lunes, 10 de marzo de 2014

2ª división B, xornada 29: S. D. Logroñés 1 - Celta "B" 0

O Celta "B" perde ante a S. D. Logroñés no desconto (minuto 91), que o supera na táboa e queda en postos de promoción de descenso a terceira división.
Ficha:
Alineación: Rubén, Kevin, Soto, David Costas, Maceira, Goldar (Fernán, 84'), Antón, Javi Rey, Yelko Pino (Añón, 58'), Borja Iglesias e Thaylor (Borja Domínguez, 62').
Goles: 1-0, Ledo (91').
Colexiado: Álvaro López Parra, amonestou a Thaylor e Añón.
Estadio: As Gaunas, 886 espectadores.

domingo, 9 de marzo de 2014

Liga, xornada 27: Celta 0 - Atl. Madrid 2

O Celta planta cara ao segundo clasificado pero tira o partido ao lixo en tres minutos, tras dous fallos defensivos.
Mateu Lahoz mostrando a súa chulería ao banco do Celta
A primeira parte foi de dominio absoluto do Celta que tivo a posesión da pelota e reclamou un posible penalti por man dentro da área de Alderweireld. O Atl. Madrid só creaba perigo á contra. As primeiras ocasións foron do Celta, primeiro Nolito e logo foi cun disparo afastado de Álex López que sae pola esquerda de Courtois. Despois comezaba o recital de axudar ao equipo grande por parte do colexiado Mateu Lahoz ao ir a recriminarlle ao banco do Celta o non facer nada, a típica chulería dos árbitros españois. Sigamos co encontro, o Atl. Madrid respondeu cun disparo case dende o medio do campo de Raúl García que non entrou por moi pouco, recordou ao gol de Nayim que deu a Recopa de Europa ao Zaragoza do exadestrador do Celta, Víctor Fernández, ante o Arsenal. A seguinte ocasión foi outra vez do Atl. Madrid nunha contra á que respondeu ben Yoel despexando a pelota tras o lanzamento do atacante e posteriormente Hugo Mallo despexando a saque de esquina, adiantándose a Raúl García, iso si co consentimento do árbitro xa que a contra visitante prodúcese cun roubo de balón que é unha falta de libro sobre Orellana, na que este caradura mira para outro lado para non pitala. Mateu Lahoz tamén amonestou a Charles por non facer nada, condicionando prácticamente todo o encontro a Charles que é un dianteiro que sempre vai ao choque (de feito estaba volvendo tola á defensa visitante), Luis Enrique se decata da actitud do colexiado e lle avisa que se controle xa que senón vaino expulsar (minuto 18). Intentárono dende fóra da área primeiro Oubiña e despois Krohn-Dehli. Despois continua o "recital anti Celta" do colexiado ao non pitar unha man dentro da área de Alderweireld tras un lanzamento dende fóra da área de Hugo Mallo ( a semana pasada estívose a decir que o árbitro non sinalara un penalti claro por man do Atl. Madrid tras disparo de C. Ronaldo, pois esta man é para min idéntica, Hugo Mallo dispara o defensor salta e pégalle no cóbado polo tanto se é penalti a prol do Madrid é penalti a prol do Celta). Logo dirá o sinvergonza de Rafa "non me fodas" Guerrero no lixo de programa deportivo que ten Pedrerol ás tres da tarde que o Celta é o equipo máis favorecido da liga española con 8 puntos regalados polos árbitros, incrible. A última ocasión do primeiro período foi nun centro de Orellana dende a dereita que controla Charles dentro da área, este cede a Hugo Mallo que lla devolve e o remate de Charles o para Courtois realizando unha gran intervención. Na segunda metade o Celta notou o esforzo da primeira metade. O primeiro disparo foi do Atl. Madrid dende fóra da área que se envelena tras tocar nun defensa, pero Yoel reacciona ben e o atrapa. Outro disparo de Raúl García que sae fóra. Paradón de Yoel a disparo de Luis Filipe. Despois chegaron os 3 minutos desastrosos, minuto 61, mal pase de Jonny atrás ante a presión de Koke que llo da a Villa, Fontás non chega a tempo, Yoel sae tarde e Villa marca o primeiro gol. Dous minutos despois centro dende a esquerda, a defensa erra na marcaxe e Villa só volve a bater a Yoel, minuto 63. Outra posible man, esta vez, de Juanfran a centro de Nolito, esta para min non é pero repito se fose Hugo Mallo en vez de Juanfran entón sería penalti clarísimo. No minuto 83 prodúcese a substitución de Villa, este achégase ao colexiado a darlle a man e a Mateu Lahoz só fáltoulle "chuparlle a polla" ao xogador asturiano, que espectáculo tan lamentable. O Celta plántoulle cara ao segundo clasificado pero non temos a pegada dos equipos grandes.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Álex López, Oubiña, Krohn-Dehli (Madinda, 73'); Orellana (Augusto, 59'), Charles (Santi Mina, 67') e Nolito.
Goles: 0-1, Villa (61'). 0-2, Villa (63').
Colexiado: Mateu Lahoz, penoso. Amonestou a Charles.
Estadio: Balaídos, 24.529 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo ex xogador do Celta Antonio Hidalgo.
Puntuación:

  • Yoel. Ben. 7.
  • Hugo Mallo. O mellor. 9.
  • Cabral. Seguro. 4.
  • Fontás. Firme. 4.
  • Jonny. Insuficiente. 1.
  • Álex López. Empeño. 2.
  • Oubiña. Momia. 1.
  • Krohn-Dehli. Intenso. 2.
  • Orellana. Regular. 4.
  • Charles. Loitador. 5.
  • Nolito. Non defende. 1.
  • Augusto. Cumpridor. 1.
  • Santi Mina. Desapercibido. 2.
  • Madinda. Empeño. 2.
*Reparto de puntos en estadística.

sábado, 8 de marzo de 2014

Lista de convocados para o Celta - Atl. Madrid

Yoel foi o máis destacado no encontro da primeira volta
Rafinha e baixa por lesión. Non entran na lista de convocados por decisión técnica Bermejo (recibiu a alta esta semana tras a súa lesión muscular sufrida no partido ante o Athletic de Bilbao), Toni (negociando a súa saida do club) e David Costas (convocado co filial para o partido ante a S.D. Logroñés).
  • 01 ¬ Sergio
  • 02 ¬ Hugo Mallo
  • 03 ¬ Fontás
  • 04 ¬ Oubiña
  • 08 ¬ Álex López
  • 10 ¬ Nolito
  • 11 ¬ Charles
  • 13 ¬ Yoel
  • 14 ¬ Orellana
  • 15 ¬ Aurtenetxe
  • 17 ¬ Madinda
  • 19 ¬ Jonny
  • 21 ¬ Íñigo López
  • 22 ¬ Cabral
  • 23 ¬ Krohn-Dehli
  • 24 ¬ Augusto
  • 25 ¬ Welliton
  • 29 ¬ Santi Mina

viernes, 7 de marzo de 2014

Un minuto de silencio por Antonio Hidalgo

-Nome:
Antonio Hidalgo Rodríguez
-Data e lugar de nacemento:
22 de xaneiro de 1943, Sevilla
-Data e lugar de falecemento:
5 de marzo de 2014, Sevilla
-Posición:
Defensa
-Tempadas:
8 (1968 - 1976)
-Partidos e goles:
171 partidos / 1 gol
-Traxectoria:
·Betis xuvenil
·Extremadura
·Badaxoz
·Celta

jueves, 6 de marzo de 2014

Horarios das xornadas 29, 30 e 31

Xornada 29:
Celta - Málaga
Data: venres 21 de marzo do 2014
Hora: 21:00 horas
Estadio: Balaídos



Xornada 30:
Barcelona - Celta
Data: mércores 26 de marzo do 2014
Hora: 20:00 horas
Estadio: Camp Nou

Xornada 31:
Celta - Sevilla
Data: sábado 29 de marzo do 2014
Hora: 18:00 horas
Estadio: Balaídos

lunes, 3 de marzo de 2014

Liga, xornada 26: Elxe 1 - Celta 0

O Celta volve perder (inxustamente) despois de mes e medio (5 xornadas) sen coñecer a derrota, pero mantén o descenso a 7 puntos.
Orellana ante dous xogadores do Elxe
As primeiras ocasións do partido foron para o Elxe con dous remates ao pau, o primeiro nun remate de cabeza (con falta previa a Aurtenetxe) e o segundo cun lanzamento de falta (inexistente) que se estrela no longueiro. A primeira ocasión do Celta tívoa Santi Mina que controlou co peito un centro de Augusto dende a dereita pero o seu remate o atrapa sen problemas o porteiro local. A segunda oportunidade do Celta foi moi clara, centro dende a dereita de Orellana, remata mal Augusto e o balón chégalle a Cabral que só manda o esférico ao lateral da rede. A seguinte ocasión foi outra vez do Celta nunha falta lanzada por Orellana que sae pegada ao pau dereito. A última ocasión da primeira parte tívoa o Elxe nun remate de cabeza que saliu fora por pouco. O segundo tempo empezo cunha dobre ocasión do Celta, un lanzamento de falta de Orellana que rexeita Manu Herrera, realizando un paradón, o balón cáelle a Krohn-Dehli que chega á liña de fondo centra e o dobre remate de Fontás o para outra vez Manu Herrera. O Celta dominou todo o segundo tempo, e o colexiado Velasco Carballo non sinalaba dous penaltis a favor do Celta, un sobre Orellana e outro clarísimo sobre Rafinha, cometido por Botía (é incrible que Botía rematase o partido xa que se pasou os 90 minutos repartindo leña a todo o que se movía). Despois ocasión clara de Charles e á contra o Elche conseguía o seu gol nunha gran xogada de Carles Gil, minuto 83. A partir de aquí o máis destacable foi o debut de Welliton coa camiseta do Celta no minuto 85, ainda que sen tocar balón.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Aurtenetxe, Jonny; Augusto (Welliton, 85'), Fontás, Krohn-Dehli; Rafinha, Santi Mina (Charles, 67') e Orellana.
Goles: 1-0, Carles Gil (83').
Colexiado: Velasco Carballo, mal (incrible que sexa internacional). Amonestou a Aurtenetxe, Jonny e Cabral.
Estadio: Martínez Valero, 20.000 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Suficiente. 3.
  • Hugo Mallo. Solvente. 4.
  • Cabral. Firme. 3.
  • Aurtenetxe. Cumpridor. 3.
  • Jonny. Seguro. 7.
  • Augusto. Traballador. 5.
  • Fontás. Ben. 4.
  • Krohn-Dehli. Intenso. 9.
  • Rafinha. Empeño. 5.
  • Santi Mina. Mobilidade. 4.
  • Orellana. Excelente. 10.
  • Charles. Suplente. 3.
  • Welliton. Debutante. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

2ª división B, xornada 28: Celta "B" 1 - R. Santander 0

O filial céltico consegue 3 puntos importantísimos ante o líder da categoría no tempo de desconto, e continua de cheo na loita pola permanencia.
Ficha:
Alineación: Rubén (Óscar Santiago, 85'), Kevin, Soto, Pablo Crespo, Maceira, Goldar, Javi Rey, Antón, Yelko Pino (Añón, 61'), Thaylor (Juan Delgado, +90') e Borja Iglesias.
Goles: 1-0, Borja Iglesias (90').
Colexiado: De la Fuente Ramos, amonestou a Soto, Kevin, Yelko Pino, Borja Iglesias e Pablo Crespo.
Estadio: Barreiro, uns 1.500 espectadores.