jueves, 26 de noviembre de 2015

Liga, xornada 12: Coruña 2 - Celta 0

Un Celta irrecoñecible (e sen intensidade) perde o derbi merecidamente ante un equipo que o único que puxo sobre o campo foi intensidade.
Pablo Hernández nun lance do derbi [Foto www.celtavigo.net]
Na primeira parte o Coruña púxolle a intensidade coa que se ten que xogar un derbi e nada máis empezar, primeiro erro defensivo da defensa do Celta e Lucas Pérez falla unha ocasión a porta baleira. O Celta respondeu cun man a man de Nolito con Lux pero o gaditano quixo lucirse (seguramente para volver xogar amigables con España) e a súa vaselina atrapouna Lux sen dificultade. Aos 22 minutos novo fallo da defensa e o porteiro e Lucas Pérez marca o 1-0. Na seguinte xogada penalti claro e inocente do Coruña sobre Iago Aspas que Nolito tira moi mal (xa non é o primeiro) e Lux despexa a saque de esquina. Desde aqui ata o final da primeira parte o Celta dominou no centro do campo sen crear perigo e o Coruña aguantou tan tranquilo co resultado a favor. Da segunda parte non hai nada que contar salvo un disparo (por chamarlle dalgunha maneira) sen perigo de Iago Aspas, a lesión de Fontás (por forzalo a xogar tras a súa lesión en San Sebastián por non ter un cuarto central) no minuto 58, Planas entrou no seu lugar, un balón ao pau do Coruña, a entrada de Guidetti polo único que lle puxo intensidade ao partido, Pablo Hernández, no minuto 72 e o gol en propia porta de Jonny nun erro clamoroso de Sergio. Eduardo Berizzo viuse totalmente desbordado polo plantexamento do rival e non soubo cambiar a situación desde o banco (non sei para que leva 18 xogadores se sempre xogan os mesmos).

FICHA:
[2] R.C.D. Coruña: Lux, Juanfran (Jonás, 79'), Arribas, Sidnei, Navarro, Cani (Fajr, 67'), Bergantiños, Mosquera, Luisinho, Lucas Pérez e Jonathan Rodríguez (Laure, 74').
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontás (Planas, 58'), Jonny; Augusto, Wass, Pablo Hernández (Guidetti, 72'); Orellana, Nolito e Iago Aspas.
Colexiado: Álvarez Izquierdo, ben. Amonestou a Navarro, Lucas Pérez, Mosquera, Luisinho e Juanfran polo Deportivo e a Pablo Hernández, Jonny e Nolito polo Celta.
Goles: 1-0, Lucas Pérez (22'). 2-0, Jonny en propia porta (93').
Estadio: Riazor, 29.666 espectadores.
Notas:
  • Sergio [3'5]
  • Hugo Mallo [5]
  • Sergi Gómez [5]
  • Fontás [3'5]
  • Planas [5]
  • Jonny [4]
  • Augusto [4'5]
  • Wass [3'5]
  • Pablo Hernández [5'5]
  • Guidetti [4'5]
  • Orellana [4'5]
  • Nolito [4'5]
  • Iago Aspas [4'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario