viernes, 18 de diciembre de 2015

Copa, 1/16 volta: Celta 1 - Almería 0

O Celta supera ao Almería nun partido sen ritmo e con moita choiva grazas a un gol de falta do danes Daniel Wass.
Drazic, Cabral, Wass, Pape e Señe tras o gol [Foto Marta G. Brea]
Pouco que dicir do partido, a primeira ocasión clara foi un remate de cabeza de Cabral nun saque de esquina que despexa moi ben o meta visitante. O Almería tivo unha ocasión moi clara pero o seu remate saliu fóra por pouco. No minuto 40 Daniel Wass lanza un falta que se coa pola escuadra coa axuda do porteiro, 1-0. Da segunda parte destacamos os cambios, primeiro Augusto por Wass no minuto 51, segundo Hugo Mallo por Pape no minuto 76 e terceiro Bongonda por Guidetti no minuto 79 e unha ocasión clara para o Almería case ao final á que Rubén respondeu cunha gran intervención.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Rubén; Pape (Hugo Mallo, 76'), Alende, Cabral, Jonny; Pablo Hernández, Wass (Augusto, 51'); Señé, Madinda, Drazic; e Guidetti (Bongonda, 79').
[0] U.D. Almería: Julián Cuesta, Fran Vélez (Ximo Navarro, 63'), Fatau, Eldin (Pozo, 70'), Míchel Zabaco, Antonio Puertas, Marín, José Ángel, Cristian Herrera, Lolo Reyes (Zongo, 46') e Adrián.
Colexiado: Jaime Latre, ben. Amonestou a Fran Vélez, Fatau e Míchel Zabaco polo Almería.
Goles: 1-0, Wass (40').
Estadio: Balaídos, 8.581 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio por Marco Antonio Agudo Durán, irmán de Nolito.
Notas:
  • Rubén [7]
  • Pape [6'5]
  • Hugo Mallo [5]
  • Alende [6'5]
  • Cabral [6'5]
  • Jonny [6'5]
  • Pablo Hernández [7'5]
  • Wass [6]
  • Augusto [5]
  • Señé [7]
  • Madinda [6'5]
  • Drazic [5'5]
  • Guidetti [6]
  • Bongonda [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario