O Celta rompe o gafe de Donostia e gaña á Real Sociedade por 2-3, con goles de Iago Aspas por partida dobre e Pablo Hernández no minuto 89.
Pablo Hernández, John Guidetti e Daniel Wass festexando o 2-3 [Foto AFP] |
No primeiro tempo a Real Sociedade foi superior ao Celta e aos 11 minutos gol de Agirretxe tras fallo de Fontás. A continuación posible penalti sobre Iago Aspas. No minuto 17 disparo de Radoja desde fóra da área que desvía ao fondo da rede Iago Aspas para asinar o empate. O Celta volvio a baixar o ritmo e no minuto 37 Agirretxe marca o 2-1 noutro fallo de Fontás. Sergio tivo que facer unha boa intervención para evitar o terceiro gol local. Houbo outro posible penalti agora sobre Pablo Hernández. Na segunda parte o Celta foi a polo empate e no minuto 56 centro medido de Wass desde a dereita que Iago Aspas cabecea ao fondo das mallas poñendo o empate a dous. O Celta foise a polo encontro, primeiro tentóuno Nolito, pero estivo moi lento e logo Iago Aspas puido facer a seu hat-trick pero errou unha ocasión clarísima. No minuto 82 Guidetti entraba por Iago Aspas e nada máis saír puido marcar o terceiro pero o seu disparo sae por encima do traveseiro. No minuto 89 Nolito pasa a Pablo Hernández que controla desde uns 20 metros e saca un zapatazo que se coa pola escuadra poñendo o 2-3 no electrónico. No minuto 90 Orellana deixaba o seu sitio a Madinda que debutaba nesta tempada e dous minutos despois Planas entraba por Nolito. Final en Anoeta e o Celta consegue unha vitoria que se lle resistía desde 1999.
FICHA:
[2] Real Sociedade: Rulli, Mikel González (Chory Castro, 90'), Illarramendi, Bergara, Iñigo Martínez, Agirretxe (Jonathas, 84'), Xabi Prieto, Carlos Vela, Zurutuza (Bruma, 56'), Yuri e Zaldúa.
[3] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontás, Jonny; Radoja, Wass; Orellana (Madinda, 90'), Pablo Hernández, Nolito (Planas, 92'); e Iago Aspas (Guidetti, 82').
Colexiado: Fernández Borbalán, regular. Amonestou a Zaldúa e Illarramendi pola Real Sociedade e a Radoja, Pablo Hernández, Jonny, Iago Aspas e Hugo Mallo polo Celta.
Goles: 1-0, Agirretxe (11'). 1-1, Iago Aspas (17'). 2-1, Agirretxe (37'). 2-2, Iago Aspas (56'). 2-3, Pablo Hernández (89').
Estadio: Anoeta, 19.927 espectadores.
Notas:
- Sergio [5'5]
- Hugo Mallo [5'5]
- Sergi Gómez [6]
- Fontás [3'5]
- Jonny [5'5]
- Radoja [6]
- Wass [6'5]
- Orellana [6'5]
- Madinda [-]
- Pablo Hernández [7]
- Nolito [6]
- Planas [-]
- Iago Aspas [8'5]
- Guidetti [-]
No hay comentarios:
Publicar un comentario