O Celta déixase empatar (3-3) unha renda de dous goles (3-1) ante un equipo con dez desde o minuto 12 pola expulsión do excéltico Javi Varas.
Once inicial [Foto Marta Grande] |
O Celta empezou ben, dominando e xerando unha ocasión de Orellana aos 5 minutos tras xogada de Nolito e aos 12 minutos gran pase de Fontás a Iago Aspas que regatea a Javi Varas e este comete penalti e é expulsado, a pena máxima convértea Orellana (1-0). Cinco minutos despois Nolito para Orellana que centra dende a dereita e Wass desde a área pequena marca o 2-0. No minuto 22 erro da defensa e Araujo (que fixo o que quixo ante Cabral e Fontás) marcou o 2-1. O Celta intentóuno con máis lucimento individual que colectivo e isto ao final págase, chegando ao descanso con 2-1 no marcador. Nada máis comezar a segunda metade roubo de Orellana que pasa a Iago Aspas e este a Nolito que marca o 3-1. O Celta seguiu no seu lucimento individual, en especial Nolito e Orellana, perdendo por este lucimento ocasións claras para sentenciar o partido. Aos 62 minutos Araujo marca sen ángulo o 3-2 nun erro da defensa e de Sergio. Tres minutos despois Pablo Hernández deixaba o seu sitio a Guidetti. Berizzo segue sen mover o banquiño, como é habitual e As Palmas apoderóuse do encontro. No minuto 73 contra das Palmas, erro da defensa e empate a tres. No minuto 83 Bongonda saltaba ao terreo de xogo por Hugo Mallo. No desconto As Palmas puido levarse o partido. Vergonzoso partido o vivido en Balaídos.
FICHA:
[3] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo (Bongonda, 83'), Cabral, Fontás, Jonny; Augusto, Wass; Orellana, Pablo Hernández (Guidetti, 65'), Nolito; e Iago Aspas.
[3] U.D. As Palmas: Javi Varas, David Simón, Bigas, Roque Mesa (Aythami, 56'), Castellano, Alcaraz, Hernán, Culio, Jonathan Viera (Wakasso, 85'), Araujo e Willian José (Lizoaín, 12').
Colexiado: Estrada Fernández, ben. Expulsou a Javi Varas (12’) con vermella directa polas Palmas e amonestou a Augusto polo Celta e a Alcaraz, Araujo e Aythami polas Palmas.
Goles: 0-1, Orellana de penalti (12'). 2-0, Wass (17'). 2-1, Araujo (22'). 3-1, Nolito (48'). 3-2, Araujo (62'). 3-3, David Simón (73').
Estadio: Balaídos, 19.048 espectadores. Antes do partido gardouse un minuto de silencio polos exdirectivos Antonio de la Peña Barbosa e Máximo Sanmartín Sobrino e polo exadestrador Delfín Álvarez Yáñez.
Notas:
- Sergio [4]
- Hugo Mallo [4]
- Bongonda [-]
- Cabral [4]
- Fontás [4]
- Jonny [5'5]
- Augusto [5]
- Wass [6]
- Orellana [6]
- Pablo Hernández [4'5]
- Guidetti [5]
- Nolito [5'5]
- Iago Aspas [6]
No hay comentarios:
Publicar un comentario