miércoles, 28 de octubre de 2015

Liga, xornada 9: Celta 1 - R. Madrid 3

Un Celta moi superior ao Real Madrid perde o seu primeiro partido da tempada grazas á gran actuación do porteiro Keylor Navas e como xa é habitual cando xogas contra o Madrid a bochornosa actuación do árbitro.
Clos Gómez no seu máximo atraco [Foto EFE]
O Celta saliu durmido e aos 8 minutos erro da defensa e gol de Cristiano "Piscinas" Penaldo. A partir de aquí o Celta empezou a dominar ao Madrid e Nolito tivo a primeira tras unha combinación con Orellana pero o seu disparo sae alto. Orellana tivo o empate pero Keylor Navas empezou co seu recital de grandes intervencións. Aos 22 minutos contra rápida do Madrid, a defensa volve fallar e o Madrid poñía o 0-2 no electrónico. A partir de aquí e ata o descanso monólogo por parte do Celta, tentouno primeiro Jonny cun disparo desde fóra da área que Keylor Navas despexa a córner, o segundo foi Wass cun lanzamento de falta que tivo o mesmo resultado que o de Jonny, despois tívoa Aspas tras unha gran xogada de Nolito pero volveuse a atopar con Navas e por último Pablo Hernández cun gran remate de cabeza ao que Navas volve responder con outro paradón. Ao descanso 0-2. Na continuación tentouno Orellana pero o seu lanzamento con rosca sae fóra por pouco. Volveuna a ter Orellana tras unha combinación de Pablo Hernández e Nolito pero o seu disparo con toda a portería sae alto. Continuo o dominio celeste ata que o colexiado, Clos "Sinvergonza" Gómez, quixo ser protagonista como o árbitro da tempada pasada e despois de perdoarlle a expulsión e mesmo a amoestación a Marcelo polas súas continuas faltas aos nocellos celeste expulsaba a Cabral por protestar e amoestaba a Pablo Hernández, Iago Aspas e Augusto. Pouco despois amoestaba a Nolito. O Celta se valentonou e encerrou ao Madrid na súa área a pesar de xogar con 10. Nolito puido acurtar distancias pero Marcelo despexa baixo paus. No minuto 66 Radoja saltaba ao campo por Wass. Keylor Navas sácalle a Aspas un balón dos pés. No minuto 80 dobre cambio, entraban Planas e Guidetti e saían Pablo Hernández e Orellana. Aos 85 minutos Nolito perforaba a escadra de Keylor Navas cun disparo desde a frontal da área, 1-2. Case no 90 Guidetti puido empatar pero o seu remate sae desviado. No minuto 95 e co Celta envorcado, contra do Mandril e 1-3. Outro roubo en Balaídos contra o Real Mandril e o noso presidente caladiño.

FICHA:
[1] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Augusto, Wass (Radoja, 66'); Orellana (Guidetti, 80'), Pablo Hernández (Planas, 80'), Nolito; e Iago Aspas.
[3] Real Madrid: Keylor Navas, Danilo, Ramos, Varane, Marcelo, Kroos, Casemiro, Modric (Nacho, 79'), Lucas Vázquez, Jesé (Cheryshev, 70'), Cristiano Ronaldo.
Colexiado: Clos Gómez, SINVERGÜENZA. Expulsou por dobre amarela a  Cabral (56’) e amonestou a Augusto, Iago Aspas, Nolito e Pablo Hernández polo Celta e a Lucas Vázquez polo Madrid.
Goles: 0-1, Cristiano Ronaldo (8'). 2-0, Danilo (22'). 2-1, Nolito (85'). 1-3, Marcelo (95').
Estadio: Balaídos, 25.513 espectadores.
Notas:
  • Sergio [6]
  • Hugo Mallo [6]
  • Cabral [5]
  • Sergi Gómez [6]
  • Jonny [5]
  • Augusto [7]
  • Wass [6]
  • Radoja [6]
  • Orellana [7]
  • Guidetti [5'5]
  • Pablo Hernández [7]
  • Planas [5]
  • Nolito [8]
  • Iago Aspas [5'5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario