viernes, 22 de enero de 2016

Copa, 1/4 ida: Celta 0 - Atl. Madrid 0

O Celta empata a ceros co Atlético de Madrid na ida dos cuartos de copa e deixa todo para a volta no Vicente Calderón. O árbitro, unha vez máis, non pitou un penalti clarísimo no desconto.
Penalti clarísimo que o árbitro non quixo pitar [Foto moiceleste.com]
O partido empezou vibrante, con varias ocasións do Atlético (non moi claras) pero aos 5 minutos boa triangulación entre Guidetti e Iago Aspas con disparo do último que despexa o meta visitante nunha gran intervención, o rexeite cae a Guidetti pero o seu disparo pega en Iago Aspas. A partir de aquí dominio absoluto do Celta cun Atlético que salia á contra. As ocasións sucedíanse, disparo de Wass, centro de Orellana, remate de Pablo Hernández, etc...
A segunda parte empezou como a primeira, ocasións do Atlético cun remate de cabeza á saída dun córner, gran intervención de Rubén despexando a saque de esquina un remate desde dentro da área e outro remate de cabeza a balón parado. No minuto 60 Iago Aspas realizaba un gran disparo desde fóra da área que para o porteiro. No minuto 74 debutaba a última fichaxe, o francés Beauvue saltando ao campo por Iago Aspas. No minuto 81 a ocasión máis clara do Celta, despexa "Disgusto "Traidor" Fernández" ante a saída do seu porteiro pero o seu despexe vaise cara a gol, tendo que despexar un defensa na liña de gol. No 87 Hugo Mallo entraba por Planas. Disparo de Radoja que se vai a córner. No minuto 90 man clarísima do Atlético dentro da área, o árbitro míraa pero como sempre non pita penalti e amoesta a Orellana por protestar. No desconto Borja Fernández entraba por Wass.

FICHA:
[0] Celta de Vigo: Rubén; Jonny, Cabral, Sergi Gómez, Planas (Hugo Mallo, 87'); Radoja, Wass (Borja Fernández, +90'); Iago Aspas (Beauvue, 74'), Pablo Hernández, Orellana; e Guidetti.
[0] Atlético de Madrid: Moyá, Godín, Filipe Luis, Koke, Griezmann (Thomas, 79'), Jackson (Correa, 59'), Augusto, Gabi, Savic, Jesús Gámez e Carrasco (Vietto, 66').
Colexiado: Estrada Fernández, mal. Amonestou a Orellana polo Celta e a Jackson polo Atlético.
Goles: 0-0.
Estadio: Balaídos, 17.428 espectadores.
Notas:
  • Rubén [7'5]
  • Jonny [7'5]
  • Cabral [6'5]
  • Sergi Gómez [6'5]
  • Planas [6'5]
  • Hugo Mallo [-]
  • Radoja [7'5]
  • Wass [7'5]
  • Borja Fernández [-]
  • Iago Aspas [8'5]
  • Beauvue [5]
  • Pablo Hernández [7'5]
  • Orellana [7'5]
  • Guidetti [7'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario