Ano novo e todo segue igual. O Celta perde en Sevilla a pesar de darlle un baño de fútbol ao Sevilla xogando con 10 dende o minuto 20 pola rigorosa expulsión de Carles Planas.
Velasco Carballo expulsando a Carles Planas [Foto Julio Muñoz] |
O partido foi de dominio absoluto do Celta durante os 90 minutos con ocasións moi claras, a primeira foi nun pase longo de Fontás dende a súa área que controla Charles e cede a Santi Mina que remata dende fóra da área e o porteiro local realiza unha boa intervención. A segunda foi nunha combinación polo borde da área onde Orellana realiza un pase que deixa a Charles só pero o seu disparo, moi malo, sae fóra. A terceira tívoa outra vez Charles que tras un mal rexeite da defensa local este volve quedar só diante do porteiro pero o seu disparo sae a saque de esquina tras tocar nun defensa que chegou dende atrás. Logo contra rápida do Sevilla que é cortada por Planas no campo do Sevilla cunha dura entrada que o árbitro, Velasco Carballo, pita e decide expulsar con tarxeta vermella directa a Carles Planas (este tipo de entrada realízaa Sergio Ramos, Marcelo, Busquets, Mascherano, ... todos os domingos e soamente é falta sen tarxeta). No minuto 27 Charles abandona o terreo de xogo por Jonny para recompoñer a defensa e no minuto 31 chegou o gol do Sevilla nun lanzamento de falta que trágase Sergio. Ata o descanso dominio absoluto do Celta. Tras o descanso boa xogada de Orellana e Krohn-Dehli e este pasa a Santi Mina que estrela o seu disparo no longueiro. Intentouno cun lanzamento de falta directa Pablo Hernández pero Beto despexa a corner. Orellana pasa a Hugo Mallo que se vai en velocidade do seu defensa pero o seu disparo sae alto. O segundo remate do Sevilla en todo o partido se estrelou en longueiro. No minuto 78 producíase o debut en primeira división do xogador do filial Borja Iglesias que entrou por Santi Mina. Krohn-Dehli abandonaba o campo por Madinda no minuto 83. O último disparo foi para o Sevilla cun Celta envorcado no campo do Sevilla pero saliu desviado. Final en Sevilla.
FICHA:
[1] Sevilla F. C. : Beto, Aleix Vidal, Nico Pareja, Carriço, Navarro; Krychowiak, Mbia (Tremoulinas, 22'), Reyes, Denis Suárez (Banega, 53'), Vitolo e Bacca (Gameiro, 69').
[0] Celta de Vigo: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Planas; Radoja, Krohn-Dehli (Madinda, 83'), Pablo Hernández; Santi Mina (Borja Iglesias, 78'), Orellana e Charles (Jonny, 27').
Colexiado: Velasco Carballo, mal como sempre. Amonestou a Vitolo, Reyes, Carriço e Krychowiak polo Sevilla e a Hugo Mallo, Cabral, Santi Mina e Krohn-Dehli e expulsou a Planas (20') polo Celta.
Goles: 1-0, Nico Pareja (31').
Estadio: Ramón Sánchez Pizjuán, 31.253 espectadores.
Notas:
- Sergio [3'5]
- Hugo Mallo [5'5]
- Cabral [6]
- Fontás [6'5]
- Planas [4'5]
- Radoja [7]
- Krohn-Dehli [6'5]
- Madinda [-]
- Pablo Hernández [6'5]
- Santi Mina [6]
- Borja Iglesias [5]
- Orellana [6'5]
- Charles [4'5]
- Jonny [5'5]
No hay comentarios:
Publicar un comentario