lunes, 18 de enero de 2016

Liga, xornada 20: Celta 4 - Levante 3

O Celta sofre para gañar ao Levante (4-3) tras unha boa primeira parte e unha segunda onde se relaxaron ao anotar o 3-0 e deixarse meter 2 goles en 2 minutos.
John Guidetti e Iago Aspas festexando o primeiro gol [Foto Adrián Irago]
Os primeiros 25 minutos foron de dominio absoluto do Celta pero sen crear ocasións claras de perigo. Aos 26 minutos o Levante puido poñer o 0-1 no marcador pero o balón dá no lateral da rede. Catro minutos despois outra ocasión do Levante. No minuto 34 gran xogada do Celta onde Iago Aspas chega ata a liña de fondo, dentro da área, e o seu centro mándao ao fondo das mallas Guidetti (1-0). Aos 40 minutos gran pase ás costas de Wass para Guidetti que ante a saída do meta visitante fai unha vaselina, o balón dá no pau e entra poñendo o 2-0 no marcador.
Nada máis empezar a segunda metade ocasión de Orellana pero o seu disparo sae moi frouxo. Aos 56 minutos pase de Pablo Hernández para Iago Aspas que se vai en velocidade e bate ao porteiro visitante (3-0). No minuto 61 Señé entraba por Guidetti. Dous minuto despois centro do Levante que remata de cabeza batendo a Sergio que quedou a media saída (3-1) e dous minutos despois o Levante facía o segundo nun fallo da defensa (3-2). A falta de 20 minutos Radoja entraba por Bongonda. No minuto 80 bo remate de cabeza do Levante ao que Sergio responde cunha gran parada mandando o balón a córner. No 84 pase de Iago Aspas para Orellana que marca o 4-2. Sergi Gómez entra por Pablo Hernández. A falta de 2 minutos o Levante marcaba o terceiro noutro erro da defensa e o porteiro (4-3).

FICHA:
[4] Celta de Vigo: Sergio; Jonny, Hugo Mallo, Cabral, Planas; Wass, Pablo Hernández (Sergi Gómez, 85'); Iago Aspas, Orellana, Bongonda (Radoja, 69'); e Guidetti (Señé, 61').
[3] Levante U.D.: Mariño, Toño García, Navarro (Ghilas, 83'), Simao (Roger, 66'), Camarasa, Lerma, Cuero (Rubén García, 56'), Morales, Pedro López, Deyverson e Feddal.
Colexiado: Del Cerro Grande, mal. Amonestou a Bongonda pola Celta e a Toño García, Simao, Camarasa e Lerma polo Levante.
Goles: 1-0, Guidetti (34'). 2-0, Giudetti (40'). 3-0, Iago Aspas (56'). 3-1, Deyverson (63'). 3-2, Pedro López (65'). 4-2, Orellana (84'). 4-3, Morales (88').
Estadio: Balaídos, 17.080 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5]
  • Jonny [5]
  • Hugo Mallo [5]
  • Cabral [5'5]
  • Planas [4]
  • Wass [6'5]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Sergi Gómez [-]
  • Iago Aspas [8]
  • Orellana [8]
  • Bongonda [5]
  • Radoja [5]
  • Guidetti [8]
  • Señé [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario