lunes, 13 de mayo de 2013

Betis 1 - Celta 0

Nun mal encontro, outra vez o colexiado sentenza ao Celta á segunda división tras anular un gol totalmente legal de Túñez por fóra de xogo.
Posición legal de Túñez no gol anulado
Mal partido o que xogou o Celta en Sevilla, polo cansanzo acumulado tras xogar tres partidos nunha semana (¡¡¡COMPETICIÓN ADULTERADA!!!) e pola alta temperatura que había en Sevilla, pero como sempre a mala sorte (Vila esbara no gol do Betis) e outra vez o criterio arbitral (anula un gol legal a Túñez) descéndenos a segunda división. O máis preocupante é a actitude da directiva, xa que levan roubándonos partidos todo o ano e aquí ninguén di nada. Sen ir máis lonxe nos últimos encontros recordar que Gil Manzano no encontro contra o Mallorca non sinalou dous penaltis a favor do Celta (sobre Bermejo e Túñez) co 0-0, Múñiz Fernández invéntase un penalti a favor de Levante co 0-1 e onte Teixeira Vitiénez nos anulou un gol legal con 1-0 no marcador, a parte das continuas decisións á hora de pitar faltas e mostrar amarelas. Pero o curioso é que estes mesmos colexiados (Teixeira Vitiénez e Gil Manzano) si favorecerón ao Zaragoza (rival directo do Celta) nos últimos encontros, cun penalti a favor por mal que non foi (Zaragoza - Raio) e cun gol legal anulado e un penalti non pitado a favor do Levante (Levante - Zaragoza).¡¡¡RFEF + LFP = MANUPULACIÓN!!!.
Ficha:
Alineación: Javi Varas; Jonny (Pranjic, 81'), Vila, Túñez, Lago (Toni, 74'); Augusto, Oubiña, Natxo Insa, Krohn-Dehli; Orellana (De Lucas, 53') e Iago Aspas.
Goles: ---
Colexiado: Teixeira Vitienez, mal. Amonestou a Jonny, Vila e Natxo Insa.
Estadio: Benito Villamarín.
Os mellores:
  1. Oubiña, o mellor do Celta no medio campo.
  2. Augusto, bo partido, tanto de lateral como de extremo.
  3. Javi Varas, seguro baixo paus e nada puido facer no gol.
Os peores:
  1. Iago Aspas, ¡¡¡desaparecido en combate 2!!!.
  2. Orellana, volvia á titularidade e non aportou nada novo ao equipo.
  3. Lago, ¡¡¡LARGATE DUNHA PUTA VEZ PARA XETAFE, SINVERGONZA!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario