O Celta rompe a serie de dúas derrotas seguidas gañando ao Sp. Xixón por 2-1, nun mal partido, con goles de Orellana e Nolito de rebote.
O partido empezou algo espeso co Celta tratando de dominar e o Sporting defendéndose e aos 15 minutos pase de Nolito para Bongonda, este para Orellana e o chileno marca o 1-0 a pracer. Ao pouco gran pase de Guidetti para Bongonda que se planta diante do meta visitante pero o seu remate atrápao o porteiro. O Sporting veuse arriba e empatou o partido pero o gol foi anulado por fóra de xogo. Con dominio absoluto do equipo visitante fómonos ao descanso. A segunda metade empezou con dominio absoluto do Sporting cun Celta que tentaba recuperar o control do partido sen éxito. No minuto 64 Wass entraba ao terreo de xogo por Bongonda e un minuto despois Sergio regálalle o balón ao atacante visitante nun saque de porta e este empata o partido, 1-1. O Sporting de Xixón tivo ocasións para remontar pero non acertou ante un Celta que coa entrada de Wass empeorou aínda máis. No minuto 76 Iago Aspas entraba por un combativo Guidetti. No minuto 83 pase longo de Iago Aspas para Nolito ao que chega antes o meta visitante pero o seu despexe rebota en Nolito e cóase na porteria visitante poñendo o 2-1 no electrónico. Pouco despois Nolito estrelaba unha vaselina no traveseiro. No tempo de desconto Señé debutaba en partido oficial ao substituír a Orellana.
FICHA:
[2] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Planas; Augusto, Pablo Hernández; Bongonda (Wass, 64'), Orellana (Señé, 90'), Nolito; e Guidetti (Iago Aspas, 76').
[1] Sporting de Xixón: Cuéllar, Luís Méndez, Bernardo, Nacho Cases, Lora, Mascarell, López, Sanabria (Castro, 64'), Jony (Juan Muñiez, 78'), Halilovic e Dani Ndi (Pérez, 69').
Colexiado: Jaime Latre, regular. Amonestou a Sergi Gómez, Cabral e Pablo Hernández polo Celta.
Goles: 1-0, Orellana (15'). 1-1, Castro (65'). 2-1, Nolito (83').
Estadio: Balaídos, 18.039 espectadores.
Notas:
- Sergio [3'5]
- Hugo Mallo [5'5]
- Cabral [6]
- Sergi Gómez [6]
- Planas [4'5]
- Augusto [6]
- Pablo Hernández [7]
- Bongonda [6'5]
- Wass [3'5]
- Orellana [7]
- Señé [-]
- Nolito [6'5]
- Guidetti [5'5]
- Iago Aspas [5]
No hay comentarios:
Publicar un comentario