lunes, 9 de noviembre de 2015

Liga, xornada 11: Celta 1 - Valencia 5

O Celta recibe unha dura derrota antes do derbi (1-5), ante un Valencia que chegou 5 veces e marcou 5 goles. Co empate a un o árbitro, outra vez, anulou un gol legal a Wass.
Augusto tras lograr o empate [www.atlantico.net]
O Valencia saliu máis metido no partido e aos 13 minutos poñia o 0-1 tras un fallo defensivo. O Celta foise a por o empate e encerrou ao Valencia na súa área. Dous minutos despois Pablo Hernández marcaba gol de cabeza tras centro de Wass pero era anulado por fóra de xogo. O Valencia só paraba ao Celta con faltas, sen ningún tipo de problemas xa que o árbitro permitíalle parar o xogo con todo tipo de faltas. Tras cinco saques de esquina case seguidos, ao sexto Nolito centra, Wass deixa de cabeza no segundo pau para que Augusto cabecee a gol no primeiro pau marcando o empate. O Valencia seguiu parando o vendaval celeste a base de faltas co consentimento do árbitro (¡miña nai, que malos son!). No minuto 27 Pablo Hernández rouba un balón, vaise en carreira só e ao chegar ao borde da área é derrubado por un defensa, o balón chégalle a Wass que marca o 2-1, pero o árbitro, outra vez e xa cheira anula o gol para pitar falta do defensa valencianista pero non o expulsa ¡incrible!. A falta a lanza Nolito pero para o meta visitante. O partido converteuse nun monólogo, o Celta atacaba e o Valencia parábao a base de faltas, algunhas durísimas que o árbitro consentía. Nolito case marca un gol olímpico pero despexa o porteiro con dificultade. Pase da morte de Iago Aspas que non atopa rematador. Falta directa de Wass que atrapa o porteiro. No minuto 45, contra do Valencia, falta na frontal da área e gol (1-2). O Valencia 2 tiros dous goles. Nada máis empezar a segunda parte erro garrafal de Jonny que cede o balón a Sergio pero dállo ao atacante visitante, Sergio queda cravado e o Valencia marca o terceiro (tres de tres en tiros). No minuto 52 pitada descomunal para o niñato pesetero de Santi Mina ao saltar ao terreo de xogo. Falta directa de Orellana que se vai a córner. Bo remate de Iago Aspas que se estrela no pau e no rexeite o porteiro despexa a saque de esquina adiantándose a Nolito. Remate de Fontás que sae rozando o pau tras tocar nun defensa. Aos 64 minutos outra contra do Valencia, fallo de Fontás (que esta totalmente fóra de forma) e gol do Valencia, 4 tiros, 4 goles. Outro córner do Celta. Radoja entraba por Wass aos 67 minutos. Parada do porteiro visitante a disparo de Orellana. Primeira falta de Augusto e cartón amarelo, o do árbitro é de coña. No minuto 74 Guidetti entraba por Iago Aspas. Contra do Valencia e remate de cabeza do atacante visitante adiantándose a Sergi Gómez, Sergio puido facer algo máis (1-5). A falta de 8 minutos Drazic saltaba ao terreo de xogo por un canso Orellana. O mellor do partido a afección que non deixo de animar nin co 1-5 no marcador, o pero a arbitraxe (como é habitual) e os erros defensivos (como tamén é habitual).

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontás, Jonny; Augusto, Wass (Radoja, 67'); Orellana (Drazic, 82'), Pablo Hernández, Nolito; e Iago Aspas (Guidetti, 74').
[5] Valencia C. F.: Doménech, Barragán, Mustafi, Rubén Vezo, Gayá, Andre Gomes, Parejo (Barbosa, 80'), Javi Fuego, Cancelo, Bakkali (Santi Mina, 52') e Alcácer (Piatti, 67').
Colexiado: Vicandi Garrido, mal. Amonestou a Augusto polo Celta e a Javi Fuego, Gayá e Mustafi polo Valencia.
Goles: 0-1, Alcácer (13'). 1-1, Augusto (23'). 1-2, Parejo (45'). 1-3, Alcácer (47'). 1-4, Parejo (64'). 1-5, Mustafi (79').
Estadio: Balaídos, 22.131 espectadores.
Notas:
  • Sergio [3'5]
  • Hugo Mallo [5]
  • Sergi Gómez [4'5]
  • Fontás [3]
  • Jonny [3]
  • Augusto [6]
  • Wass [5'5]
  • Radoja [5]
  • Orellana [5'5]
  • Drazic [-]
  • Pablo Hernández [7]
  • Nolito [4'5]
  • Iago Aspas [5]
  • Guidetti [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario