lunes, 30 de junio de 2014

Cristian Bustos rescinde o seu contrato

Cristian Bustos festexando o seu único tanto co Celta
Cristian Bustos Costa deixa de ser xogador do Celta tras o acordo alcanzado hoxe entre o Celta e o xogador.

viernes, 27 de junio de 2014

Presentación das horrorosas equipacións 2014 - 2015

Na miña opinión as dúas equipacions para esta tempada son horrorosas. Como non quero entrar en polémicas nin me enfadar xa que me parecen unha autentica vergoña de camisetas, aqui déixovos unhas fotos para que as xulguen vostedes mesmos...
Santi Mina, Rubén, Hugo Mallo e Charles
Rubén, Santi Mina, Charles e Hugo Mallo
Rubén  
Charles e Hugo Mallo 
Santi Mina e Rubén 
Santi Mina e Charles

jueves, 26 de junio de 2014

Pablo Hernández segunda fichaxe da tempada 2014 - 2015

O xogador arxentino, nacionalizado chileno, é unha petición expresa do adestador, Eduardo Berizzo, e asina por catro tempadas.
Carlos Mouriño e Pablo Hernández na firma do contrato
Pedro Pablo "Tucu" Hernández (24-10-1986, San Miguel de Tucumán, Arxentina) deu os seus primeiros pasos no fútbol profesional no Atlético Tucumán arxentino no ano 2006. No ano 2008 ficha polo Racing Club de Montevideo uruguaio. Ao ano seguinte vaise ao Defensor Sporting tamén uruguaio. No ano 2010 xoga cedido no DC United dos Estados Unidos, onde non ten bastante sorte. No ano 2011 volve á liga arxentina, fichando polo Arxentinos Junior onde milita dúas tempadas. Na tempada 2013 - 2014 asina polo O'Higgins chileno onde marcou o gol da vitoria ante o Universidade Católica conseguindo o primeiro título para o equipo chileno, tamén conseguiría a Supercopa de Chile. É internacional coa selección de Chile, marcando dous goles no seu debut ante a selección de Costa Rica. Unha lesión muscular fíxolle perderse o Mundial de Brasil 2014.
Traxectoria:
  • Atlético Tucumán (Arxentina) [2006 / 2008]
  • Racing Club de Montevideo (Uruguai) [2008 / 2009]
  • Defensor Sporting (Uruguai) [2009 / 2010]
  • DC United (Estados Unidos) [2010]
  • Arxentinos Juniors (Arxentina) [2011 / 2013]
  • O'Higgins (Chile) [2013 / 2014]
Títulos:
  • Torneo Apertura (Liga Chile) [2013]
  • Supercopa de Chile [2014]

lunes, 23 de junio de 2014

Cabral renova por dúas tempadas

Gustavo Daniel Cabral xogara dúas tempadas máis no Celta e resérvase unha opción para seguir unha terceira.
O xogador arxentino asina por dúas tempadas con opción a unha máis e pasa a ser propiedade do Celta ao 100%. Cabral leva en dúas tempadas 56 partidos entre Liga e Copa, anotando 3 goles, todos en Liga.

"Fredi" novo adestrador do Celta "B"

Alfredo Álvarez "Fredi" novo adestrador do filial, David de Dios adestrara o Celta Xuvenil de División de Honra.
"Fredi" na súa etapa na S. D. Compostela
Alfedo Álvarez Paredes, "Fredi" (27-02-1976, Moaña, Pontevedra) comezou a súa carreira como adestrador no Alondras C. F., onde estivo 7 anos, as catro primeiras como segundo adestrador e as tres últimas como primeiro adestrador onde conseguiu clasificar o equipo para a liguilla de ascenso a Segunda División "B" na tempada 2011 - 2012. Na tempada 2012 - 2013 ficha pola S. D. Compostela conseguindo o ascenso a Segunda División "B" e a tempada pasada mantendo a categoría, deixando o equipo no posto trece da táboa.
Traxectoria:
  • Alondras C. F. (2º adestrador) [2005 - 2009]
  • Alondras C. F. [2009 - 2012]
  • S. D. Compostela [2012 - 2014]

martes, 17 de junio de 2014

Joaquín Larrivey primeira fichaxe da tempada 2014 / 2015

O dianteiro chega libre, tras rematar contrato co Raio Vallecano, e asina por tres tempadas máis outra opcional.
Larrivey festexando un gol co Raio Vallecano
Joaquín Óscar Alarcón Larrivey (20-8-1984, Gualeguai, Entre Ríos, Arxentina) empezou a súa carreira no Huracán de Arxentina no ano 2004, ascendendo a primeira división na tempada 2006 - 2007, marcando un total de 39 goles en 94 partidos. No ano 2007 é traspasado ao Cagliari italiano da Serie A, onde milita dúas tempadas como suplente anotando 2 goles, esta última e cedido a metade de tempada ao Vélez Sarsfield arxentino onde proclámase campión de Liga (Clausura), disputando 16 partidos e anotando 3 goles. Tras proclamarse campión con Vélez regresa ao Cagliari disputando 28 encontros, case todos como suplente, e marcando 3 goles. A tempada 2010 - 2011 volve sair cedido ao Colón de Santa Fe arxentino, marcando 4 tantos en 20 encontros. A tempada 2011 - 2012 regresa a Italia onde permanecera tempada e media, marcando 11 goles en 32 partidos. O final da tempada 2012 - 2013 dispútao na Liga Azteca, concretamente no Atlante cunha bagaxe de 15 partidos por 2 goles. A tempada pasada xogou no Raio Vallecano, sendo clave na permanencia cos seus 12 tantos en 32 partidos.
Traxectoria:
  • Huracán (2004 / 2007)
  • Cagliari (2007 / 2009, 2009 / 2010 e 2011 / 2013)
  • Vélez Sarsfield (2008 / 2009)
  • Colón de Santa Fe (2010 / 2011)
  • Atlante (2012 / 2013)
  • Raio Vallecano (2013 / 2014)
Títulos:
  • 1 Liga (Clausura) (2008 / 2009)

lunes, 16 de junio de 2014

Mario Bermejo colga as botas e pasa a formar parte da Secretaría Técnica do Celta

O dianteiro cántabro despediuse do celtismo, como xogador, esta mañá nunha rolda de prensa.
Mario Bermejo esta mañá na rolda de prensa
Na rolda de prensa agradeceu o apoio recibido por parte da afección durante os seus tres anos como xogador do Celta. Sobre a súa retirada dixo: "o mellor é deixalo cun bo sabor de boca, no Celta, sentíndome querido e valorado. Isto para min é o máis importante". "A experiencia do Celta é unha das máis bonitas que vivín no fútbol, o broche que puxen, co ascenso o primeiro ano e estes dous anos en Primeira, é o mellor ao que podía aspirar como futbolista. É o que sempre soñara, retirarme en Primeira nun club como o Celta, que é do mellor que podes atopar no noso país". Tamén dixo sobre a súa continuidade en Vigo: "é a decisión correcta. A miña familia, a miña muller e os meus fillos, están tolos de contentos de quedarse en Vigo, como eu". Do seu novo cargo dentro da Secretaria Técnica do club destacou: "Séntome capacitado e tremendamente ilusionado coa miña nova andadura, teño unhas gañas enormes de comezar", engadiu "estou nun club que é do mellor que che podes atopar agora mesmo e dígoo coa experiencia que me deu estar en trece equipos ao longo da miña carreira. A día de hoxe na nosa Liga é difícil atopar un club coa estrutura do Celta e é un orgullo que me acolla". Por último comentou: "Nunca esquecerei a ovación que me brindarón o día do Athletic e cada unha das que me deron nos sucesivos partidos que xoguei. Prometo poñer todo o esforzo e traballo para aportarlle ao club todo o que poida para que siga crecendo como tal. Finaliza a etapa de Mario Bermejo como xogador e empeza outra".
FICHA:
+Nome: 
Mario Bermejo Castanedo
+Data e lugar de nacemento: 
7.10.1978, Santander (Cantabria)
+Altura: 
1'78 m
+Peso: 
70 kg
+Internacional:
NO
3 tempadas
+Traxectoria:
  • Racing de Santander "B" (1995 / 1996) [3ª]
  • Racing de Santander (1995 / 1996) [1ª, 1 partido]
  • Athletic "B" (1996 / 1997) [2ªB, 17 partidos · 3 goles]
  • Athletic "B" (1997 / 1998) [2ªB, 27 partidos · 3 goles]
  • Athletic (1997 / 1998) [1ª, 3 partidos]
  • Cultural Leonesa (1998 / 1999) [2ªB, 34 partidos · 3 goles]
  • Athletic "B" (1999 / 2000) [2ªB, 21 partidos · 10 goles]
  • Eibar (1999 / 2000) (2ª, 15 partidos · 1 gol]
  • Gimnástica de Torrelavega (2000 / 2001) [2ªB, 35 partidos · 7 goles]
  • L'Hospitalet (2001 / 2002) [2ªB, 43 partidos · 9 goles]
  • Recreativo (2002 / 2003) [1ª, 37 partidos · 1 gol]
  • Recreativo (2003 / 2004) [2ª, 11 partidos]
  • Racing de Ferrol (2003 / 2004) [2ªB, 22 partidos · 8 goles]
  • Racing de Ferrol (2004 / 2005) [2ª, 40 partidos · 26 goles]
  • Albacete (2005 / 2006) [2ª, 34 partidos · 11 goles]
  • Almería (2006 / 2007) [2ª, 35 partidos · 6 goles]
  • Poli Exido (2007 / 2008) [2ª, 36 partidos · 5 goles]
  • Xerez (2008 / 2009) [2ª, 35 partidos · 12 goles]
  • Xerez (2009 / 2010) [1ª, 35 partidos · 12 goles]
  • Xerez (2010 / 2011) [2ª, 37 partidos · 10 goles]
  • Celta (2011 / 2012) [2ª, 36 partidos · 9 goles]
  • Celta (2012 / 2013 [1ª, 35 partidos · 6 goles]
  • Celta (2013 / 2014) [1ª, 14 partidos]
+Palmarés:
  • 1 Pichichi (2ª) (2004 / 2005)