jueves, 9 de mayo de 2013

Celta 1 - Atl. Madrid 3

O mal criterio do colexiado, como xa vén sendo habitual, e a falta de gol condenan ao Celta á segunda división salvo un milagre.
Bermejo tras lesionarse
Outro pésimo arbitraxe sufrido na tarde de onte en Balaídos por parte de Teixeira Vitienez, que cada vez que un xogador de Atlético de Madrid caíase ao chan era sancionado con falta en contra do Celta e mentres o Atlético de Madrid a realizar falta tras falta sen que pasase nada, de tal modo que no primeiro tempo con 0-0, cando Mario Suárez tiña unha tarxeta amarela e fixo dúas entradas seguidas de "tarxeta laranxa", ao ver que xa estaba amonestado perdóalla descaradamente. A parte do mal arbitraxe destacar, como tamén é habitual, as claras ocasións de gol erradas: no primeiro tempo, unha de Krohn-Dehli desde fóra do área con paradón do porteiro visitante, outra de Oubiña á saída dun corner que non é capaz de rematar a un metro da portería e outra de Augusto que sae axustada ao pau. A segunda parte comeza con gol do Atlético de Madrid á saída dun córner, o Celta responde cun remate de Augusto desde fóra do área, rechaza o porteiro visitante e Krohn-Dehli de cabeza fóra co porteiro batido. Remate do Atlético de Madrid, pega na defensa do Celta e segundo gol. Augusto marca o 1-2 cun remate axustado ao pau pero Falcao marca o terceiro 3 minutos despois. E para rematar De Lucas dentro do área mándaa alta con toda a portería para el. Ademais Bermejo lesionase de gravidade (rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco do seu xeonllo) e pérdese o que resta de tempada e coñecendo aos nosos directivos seguramente non lle ofrezan a renovación.
Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny [Bermejo, 64' (De Lucas, 76')], Vila, Túñez, Lago; Augusto, Oubiña, Natxo Insa, Krohn-Dehli; Alex López (Orellana, 53') e Iago Aspas.
Goles: 1-2, Augusto.
Colexiado: Teixeira Vitienez, fatal. Amonestou a Jonny,  Lago e Alex López.
Estadio: Balaídos, 23.375 espectadores.
Os mellores:
  1. Augusto, tanto de extremo como de lateral foi o que máis perigo creou.
  2. Krohn-Dehli, o que máis ofreceu en ataque.
  3. Oubiña, ben pero tivo que dobregarse xa que Natxo Insa non defendeu como nos últimos encontros.
Os peores:
  1. Iago Aspas, desaparecido en combate.
  2. Lago, ¡¡¡LARGATE DUNHA PUTA VEZ PARA XETAFE, SINVERGONZA!!!
  3. Alex López, non recordo un partido tan malo deste xogador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario