lunes, 27 de octubre de 2014

Liga, xornada 9: Celta 3 - Levante 0

O Celta golea ao Levante (3-0), con goles de Larrivey por partida dobre e Álex López, nun mal partido.
Pablo Hérnandez e Cabral felicitan a Larrivey
O peor partido do Celta en Balaídos no que vai de tempada, o Levante só se achegou á meta de Sergio no primeiro minuto pero sen perigo. O Celta dominou ao Levante todo o primeiro período e no minuto 26 Santi Mina pasa a Pablo Hernández e este dálle un gran pase a Larrivey, que esta en fóra de xogo, e este bate ao meta visitante, 1-0. O Celta puido poñer o 2-0 no marcador tras unha boa xogada de Nolito que pasa a Larrivey e este remata cruzado rozando o pau. Neste primeiro tempo non hai moito máis que contar. O Levante saliu máis enchufado na segunda metade e tivo varios centros á área pero sen perigo, aínda que puido empatar nun gran lanzamento dende fóra da área que estrelouse no longueiro de Sergio. No minuto 69 Santi Mina cedíalle o seu posto a Madinda e no 77 Álex López entraba por Pablo Hernández. A oito minutos para o final pase en longo de Álex López para Nolito, este para Larrivey que a deixa pasar e o defensa devolvella a Nolito que dispara, despexa o porteiro e Larrivey de cabeza marca o 2-0. Tras o gol Larrivey abandona o terreo de xogo por Charles. No minuto 90, Álex López rouba o balón no centro do campo, avanza e lanza un disparo dende lonxe que traga o porteiro vigués do Levante, 3-0. Suma e segue.

FICHA:
[3] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Radoja, Pablo Hernández (Álex López, 77'), Krohn-Dehli; Santi Mina (Madinda, 69'), Nolito e Larrivey (Charles, 82').
[0] Levante U. D.: Diego Mariño, Pedro López, Rodas, Juanfran, Nikos, Diop, Rubén (Xumetra, 46'), Morales (Víctor Casadesús, 46'), Ivanschitz, Simao (Sissoko, 72') e Barral.
Colexiado: Teixeira Vitienes, regular. Amonestou a Xumetra, Simao e Pedro López polo Levante.
Goles: 1-0, Larrivey (26'). 2-0, Larrivey (82'). 3-0, Álex López (90').
Estadio: Balaídos, 19.231 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5'5]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Cabral [6'5]
  • Sergi Gómez [6]
  • Jonny [6]
  • Radoja [6'5]
  • Pablo Hernández [7]
  • Álex López [6'5]
  • Krohn-Dehli [6]
  • Santi Mina [5]
  • Madinda [5'5]
  • Nolito [7]
  • Larrivey [8]
  • Charles [-]

No hay comentarios:

Publicar un comentario