O Celta gaña en Granada, mantén o posto de Liga de Campións e supera o seu mellor arranque en toda a súa historia.
Señé, Jonny, Iago Aspas e Orellana festexando un gol [Foto Cristina Quicler] |
A primeira ocasión clara do partido foi o 0-1, no minuto 20, gran xogada de Señé que fai unha parede con Iago Aspas, plántase diante do meta local e cede a Orellana para marcar a porta baleira. Nove minutos despois centro de Señé que estrélase no traveseiro, o rexeite caelle a Bongonda que falla o primeiro remate e o seu segundo despéxao un defensa baixo paus. Na última xogada da primeira parte, gran xogada pola dereita de Señé que cede a Jonny, que centra desde a liña de fondo e Iago Aspas marca o 0-2 desde dentro da área pequena. A segunda parte foi de control absoluto do Celta que dominou o partido sen problemas xa que o Granada non creou ningunha ocasión clara de perigo. No minuto 80 Guidetti entraba por Iago Aspas, sete minutos despois Sergi Gómez entraba por Orellana e no desconto Pape saltaba ao terreo de xogo por Señé.
FICHA:
[0] Granada C.F.: Andrés Fernández, Lombán, Biraghi, Fran Rico (El Arabi, 46'), Babin, Javi Márquez (Ibáñez, 74'), Success, Rubén Pérez, Foulquier, Rochina (Uche, 66') e Peñaranda.
[2] Celta de Vigo: Rubén; Jonny, Hugo Mallo, Cabral, Planas; Augusto, Wass; Señé (Pape, 91'), Orellana (Sergi Gómez, 87'), Bongonda; e Iago Aspas (Guidetti, 80').
Colexiado: Martínez Munuera, regular. Amonestou a Rochina, Success, Rubén Pérez e Uche polo Granada e a Iago Aspas e Planas polo Celta.
Goles: 0-1, Orellana (20'). 0-2, Iago Aspas (45').
Estadio: Los Cármenes, 14.537 espectadores.
Notas:
- Rubén [6'5]
- Jonny [6'5]
- Hugo Mallo [7]
- Cabral [7]
- Planas [5'5]
- Augusto [6]
- Wass [6]
- Señé [8]
- Pape [-]
- Orellana [8'5]
- Sergi Gómez [-]
- Bongonda [6'5]
- Iago Aspas [7]
- Guidetti [5]
No hay comentarios:
Publicar un comentario