miércoles, 21 de octubre de 2015

Liga, xornada 8: Vilarreal 1 - Celta 2

Un gran Celta gana en Vilarreal (1-2) no minuto 90, tras un gran partido e perdoar numerosas ocasións, con goles de Orellana e Nolito.
Orellana tras marcar o 0-1 [Foto Agencia Uno]
A primeira metade estivo bastante igualada con ocasións do equipo local, aínda que sen perigo, ata os últimos 20 minutos onde o Celta pisou o acelerador e pasou por encima do Vilarreal. No minuto 40 Orellana recibe na frontal da área e o seu disparo cóase na meta local, golazo. A continuación outra gran xogada de Orellana e Nolito que pasa a Pablo Hernández e este estivo a piques de poñer o 0-2 no electrónico. No último minuto da primeira parte Nolito estrelou o balón no pau. Nada máis empezar, segunda amarela para un defensor do Vilarreal por unha man descarada nunha internada de Pablo Hernández (xa tivo que ser expulsado na primeira parte tras unha entrada sobre Pablo Hernández de vermella directa). O Celta dominou por completo ao Vilarreal. No minuto 58 outra combinación de Nolito con Orellana que cede a Iago Aspas e este erra o 0-2 de forma lamentable a porta baleira. O que perdoa págao e no minuto 66 Denis Suárez remata e tras tocar o balón nun defensor céltico sorprende a Sergio. Bongonda entraba ao campo no minuto 73 por un "Tucu" moi canso. O Celta seguía dominando e creando perigo. Aos 80 minutos un Iago Aspas moi desafortunado deixaba o seu lugar a Guidetti e 5 minutos despois Radoja entraba por Wass. Cando o 1-1 parecía definitivo Orellana saca un remate que se estrela no traveseiro, o rexeite caelle a Nolito que marca o 1-2 e pon ao Celta no máis alto da clasificación.

FICHA:
[1] Vilarreal C.F.: Areola, Mario, Bailly, Ruiz, Costa, Pina, Trigueros, Samu (Denis Suárez, 50'), Nahuel (Rukavina, 50'), Baptistao (Bakambu, 59') e Soldado.
[2] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Augusto, Wass (Radoja, 85'); Orellana, Pablo Hernández (Bongonda, 73'), Nolito; e Iago Aspas (Guidetti, 80').
Colexiado: González González, mal. Amonestou a Soldado e expulsou a Bailly por dobre amarela (48') polo Vilarreal e amonesotu a Augusto, Sergi Gómez e Wass polo Celta.
Goles: 0-1, Orellana (40'). 1-1, Denis Suárez (66'). 1-2, Nolito (90').
Estadio: O Madrigal, 17.436 espectadores.
Notas:
  • Sergio [5'5]
  • Hugo Mallo [6'5]
  • Cabral [6'5]
  • Sergi Gómez [6'5]
  • Jonny [6'5]
  • Augusto [8]
  • Wass [6]
  • Radoja [-]
  • Orellana [9]
  • Pablo Hernández [6'5]
  • Bongonda [5'5]
  • Nolito [7'5]
  • Iago Aspas [4]
  • Guidetti [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario