lunes, 6 de octubre de 2014

Liga, xornada 7: Celta 1 - Vilarreal 3

A mala actuación do árbitro, acompañado dun mal minuto condenan ao Celta á súa primeira derrota da tempada.
O sinvergonza de Álvarez Izquierdo mostra a primeira tarxeta amarela a Fontás por non facer nada
Os primeiros 15 minutos foron moi igualados e sen apenas ocasións de gol. As primeiras foron de Nolito, primeiro nunha parede con Krohn-Dehli que o seu disparo o rexeita o meta visitante e a segunda cun remate dentro da área a pase de Hugo Mallo que sae por enriba do longueiro. No minuto 27 primeira tarxeta amarela para Fontás por unha falta inexistente no centro do campo. Aos 32 minutos contra rápida do Vilarreal e gol con posible fóra de xogo de Uche. Un minuto despois tiro dende fóra da área que bate a Sergio poñendo o 0-2. O equipo visitante puido senteciar nun saque de esquina que remata de cabeza un defensa que sae rozando o pau. A partir de aquí o Celta foi a por todas e Krohn-Dehli dispara dende fóra da área directo á escuadra pero o meta visitante saca unha man prodixiosa despexando a corner. No minuto 44 presión de Nolito ao defensa que rouba o balón, este chega a Larrivey que se planta diante do porteiro e pon o 1-2 no marcador. Na última xogada da primeira metade Orellana foise de todos os defensas e con toda a porta para el dispara desviado. A primeira ocasión da segunda parte foi para o Vilarreal tras axudarse coa man diante do colexiado pero o seu tiro despéxao Sergio. O Celta puido empatar tras un saque de esquina que remata Fontás de chilena pero o seu disparo despéxao un defensa na liña de gol. O Celta puxo cerco á área rival pero sen sorte e o Vilarreal perdendo tempo co consentimento do colexiado. No minuto 67 Planas retirábase por Jonny. Sete minutos despois Radoja salia e entraba Madinda. No minuto 83 Charles entraba por Álex López. Dous minutos despois o sinvergonza de negro expulsa a Fontás por dobre amonestación. O Celta con dez puido empatar cun remate de cabeza de Larrivey que despexa o porteiro. No minuto 90 co Celta cun home menos e volcado en ataque o Vilarreal fai outra contra rápida e pon o definitivo 1-3.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Planas (Jonny, 67'); Radoja (Madinda, 74'), Álex López (Charles, 83'), Krohn-Dehli; Orellana, Nolito e Larrivey.
[3] Vilarreal C.F.: Asenjo, Mario, Gabriel, Víctor Ruíz, A. Marín, Trigueros, Bruno, Moi Gómez (Cani, 72'), Cherysev (Dos Santos, 65'), Giovanni (Vietto, 67') e Uche.
Colexiado: Álvarez Izquierdo, lamentable. Amonestou a Jonny, Krohn-Dehli, Orellana e expulsou por dobre amonestación a Fontás (85') polo Celta, e A. Marín, Gabriel e Cani polo Vilarreal.
Goles: 0-1, Moi Gómez (32'). 0-2, Moi Gómez (33'). 1-2, Larrivey (44'). 1-3, Mario (90').
Estadio: Balaídos, 22.323 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Hugo Mallo [5'5]
  • Cabral [5'5]
  • Fontás [5'5]
  • Planas [5]
  • Jonny [5'5]
  • Radoja [5]
  • Madinda [5]
  • Álex López [6]
  • Charles [-]
  • Krohn-Dehli [6'5]
  • Orellana [6]
  • Nolito [6]
  • Larrivey [6]

No hay comentarios:

Publicar un comentario