lunes, 3 de marzo de 2014

Liga, xornada 26: Elxe 1 - Celta 0

O Celta volve perder (inxustamente) despois de mes e medio (5 xornadas) sen coñecer a derrota, pero mantén o descenso a 7 puntos.
Orellana ante dous xogadores do Elxe
As primeiras ocasións do partido foron para o Elxe con dous remates ao pau, o primeiro nun remate de cabeza (con falta previa a Aurtenetxe) e o segundo cun lanzamento de falta (inexistente) que se estrela no longueiro. A primeira ocasión do Celta tívoa Santi Mina que controlou co peito un centro de Augusto dende a dereita pero o seu remate o atrapa sen problemas o porteiro local. A segunda oportunidade do Celta foi moi clara, centro dende a dereita de Orellana, remata mal Augusto e o balón chégalle a Cabral que só manda o esférico ao lateral da rede. A seguinte ocasión foi outra vez do Celta nunha falta lanzada por Orellana que sae pegada ao pau dereito. A última ocasión da primeira parte tívoa o Elxe nun remate de cabeza que saliu fora por pouco. O segundo tempo empezo cunha dobre ocasión do Celta, un lanzamento de falta de Orellana que rexeita Manu Herrera, realizando un paradón, o balón cáelle a Krohn-Dehli que chega á liña de fondo centra e o dobre remate de Fontás o para outra vez Manu Herrera. O Celta dominou todo o segundo tempo, e o colexiado Velasco Carballo non sinalaba dous penaltis a favor do Celta, un sobre Orellana e outro clarísimo sobre Rafinha, cometido por Botía (é incrible que Botía rematase o partido xa que se pasou os 90 minutos repartindo leña a todo o que se movía). Despois ocasión clara de Charles e á contra o Elche conseguía o seu gol nunha gran xogada de Carles Gil, minuto 83. A partir de aquí o máis destacable foi o debut de Welliton coa camiseta do Celta no minuto 85, ainda que sen tocar balón.
Ficha:
Alineación: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Aurtenetxe, Jonny; Augusto (Welliton, 85'), Fontás, Krohn-Dehli; Rafinha, Santi Mina (Charles, 67') e Orellana.
Goles: 1-0, Carles Gil (83').
Colexiado: Velasco Carballo, mal (incrible que sexa internacional). Amonestou a Aurtenetxe, Jonny e Cabral.
Estadio: Martínez Valero, 20.000 espectadores.
Puntuación:
  • Yoel. Suficiente. 3.
  • Hugo Mallo. Solvente. 4.
  • Cabral. Firme. 3.
  • Aurtenetxe. Cumpridor. 3.
  • Jonny. Seguro. 7.
  • Augusto. Traballador. 5.
  • Fontás. Ben. 4.
  • Krohn-Dehli. Intenso. 9.
  • Rafinha. Empeño. 5.
  • Santi Mina. Mobilidade. 4.
  • Orellana. Excelente. 10.
  • Charles. Suplente. 3.
  • Welliton. Debutante. 2.
*Reparto de puntos en estadísticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario