O Celta lévase os tres puntos do Sánchez Pizjuán tras un primeiro tempo de dominio total e un segundo de gran sufrimieto.
O primeiro tempo foi unha autentica exhibición de fútbol por parte do Celta cun Sevilla que non conseguía pasar do medio campo. Primeiro Nolito dispara alto, despois téntouno Orellana e logo Wass. Pero sería Nolito o que inauguraba o marcador coa súa típica xogada no minuto 14. Tamén o tentou Hugo Mallo cun disparo afastado que obrigou a lucirse ao meta local. No minuto 25 Wass marcaba o seu segundo gol coa camisola do Celta tras unha internada de Hugo Mallo, poñendo o 0-2 no electrónico. Nolito puido marcar un gol olímpico pero o meta local reaccionou ben. Mesmo Cabral puido marcar cun disparo desde fóra da área que sae rozando o pau. Co monologo do Celta chegabamos ao descanso. Na segunda metade o Celta tivo que sufrir para levarse os 3 puntos, xa que o Sevilla marcou o 1-2 aos 53 minutos. Cinco minutos despois Cabral abandonaba o campo lesionado entrando Fontás no seu lugar. No minuto 62 Radoja entraba por Pablo Hernández o que dotou ao Celta de máis control no centro do campo e deixou de sufrir tanto nos ataques do Sevilla. Iago Aspas puido sentenciar o partido tras un gran pase de Nolito pero o seu disparo atopouse outra vez co meta local. Guidetti saltaba ao terreo de xogo por Iago Aspas no minuto 78. Tentouno Wass de falta e tamén Orellana. No minuto 91 o colexiado (arbitraxe caseiro total) expulsaba a Jonny por dobre amoestación por unha falta inexistente. Final en Sevilla e os tres puntos para Vigo.
FICHA:
[1] Sevilla F. C.: Sergio Rico, Mariano, Kolo, Andreolli, Coke, Krychowiak, N'Zonzi, Vitolo (Kronh-Dehli, 29'), Banega (Llorente, 46'), Reyes (Komoplyanka, 73') e Gameiro.
[2] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Sergi Gómez, Cabral (Fontás, 58'), Jonny; Augusto, Wass; Orellana, Pablo Hernández (Radoja, 62'), Nolito; e Iago Aspas (Guidetti, 78').
Colexiado: Jaime Latre, casero. Expulsou a Jonny (91') por dobre amarela polo Celta e amonestou a Banega, Krychowiak e Reyes polo Sevilla e a Sergi Gómez, Iago Aspas, Hugo Mallo e Orellana polo Celta.
Goles: 0-1, Nolito (14'). 0-2, Wass (25'). 1-2, Llorente (53').
Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán, 35.771 espectadores.
Notas:
Os xogadores festexan o gol de Nolito [Foto EFE] |

- Sergio [6'5]
- Hugo Mallo [7]
- Sergi Gómez [7]
- Cabral [6]
- Fontás [6'5]
- Jonny [6]
- Augusto [8'5]
- Wass [9]
- Orellana [8'5]
- Pablo Hernández [6'5]
- Radoja [6]
- Nolito [8'5]
- Iago Aspas [6'5]
- Guidetti [6]
No hay comentarios:
Publicar un comentario