O dianteiro francés chega do Olimpique de Lion tras pagar algo máis de 7 millóns de euros e asina por 5 tempadas e media cunha clausula de 40 millóns.
Carlos Mouriño e Claudio Beauvue [Foto celtavigo.net] |
Claudio Beauvue (16 de abril de 1988, Guadalupe, Francia) formouse nas categorías inferiores do Nantes. No ano 2008 asinou polo Troyes da segunda división francesa, onde estivo durante 3 tempadas cun balance de 92 partidos e 17 goles. Do ano 2011 ao 2013 xogou no Châteauroux (65 partidos - 17 goles), sendo cedido ao Bastia ata final de tempada, producíndose o seu debut na primeira división francesa (15 partidos - 1 gol). Despois fichouno o Guingamp onde xogou as seguintes 2 tempadas (94 partidos - 34 goles). Este verán fíchao o Olimpique de Lion onde xogou 29 partidos, marcando 8 goles.
Traxectoria:
- Troyes [2008 / 2011]
- Châteauroux [2011 / 2013]
- Bastia [2013]
- Guingamp [2013 / 2015]
- Olimpique de Lion [2015 / 2016]
Palmarés:
- 1 Copa de Francia [2013 / 2014]
No hay comentarios:
Publicar un comentario