández. Non entra na lista por decisión técnica David Costas.
  • 01. Sergio
  • 02. Hugo Mallo
  • 03. Fontás
  • 05. Pablo Hernández
  • 06. Radoja
  • 07. Santi Mina
  • 08. Álex López
  • 09. Charles
  • 10. Nolito
  • 11. Larrivey
  • 13. Rubén
  • 14. Orellana
  • 17. Madinda
  • 19. Jonny
  • 20. Sergi Gómez
  • 21. Planas
  • 22. Cabral
  • 23. Krohn-Dehli

Horario da xornada 12

Xornada 12
Raio - Celta
Data: domingo 23 de novembro do 2014
Hora: 12:00 horas
Televisión: C+ Liga / Gol TV
Estadio: Vallecas