O Celta supera o trámite ante o Cádiz cunha vitoria por dous goles a cero. Guidetti de penalti e Drazic foron os goleadores.
Drazic tras marcar gol [Foto Xoan Carlos Gil] |
A primeira parte foi tan mala que non merece a pena comentala, o Celta non fixo absolutamente nada e só o Cádiz ofreceu algo. O 1-0 foi no minuto 35 de penalti. Na segunda metade o Celta ofreceu algo máis que na primeira e tivo varias ocasións de gol. No minuto 51 Borja Iglesias saltaba ao campo por Borja Fernández. Pablo Hernández facía o mesmo por Radoja no 62 e Jonny por Guidetti seis minutos despois. No minuto 76 gran parede de Señé con Drazic que se planta diante do porteiro e báteo picando o esférico por encima do meta visitante. Final en Balaídos.
FICHA:
[2] Celta de Vigo: Rubén; Pape, Alende, Sergi Gómez, Planas; Radoja (Pablo Hernández, 62'), Borja Fernández (Borja Iglesias, 51'); Señé, Madinda, Drazic; e Guidetti (Jonny, 68').
[0] Cádiz C. F.: Pol Ballesté, Cristian, Servando, Josete (Juanpe, 77'), Andrés (Juanfran, 79'), Garrido, Mantecón, Quintana, Jandro (Pávez, 66'), Álvaro García e Román (Vallejo, 59').
Colexiado: Sánchez Martínez, regular. Amonestou a Borja Fernández e Alende polo Celta e a Pol Ballesté polo Cádiz.
Goles: 0-1, Guidetti de penalti (35'). 2-0, Drazic (76').
Estadio: Balaídos, 5.695 espectadores.
Notas:
- Rubén [5'5]
- Pape [5'5]
- Alende [5'5]
- Sergi Gómez [5'5]
- Planas [5'5]
- Radoja [5'5]
- Pablo Hernández [5'5]
- Borja Fernández [5'5]
- Borja Iglesias [6'5]
- Señé [8]
- Madinda [7'5]
- Drazic [6'5]
- Guidetti [7'5]
- Jonny [5'5]
No hay comentarios:
Publicar un comentario