O dianteiro cántabro despediuse do celtismo, como xogador, esta mañá nunha rolda de prensa.
Mario Bermejo esta mañá na rolda de prensa |
Na rolda de prensa agradeceu o apoio recibido por parte da afección durante os seus tres anos como xogador do Celta. Sobre a súa retirada dixo: "o mellor é deixalo cun bo sabor de boca, no Celta, sentíndome querido e valorado. Isto para min é o máis importante". "A experiencia do Celta é unha das máis bonitas que vivín no fútbol, o broche que puxen, co ascenso o primeiro ano e estes dous anos en Primeira, é o mellor ao que podía aspirar como futbolista. É o que sempre soñara, retirarme en Primeira nun club como o Celta, que é do mellor que podes atopar no noso país". Tamén dixo sobre a súa continuidade en Vigo: "é a decisión correcta. A miña familia, a miña muller e os meus fillos, están tolos de contentos de quedarse en Vigo, como eu". Do seu novo cargo dentro da Secretaria Técnica do club destacou: "Séntome capacitado e tremendamente ilusionado coa miña nova andadura, teño unhas gañas enormes de comezar", engadiu "estou nun club que é do mellor que che podes atopar agora mesmo e dígoo coa experiencia que me deu estar en trece equipos ao longo da miña carreira. A día de hoxe na nosa Liga é difícil atopar un club coa estrutura do Celta e é un orgullo que me acolla". Por último comentou: "Nunca esquecerei a ovación que me brindarón o día do Athletic e cada unha das que me deron nos sucesivos partidos que xoguei. Prometo poñer todo o esforzo e traballo para aportarlle ao club todo o que poida para que siga crecendo como tal. Finaliza a etapa de Mario Bermejo como xogador e empeza outra".
FICHA:
+Nome:
Mario Bermejo Castanedo
+Data e lugar de nacemento:
7.10.1978, Santander (Cantabria)
+Altura:
1'78 m
+Peso:
70 kg
+Internacional:
NO
3 tempadas
+Traxectoria:
FICHA:
+Nome:
Mario Bermejo Castanedo
+Data e lugar de nacemento:
7.10.1978, Santander (Cantabria)
+Altura:
1'78 m
+Peso:
70 kg
+Internacional:
NO
3 tempadas
+Traxectoria:
- Racing de Santander "B" (1995 / 1996) [3ª]
- Racing de Santander (1995 / 1996) [1ª, 1 partido]
- Athletic "B" (1996 / 1997) [2ªB, 17 partidos · 3 goles]
- Athletic "B" (1997 / 1998) [2ªB, 27 partidos · 3 goles]
- Athletic (1997 / 1998) [1ª, 3 partidos]
- Cultural Leonesa (1998 / 1999) [2ªB, 34 partidos · 3 goles]
- Athletic "B" (1999 / 2000) [2ªB, 21 partidos · 10 goles]
- Eibar (1999 / 2000) (2ª, 15 partidos · 1 gol]
- Gimnástica de Torrelavega (2000 / 2001) [2ªB, 35 partidos · 7 goles]
- L'Hospitalet (2001 / 2002) [2ªB, 43 partidos · 9 goles]
- Recreativo (2002 / 2003) [1ª, 37 partidos · 1 gol]
- Recreativo (2003 / 2004) [2ª, 11 partidos]
- Racing de Ferrol (2003 / 2004) [2ªB, 22 partidos · 8 goles]
- Racing de Ferrol (2004 / 2005) [2ª, 40 partidos · 26 goles]
- Albacete (2005 / 2006) [2ª, 34 partidos · 11 goles]
- Almería (2006 / 2007) [2ª, 35 partidos · 6 goles]
- Poli Exido (2007 / 2008) [2ª, 36 partidos · 5 goles]
- Xerez (2008 / 2009) [2ª, 35 partidos · 12 goles]
- Xerez (2009 / 2010) [1ª, 35 partidos · 12 goles]
- Xerez (2010 / 2011) [2ª, 37 partidos · 10 goles]
- Celta (2011 / 2012) [2ª, 36 partidos · 9 goles]
- Celta (2012 / 2013 [1ª, 35 partidos · 6 goles]
- Celta (2013 / 2014) [1ª, 14 partidos]
- 1 Pichichi (2ª) (2004 / 2005)
No hay comentarios:
Publicar un comentario