sábado, 3 de octubre de 2015

Liga, xornada 7: Celta 0 - Xetafe 0

Un Celta superior ao Xetafe acaba empatando 0-0 e continua invicto en sete xornadas de liga.
Pablo Hernández nun lance do partido [Foto www.celtavigo.net]
A primeira parte foi de dominio celeste, cun Xetafe moi ordenado. A primeira ocasión clara foi de Iago Aspas aos 11 minutos pero o seu remate estrélase no pau. Nolito tivo a seguinte nun remate de cabeza que sae fóra por pouco. Orellana tamén o tentou pero atopouse co meta Guaita. A última ocasión clara da primeira metade foi de Nolito. Na segunda metade o Celta reclamou un penalti sobre Iago Aspas. Pouco despois Guaita despexaba un remate de Nolito. Nolito volveuno a tentar con outro remate que sae rozando a escuadra. No minuto 71 primeiro Sergio que despexa cos pés e logo o traveseiro evitaron a derrota nunha contra. Aos 75 minutos Iago Aspas deixaba o seu sitio a Guidetti que tivo a ocasión máis clara nun man a man con Guaita, tras un gran pase de Pablo Hernández. Bongonda entraba ao terreo de xogo por Wass no minuto 90. No desconto tentouno Pablo Hernández cun disparo que buscaba a escuadra que sae fóra.

FICHA:
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny; Radoja, Wass (Bongonda, 90'); Orellana, Pablo Hernández, Nolito; e Iago Aspas (Guidetti, 75'). 
[0] Xetafe C.F.: Guaita, Alexis, Vergini, Lafita (Moi Gómez, 77'), Álvaro (Stefan, 68'), Sarabia (Buendía, 74'), Vigaray, Víctor Rodríguez, Damián, Juan Rodríguez e Medrán.
Colexiado: Prieto Iglesias, regular. Amonestou a Nolito polo Celta e a Vergini, Vigaray, Buendía, Juan Rodríguez polo Xetafe.
Goles: 0-0.
Estadio: Balaídos, 18.301 espectadores.
Notas:
  • Sergio [7]
  • Hugo Mallo [7]
  • Cabral [7]
  • Sergi Gómez [6'5]
  • Jonny [7]
  • Radoja [6]
  • Wass [7]
  • Bongonda [-]
  • Orellana [7]
  • Pablo Hernández [7]
  • Nolito [7'5]
  • Iago Aspas [6'5]
  • Guidetti [5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario