O Celta gaña ao Español, nun gran partido, malia a actuación vergonzosa do árbitro Fernández Borbalán que anulou un gol legal a Bongonda, expulsou a Pablo Hernández por dúas faltas inexistentes e permitiu o xogo duro do Español.
O árbitro Fernández Borbalán fixo todo o posible para que o Celta non gañase o partido [Foto noticiascelta.com] |
A primeira parte foi de dominio celeste, co Español saíndo á contra. No minuto 35 Sergio sacou unha man prodixiosa para salvar o 0-1 tras un remate de cabeza do Español. A 3 minutos para o final Iago Aspas vaise do defensa visitante e lanza unha vaselina desde fóra do área para poñer o 1-0 no electrónico (si méteo Messi repíteno todo o Nadal). No último minuto da primeira metade gran pase de Orellana para Bongonda que remata, rexeita o meta visitante e á segunda marca o 2-0 pero o árbitro o anula por fóra de xogo inexistente. Nada máis comezar a segunda parte o árbitro saca a segunda amarela a Pablo Hernández por unha falta inexistente (como a primeira amarela), era o minuto 47. Trala expulsión o Celta arroiou ao Español, primeiro Iago Aspas estrelou un disparo desde fóra do área no longueiro, despois errou outra clarísima e para rematar Bongonda tamén estrelou un disparo no pau da meta visitante. No minuto 70 Borja Fernández entraba por Bongonda. O árbitro perdoaba continuamente as tarxetas ao Español. No 80 Guidetti entraba por Iago Aspas. No minuto 83 o Español puido empatar pero Sergio volveu salvar ao Celta. No minuto 86 prodúcese o debut en partido oficial do canteirán Pape Cheikh que entrou por un mancado Nolito.
FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Wass, Hugo Mallo, Cabral, Planas; Augusto, Pablo Hernández; Bongonda (Borja Fernández, 70'), Orellana, Nolito (Pape, 86'); e Iago Aspas (Guidetti, 80').
[0] Español de Barcelona: Pau López, Víctor Sánchez (Asensio, 68'), Víctor Álvarez (Burgui, 53'), Gerard, Pape Diop, Javi López, Hernán Pérez, Fuentes, Caicedo (Mamadou, 48'), Álvaro e Raíllo.
Colexiado: Fernández Borbalán, vergonzoso. Amonestou a Augusto, Orellana e Nolito, e expulsou a Pablo Hernández por dobre amonestación (47') polo Celta e amonestou a Hernán Pérez e Víctor Sánchez polo Español.
Goles: 1-0, Iago Aspas (42').
Estadio: Balaídos, 17.464 espectadores.
Notas:
- Sergio [8'5]
- Wass [6'5]
- Hugo Mallo [7]
- Cabral [7'5]
- Planas [5'5]
- Augusto [8]
- Pablo Hernández [5'5]
- Bongonda [6'5]
- Borja Fernández [6]
- Orellana [8]
- Nolito [6'5]
- Pape [-]
- Iago Aspas [8'5]
- Guidetti [5]
No hay comentarios:
Publicar un comentario